Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Club Básquet Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:A Coruña.
Leyma Coruña
Información xeral
LigaLiga ACB
Fundación1996
HistoriaClub Básquet Coruña
(dende1996)
Cores         Azul e laranxa
PresidenteRoberto Cibeira
AdestradorDiego Epifanio
PatrocinadorLeyma
Localización
CidadeGaliciaA Coruña
PavillónColiseum da Coruña
http://www.basquetcoruna.com

OClub Básquet Coruña, coñecido por motivos de patrocinio comoLeyma Coruña, é un equipo debaloncesto profesional da cidade daCoruña. Fundouse en1996 logo da unión doClube Baloncesto Arteixo e oClub Baloncesto Ventorrillo da cidade herculina. En 2024 acadou o ascenso daLEB Ouro áLiga ACB. Disputa os seus encontros como local noColiseum da Coruña. Ata 2024 disputaba os seus encontros noPazo dos Deportes de Riazor durante a súa estancia naLiga LEB Ouro, que conta con capacidade para 4 425 persoas. O uniforme consiste nunha camiseta de cor laranxa e branca cun pantalón tamén de cor laranxa. Dende 2018 o seu presidente é Roberto Cibeira Moreiras.[1]

Historia

[editar |editar a fonte]

Antecedentes

[editar |editar a fonte]

As orixes dobaloncesto na cidade daCoruña remóntanse á primeira metade doséculo XX. Un dos primeiros clubs que comezou a práctica deste deporte na cidade foi oReal Club Deportivo da Coruña, que en1942 creou unhasección de baloncesto coincidindo co inicio da súa actividade polideportiva. Nadécada de 1960, logo da desaparición do Imperio, un equipo integrado principalmente por adolescentes membros doFrente de Juventudes, algúns antigos alumnos dos Salesianos crearon oBosco, que en1968 ascendeu á máxima categoría do baloncesto español, aPrimeira División, converténdose no primeiro equipo galego en conseguilo, aínda que logo dunha tempada o club descendeu, e en1988 desapareceu. Ao Bosco seguíronlle oBasketmar e oCoruña CAB, que na tempada 1994-95 estivo a piques de ascender áLiga ACB. Con todo, tanto o Basketmar coma o CAB acabaron desaparecendo, deixando o seu lugar ao Club Básquet Coruña.[2][3]

Fundación

[editar |editar a fonte]

Enxaneiro de 1995 oClube Baloncesto Arteixo asinou un convenio de colaboración coa Agrupación Deportiva Ventorrillo, coincidindo coa inauguración da Polideportiva doVentorrillo. O convenio especificaba que dito equipo pasaba a pertencer á Agrupación Deportiva e que conxuntamente se crearían as Escolas de Baloncesto do Ventorrillo. O equipo, que estaba na Liga Autonómica, acadaba posteriormente o ascenso á Liga Nacional.

Enxuño de 1996, logo de descender daLiga EBA e disolverse por motivos económicos o CAB, a directiva doClube Baloncesto Arteixo propúxolle á directiva da Agrupación Deportiva Ventorrillo a posibilidade de levar para a capital coruñesa o equipo deArteixo, que tamén militaba na Liga EBA e que xogara os play-offs de ascenso áACB contra oBilbao.[4][3][5] Logo da fusión naceu o Club Básquet Coruña, cun equipo na Liga EBA e outro na Liga Nacional, un xoga os seus partidos naPolideportiva de Riazor e o outro naPolideportiva do Ventorrillo. A sede social estableceuse no local que a Asociación de Veciños do Ventorrillo lle cedeu á directiva conformada coa fusión dos dous clubs.

Inicios na Liga EBA

[editar |editar a fonte]

No ano da súa fundación, e co equipo na Liga EBA, conseguiu clasificarse para a final daCopa Galicia, que disputou contra oXacobeo Ourense, que daquela militaba naLiga ACB, logo de derrotar aoBreogán. Finalmente os herculinos dirixidos por Javier Castroverde derrotaron aos ourensáns.[6][7] No seu debut na Liga EBA, o Básquet Coruña finalizou na primeira posición da Conferencia Norte cun rexistro de 22 vitorias e 4 derrotas, clasificándose deste xeito para osplay-offs do oitavos, e finalmente para a fase final que se disputou na localidadeandaluza deChipiona. A pesar do bo rexistro na liga regular e a vitoria nos cuartos de final fronte oCB Archena (91-79), o equipo coruñés caeu en semifinais fronte aoCB Cornellà (78-89). Esa mesma tempada o equipo chegou á final da Copa EBA, caendo fronte ao Gandía.[8][9][10] O equipo, cun elenco de xogadores principalmente da área, estivo liderado por xogadores Gus Díaz, Manu Pereira e, especialmente, Lolo Castro.[7]

Na súa segunda tempada, a 1997-98, o equipo dirixido por Javier Castroverde repetiu resultado gañando a Conferencia Norte da Liga EBA logo de gañar 23 dos seus 26 partidos. Nosplay-offs o equipo herculino derrotou aoLlobregat Centre Comercial deCornellà de Llobregat (3-2), o que lle permitiu disputar a fase final na localidadecordobesa deCabra. Nos cuartos de final o cadro galego derrotou aosmadrileños doCanoe por un axustado 79-76, mais nas semifinais non puido superar aoAbeconsa Ferrol, que se impuxo por un claro 83-66. Con todo, a posterior renuncia ao ascenso do Enkartacionesvasco propiciou o ascenso do Básquet Coruña áLiga LEB.[9][11]

Debut na Liga LEB

[editar |editar a fonte]

O18 de setembro de1998 o Básquet Coruña debutou na segunda categoría do baloncesto español, aLiga LEB,[a] fronte oBreogán deLugo. O debut do equipo coruñés foi moi malo, colleitando a que aínda en2024 é maior derrota do equipo na segunda categoría do baloncesto español (47-96).[13] Na súa primeira experiencia na LEB o Básquet Coruña finalizou a liga regular cun rexistro de sete vitorias e 19 derrotas que o relegou á penúltima posición, só por diante doCiutat d'Inca, o que obrigou ao equipo a disputar osplay-offs pola permanencia fronte o equipomallorquín que se acabaría decidindo a favor do equipo galego por 3-1, mantendo así a súa praza na segunda categoría.[b][14]

A tempada 1999-2000 tampouco viu ningún descenso ao crearse para a tempada seguinte unha nova categoría, aLEB-2. Ese ano, o aínda denominado Sondeos del Norte mellorou o seu rexistro ao sumar 12 vitorias e 18 derrotas, os mesmos números que oBadajoz Caja Rural, que finalizou na 12ª posición e disputou a primeira rolda dosplay-offs de ascenso áLiga ACB.[15] Lixeiramente peor foi a súa terceira tempada na segunda categoría, cando conseguiu 10 vitorias e 20 derrotas, finalizando na 14ª posición e tendo que disputar osplay-offs pola permanencia fronte oAbeconsa Ferrol, que finalizara un posto por debaixo con tan só unha vitoria menos que o equipo coruñés. Con todo, o Básquet Coruña gañou a serie en tres partidos (3-0) e conseguiu manterse un ano máis na LEB.[16]

Na tempada 2003-04 o equipo, dirixido por Javier Rodríguez, conseguiu o ascenso á liga LEB-2 logo de vencer aoUB Sabadell. Con todo, a causa de problemas administrativos o club perdeu a praza conseguida na pista, véndose relegado a disputar á Sénior zonal. Na tempada seguinte a entidade asinou un acordo de colaboración coAtlántico Coruña Baloncesto, que viña de ascender á 1ª División, conseguindo deste xeito saír nesa categoría. Logo dunha tempada na categoría rexional o club conseguiu o ascenso de novo á Liga EBA da man de Nacho Rama logo de disputar a fase de ascenso enCarballo fronte aClub Baloncesto Noia,Toldos Gómez Arzúa e o localCalvo Xiria. Na fase de ascenso disputada na capitalbergantiñá o Noia, que chegou como campión de liga, conquistou o ascenso, se ben tivo que renunciar a rogar na categoría estatal, cedéndolle a súa praza ao equipo coruñés.[17][18][19]

Conversión en SAD

[editar |editar a fonte]

O24 de outubro de2018 a Asemblea Xeral do club aprobou por unanimidade a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) logo de ter cumprido todos os requisitos marcados polo Consello Superior de Deportes (CSD).[20] Á Asemblea, celebrada no hotel Eurostars, asistiron un total de 65 dos 151 socios do club. O obxectivo desta conversión era cumprir co capital mínimo de 60 000euros esixido polo CSD de cara a un posible futuro ascenso áLiga ACB e profesionalizar o club. Na Asemblea aprobouse a emisión dun total de 1 200 accións cun valor de 50 euros para as persoas socias dende antes do 23 de outubro e cun máximo de sete por persoa.[21]

Ascenso á Liga ACB

[editar |editar a fonte]

O10 de maio de2024 o Club Basquet Coruña conseguiu por primeira vez ascender áLiga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, logo de gañar aoMelilla Ciudad del Deporte nacidade autónoma por 74-80. Deste xeito, o equipo dirixido porDiego Epifanio se proclamaba campión daLiga LEB Ouro logo dunha gran tempada do equipo herculino.[22]

Pavillón

[editar |editar a fonte]
Pazo dos Deportes de Riazor, onde o club xoga como local.
Artigos principais:Pazo dos Deportes de Riazor e Coliseum da Coruña.

O Basquet Coruña xoga os seus partidos como local noPazo dos Deportes de Riazor, un pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo deparquet cunhas dimensións de 20 × 40metros. O recinto é tamén o fogar doHockey Club Liceo, o principal equipo dehóckey a patíns da cidade e o club deportivo máis laureado de Galiza.[23] A construción do pavillón comezou ennovembro de1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840, baixo a dirección do arquitecto municipalSantiago Rey Pedreira[24] e foi remodelado en2011 cun investimento de 2,4 millóns deeuros.[25]

Logo de que o equipo conseguise o ascenso áLiga ACB o10 de maio de2024 plantexouse a problemática do recinto no que o equipo xogaría os seus partidos como local na máxima categoría do baloncesto español, xa que Riazor non cumpría con algúns dos requisitos para acoller partidos da ACB, como a capacidade mínima para 5 000 persoas, o tamaño dos vestiarios, ou a climatización do recinto. Ante as dificultades para acondicionar o recinto, que esta protexido arquitectonicamente, comezou a barallarse a opción de que o equipo disputara os seus partidos como local noColiseum, co que o equipo disporía dun espazo con capacidade próxima ás 11 000 persoas. A resposta do público á campaña de reserva de abonos para a tempada 2024-25 tamén fixo inclinarse a balanza cara ao Coliseum, xa que en catro días solicitáranse máis de 5 000, o que supuña máis da capacidade de Riazor, mais o Coliseum contaba co problema do calendario debido á organización doutros eventos como concertos. Finalmente, o21 de maio anunciouse que o club e oconcello da Coruña chegaran a un acordo para que o Básquet Coruña dispute os seus partidos como local no Coliseum coa instalación dunha pista que permite a súa montaxe e desmontaxe.[26][27][28]

Cores

[editar |editar a fonte]

O Basquet Coruña que debutou na Liga EBA en 1996 baixo a denominación de Sondeos del Norte vestía completamente de amarelo.[10][7] A cor amarela mantívose entre2002 e2004, durante a etapa na que o equipo estivo baixo o patrocinio de Deportes Cimans, se ben era un amarelo alaranxado, que era a cor corporativa da empresa. Con todo, as cores do equipo mudaron totalmente na tempada 2004-05, cando se produciu a fusión coAtlántico Coruña Baloncesto, adoptando as cores do Atlántico: azul para o primeiro equipamento e branco para o segundo. Nas seguintes dúas tempadas a cor do segundo equipamento mudou a laranxa en homenaxe ás antigas cores do Atlántico e que facían referencia ás orixes humildes do club, que levaran a escoller esa cor pouco frecuente para evitar ter un segundo equipamento. Finalmente a cor laranxa impúxose, xa que o deseño gustaba máis á directiva e dáballe maior identidade ao club ao non haber outros equipos que xogaran de laranxa, polo que na tempada 2007-08, co equipo naLiga LEB Bronce, o equipamento laranxa pasou a ser o titular, mentres que o azul pasou a empregarse como secundario.[29]

Nome

[editar |editar a fonte]
A empresa lácteaLeyma é o patrocinador do Básquet Coruña dende2008.

Ao longo da súa historia o Club Básquet Coruña tivo numerosas denominacións debido aos acordos de patrocinio ou ás fusións con outros clubs. A continuación todas as denominacións baixo as que competiu o club dende a súa fundación en1996:[30]

  • Sondeos del Norte (1996-2002)
  • Deportes Cimans Basquet Coruña (2002-2004)
  • Basquet Coruña Atlántico (2004-2006)
  • Ferroplast Basquet Coruña (2006-2008)
  • Leyma Basquet Coruña (2008-)

Equipo 2022-23

[editar |editar a fonte]
Leyma Coruña 2022–2023 (LEB Ouro)
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPeso
1.0 !B7 !Jakovičs, Ingus1.85m (6 ft 1 in)77kg (170 lb)
1.0 !B8Croacia !CroaciaFilipović, Goran1.83m (6 ft 0 in)75kg (165 lb)
1.0 !B9 !Lundqvist, Olle2.01m (6 ft 7 in)90kg (198 lb)
4.0 !AP10España !EspañaVega, Javi2.06m (6 ft 9 in)100kg (220 lb)
5.0 !P12Senegal !SenegalDiagne, Atoumane2.16m (7 ft 1 in)100kg (220 lb)
2.0 !E22España !EspañaFont, Aleix1.93m (6 ft 4 in)85kg (187 lb)
3.0 !A23Cuba !CubaBarrueta, Yunio1.98m (6 ft 6 in)102kg (224 lb)
4.5 !AP/P24Nixeria !NixeriaNwogbo, Lotanna2.03m (6 ft 8 in)116kg (255 lb)
1.0 !B30España !EspañaHernández, Álex1.88m (6 ft 2 in)71kg (156 lb)
2.5 !E/A33 !Simeunović, Đorđe2.01m (6 ft 7 in)101kg (223 lb)
4.0 !AP57España !EspañaGalán, Alejandro2.07m (6 ft 9.5 in)100kg (220 lb)
Adestrador

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado:05-10-2022

Adestradores

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Adestradores do Club Basquet Coruña

O Club Basquet Coruña tivo nove adestradores ao longo da súa historia. O primeiro adestrador do equipo foi Javier Castroverde, que antes de incorporarse ao club dirixiu oClub Baloncesto Arteixo, do que xurdiría o actual Básquet Coruña. O adestrador máis tempo estivo vinculado ao banco herculino foiAntonio Pérez Caínzos, que chegou en 2005 procedente doCelso Míguez Pontevedra e exerceu de adestrador durante sete tempadas entre2005 e2012, nas que conseguiu o ascenso daLiga EBA áLiga LEB Prata. Pérez Caínzos converteuse no primeiro adestrador da entidade en superar os 100 partidos e en permanecer máis de tres tempadas no club herculino.[17][31] Os seguintes son todos os adestradores que dirixiron ao Básquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[31]

Presidentes

[editar |editar a fonte]

O primeiro presidente da entidade foi Enrique Vázquez Caruncho, que estivo á fronte do club durante nove anos, entre1996 e2005. Os seguintes son todos os presidentes que dirixiron ao Basquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[32]

  • Enrique Vázquez Caruncho (1996-2005)
  • Julio Flores Pérez (2005-2011)
  • Carlos Lamora (2011-2014)
  • Manuel García Fandiño (2014)
  • Juan Carlos Fernández Herrero (2014-2018)
  • Roberto Cibeira Moreiras (2018-presente)

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
TempadaDivisiónPos.PostempadaCopa
1996–97Liga EBA1SemifinalistaSubcampión Copa EBA
1997–98Liga EBA1SemifinalistaSemifinalista Copa EBA
1998–99Liga LEB13Playoffs de descenso
1999–00Liga LEB13
2000–01Liga LEB14Playoffs de descenso
2001–02Liga LEB14Playoffs de descenso
2002–03Liga EBA4
2003–04Liga EBA3Semifinalista
2004–051ª División2Finalista
2005–061ª División2Finalista
2006–07Liga EBA2Semifinalista
2007–08LEB Bronce3Ascenso
2008–09LEB Prata15Descenso
2009–10LEB Prata10
2010–11LEB Prata11
2011–12LEB Prata7Cuartos de final
2012–13LEB Ouro9Cuartos de final
2013–14LEB Ouro5Cuartos de final
2014–15LEB Ouro10
2015–16LEB Ouro5Semifinalista
2016–17LEB Ouro6Cuartos de final
2017–18LEB Ouro8Cuartos de final
2018–19LEB Ouro12
2019–20LEB Ouro3Suspendida
2020–21LEB Ouro5Semifinalista
2021-22LEB Ouro7Cuartos de final


Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría.

