Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Clima polar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zonas de clima polar (Clase E)
Radación solar

Oclima polar está caracterizado por ter case permanentemente temperaturas por baixo de 0 °C; e as precipitacións son moi escasas. Ahumidade relativa no aire é moi baixa e o vento adoita ser bastante intenso, o que fai aínda máis hostís as condicións de vida nesteclima.

O clima polar dáse principalmente nos douspolos, alcanzando unhas condicións máis severas naAntártida, posto que ao tratarse dun continente, as temperaturas son máis frías que as doPolo norte, chegando a alcanzar os -70, -80 e até -89,5 °C (marca na superficie da Terra).

O clima das zonas máis altas das principaiscordilleiras do planeta aseméllanse moito ao polar, podéndose dar nos cumes doHimalaia, dosAndes ou das montañas deAlasca.

Os medios naturais da zona fría ou medios polares localízanse entre oscírculos polares Ártico eAntártico e os correspondentespolos norte esur, entre os 65º e os 90º delatitude norte e sur.

Características

[editar |editar a fonte]

As temperaturas

[editar |editar a fonte]

Astemperaturas son baixas todo o ano, pois nunca alcanzan os +10 °C, chegando no inverno até os -50 °C. As causas son a forte inclinación dos raios solares e a alta capacidade do xeo e da neve parareflectilos. No entanto, existen diferenzas entre os bