OClub Deportivo Atlético Baleares (encatalán:Club Esportiu Atlètic Balears) é un club defútbol deEspaña da cidade dePalma, nasIllas Baleares. Foi fundado en1920 e actualmente xoga naPrimeira Federación.
Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1920), un equipo formado polos traballadores da compañíaIsleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En1920 oMècanic FC fusiónase coMallorca FC para formar oBaleares Futbol Club.
O27 de maio de1942 naceu o actualAtlético Baleares a partir da absorción doAthletic Futbol Club (creado en1922) porBaleares FC, con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en1951 ascendeu aSegunda División. Nesa categoría estivo desde1951 ata1953, e tras descender volveu xogala de1961 ata1963.
O equipo descendeu aTerceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano2005, cando baixou áRexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou aSegunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 aoSD Gernika Club. Tras descender aTerceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogou enSegunda B a tempada 2010-11 logo de gañar aoCD Tudelano no play-off de ascenso.
A tempada2011-12 marcouse o obxectivo de clasificarse entre os catro primeiros para xogar a promoción. Logo dunha brillante liga regular, o Atlético Baleares proclamouse campión do grupo 3 e disputou o playoff contra oMirandés, co ascenso directo en xogo. O equipo non superou a eliminatoria (1-0 enMiranda e 1-2 noEstadio Balear) e viuse abocado a xogar as eliminatorias de repesca para o ascenso. Tocoulle oLugo, ao cal tampouco puido superar (3-1 enLugo e 0-0 no Estadio Balear).
- Tempadas enSegunda División (4): 1951-52, 1952-53, 1961-62 e 1962-63
- Tempadas enSegunda División B (11): 1977-78, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 2008-09, 2010-11, 2011-12, 2012-13, 2013-14, 2014-15 e 2015-16
- Tempadas enTerceira División (53): 1943 a 1951, 1953 a 1961, 1963 a 1973, 1975 a 1977, 1978 a 1981, 1984 a 1987, 1990 a 2005, 2006 a 2008 e 2009-10
- Tempadas enRexional Preferente (8): 1940 a 1943, 1973-74, 1974-75, 1981-82, 1982-83 e 2005-06
- Campionatos daSegunda División B (1): 2012
- Campionatos daTerceira División (11): 1951, 1956, 1961, 1965, 1968, 1998, 2000, 2001, 2002, 2008 e 2010
- Subcampionatos daTerceira División (10): 1957, 1958, 1960, 1964, 1966, 1986, 1987, 1994, 1995 e 1997
- Campionatos daRexional Preferente (3): 1975, 1983 e 2006
- TrofeosNicolás Brondo (24): 1966, 1967, 1970, 1974, 1975, 1977, 1979, 1980, 1987, 1989, 1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015
- 1940-41: 1ª Rexional (6º)
- 1941-42: 1ª Rexional (3º)
- 1942-43: 1ª Rexional (2º)
- 1943-44: 3ª División (8º)
- 1944-45: 3ª División (7º)
- 1945-46: 3ª División (3º)
- 1946-47: 3ª División (3º)
- 1947-48: 3ª División (7º)
- 1948-49: 3ª División (9º)
- 1949-50: 3ª División (7º)
- 1950-51: 3ª División (1º)
- 1951-52: 2ª División (10º)
- 1952-53: 2ª División (14º)
- 1953-54: 3ª División (7º)
- 1954-55: 3ª División (5º)
- 1955-56: 3ª División (1º)
- 1956-57: 3ª División (2º)
- 1957-58: 3ª División (2º)
- 1958-59: 3ª División (3º)
- 1959-60: 3ª División (2º)
| - 1960-61: 3ª División (1º)
- 1961-62: 2ª División (10º)
- 1962-63: 2ª División (14º)
- 1963-64: 3ª División (2º)
- 1964-65: 3ª División (1º)
- 1965-66: 3ª División (2º)
- 1966-67: 3ª División (3º)
- 1967-68: 3ª División (1º)
- 1968-69: 3ª División (5º)
- 1969-70: 3ª División (8º)
- 1970-71: 3ª División (17º)
- 1971-72: 3ª División (10º)
- 1972-73: 3ª División (19º)
- 1973-74: Rexional Preferente (3º)
- 1974-75: Rexional Preferente (1º)
- 1975-76: 3ª División (15º)
- 1976-77: 3ª División (6º)
- 1977-78: 2ª División B (20º)
- 1978-79: 3ª División (17º)
- 1979-80: 3ª División (13º)
| - 1980-81: 3ª División (19º)
- 1981-82: Rexional Preferente (3º)
- 1982-83: Rexional Preferente (1º)
- 1983-84: 3ª División (4º)
- 1984-85: 3ª División (3º)
- 1985-86: 3ª División (2º)
- 1986-87: 3ª División (2º)
- 1987-88: 2ª División B (12º)
- 1988-89: 2ª División B (6º)
- 1989-90: 2ª División B (20º)
- 1990-91: 3ª División (3º)
- 1991-92: 3ª División (3º)
- 1992-93: 3ª División (8º)
- 1993-94: 3ª División (2º)
- 1994-95: 3ª División (2º)
- 1995-96: 3ª División (3º)
- 1996-97: 3ª División (2º)
- 1997-98: 3ª División (1º)
- 1998-99: 3ª División (4º)
- 1999-00: 3ª División (1º)
| - 2000-01: 3ª División (1º)
- 2001-02: 3ª División (1º)
- 2002-03: 3ª División (8º)
- 2003-04: 3ª División (9º)
- 2004-05: 3ª División (19º)
- 2005-06: Rexional Preferente (1º)
- 2006-07: 3ª División (6º)
- 2007-08: 3ª División (1º)
- 2008-09: 2ª División B (20º)
- 2009-10: 3ª División (1º)
- 2010-11: 2ª División B (13º)
- 2011-12: 2ª División B (1º)
- 2012-13: 2ª División B (11º)
- 2013-14: 2ª División B (5º)
- 2014-15: 2ª División B (12º)
- 2015-16: 2ª División B (9º)
- 2016-17: 2ª División B
|
O Estadio Balear, inaugurado en8 de maio de1960 atópase na localidade dePalma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.
Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.
- Adestrador:
Francesc "Chichi" Soler Atencia - Segundo adestrador:
Ángel Sánchez García, "Layos" - Adestrador porteiros:
Toni Amengual Miralles - Preparador físico:
Pau Albertí Cabot - Médico:
Martí Cladera Cifre - Fisioterapeuta:
Eduard Nicuesa Batlle - Preparador físico:
Tere Arrom Pascual - Delegados:
Pepe Gómez Sabidó,
Miquel Garau Orell - Utilleros:
Jeroni Tegla Medina,
Vicenç Barceló,
Joan Mascaró Font
- ↑http://www.sueddeutsche.de/muenchen/sport/fussballtrainer-ziege-balearen-hoch-1.2764592