Palmarés

[editar |editar a fonte]
  • Copa Galicia (1): 1996
    • Subcampión: 2015, 2016
  • Subcampión da Copa EBA: 1996-97

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Dende2007 denominada Liga LEB Ouro.[12]
  2. Finalmente ningún equipo descendeu esa tempada ao producirse un aumento no número de equipos dende os 14 ata os 16 que participaron na 1999-2000.[14]
Referencias
  1. "Nueva Junta Directiva del Básquet Coruña".Básquet Coruña(encastelán). 22 de maio de 2018. [Ligazón morta]
  2. Abelenda Lado, Daniel (11 de maio de 2024)."A Coruña, ciudad de pelota naranja".La Opinión A Coruña(encastelán). Consultado o 25 de maio de 2024. 
  3. 3,03,1Loureiro, Josema (10 de maio de 2024)."El Leyma, de la polideportiva de Riazor a la Liga Endesa".La Voz de Galicia(encastelán). Consultado o 27 de maio de 2024. 
  4. "Liga EBA 1995/96"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 28 de maio de 2024. 
  5. "Historia". Básquet Coruña. Arquivado dendeo orixinal o 27 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024. 
  6. Gómez, Pablo (24 de setembro de 2016)."Final histórica para el Leyma Coruña en la Copa Galicia".La Voz de Galicia(encastelán). Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  7. 7,07,17,2Varela, María (10 de maio de 2024)."El ascenso del Leyma Coruña hasta la ACB: vísteme despacio, que tengo prisa".La Opinión A Coruña(encastelán). Consultado o 22 de maio de 2024. 
  8. "Liga EBA (1996-1997)"(encastelán). algo-se-mueve.blogspot.com. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  9. 9,09,1"Liga EBA"(PDF)(encastelán).Federación Española de Baloncesto. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  10. 10,010,1"Liga EBA 1996/97"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 22 de maio de 2024. 
  11. "Liga EBA 1997/98"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 22 de maio de 2024. 
  12. Juan, Ramón (6 de xullo de 2019)."LEB Bronce, cuando la burbuja también explotó en el baloncesto español"(encastelán). solobasket.com. 
  13. Novo, Chaly (18 de maio de 2024)."Leyma: 7 entrenadores, 153 jugadores, 267 victorias y 5.561 días después".DxT Campeón(encastelán). Consultado o 24 de maio de 2024. 
  14. 14,014,1"LEB 1998/99"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024. 
  15. "LEB 1999/00"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024. 
  16. "LEB 2000/01"(encastelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024. 
  17. 17,017,1Rodríguez, Manolo (23 de janeiro de 2007)."Entrenador para rato".La Opinión(encastelán). Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  18. "TRINTA ANOS DE HISTORIA".Club Baloncesto Noia. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  19. "HISTORIA". Club Basquet Coruña. Arquivado dendeo orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  20. "BASQUET CORUÑA INICIA O PERÍODO DE SUBSCRICIÓN DE ACCIÓNS PARA OS SEUS SOCIOS". Club Basquet Coruña. Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  21. "Unanimidad para un Básquet Coruña SAD".La Voz de Galicia(encastelán). 25 de outubro de 2018. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  22. Martínez, José Luis (10 de maio de 2024)."El Leyma Coruña certifica el primer ascenso de su historia a la ACB".Marca. Consultado o 20 de maio de 2024. 
  23. "A Coruña, sede del Campeonato de Europa"(encastelán).Real Federación Española de Patinaje. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  24. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña".ABC(encastelán). 2 de agosto de 1970. p. 66. 
  25. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor".La Opinión de A Coruña(encastelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  26. Varela, María (21 de maio de 2024)."El Leyma jugará en el Coliseum".La Opinión A Coruña(encastelán). Consultado o 22 de maio d 2024. 
  27. "El Concello y el Leyma trabajan para adaptar el Coliseum".DxT Campeón(encastelán). 21 de maio de 2024. Consultado o 22 de maio d 2024. 
  28. Gómez Cundíns, Pablo (21 de maio d2 2024)."El Leyma Básquet Coruña jugará la ACB en el Coliseum".La Voz de Galicia(encastelán). Consultado o 22 de maio d 2024. 
  29. Rama, Nacho (15 de maio de 2024)."¿Por qué el Leyma Básquet Coruña viste de naranja?".La Voz de Galicia(encastelán). Consultado o 24 de maio de 2024. 
  30. "Cronologia del Basquet Coruña"(encastelán). nordesnaranja. Consultado o 23 de maio de 2024. 
  31. 31,031,1"ENTRENADORES". Club Basquet Coruña. Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  32. "PRESIDENTES". Club Basquet Coruña. Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Federación
Selección
Equipos
Liga ACB
LEB Ouro
Liga EBA
1ª División
Desaparecidos
Copa
Pavillóns
Páxina web
Deporte na Coruña
Equipos
Fútbol
Hóckey a patíns
Baloncesto
Balonmán
Rugby
Outros deportes
Instalacións
Eventos
Sociedades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Club_Básquet_Coruña&oldid=7242960»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp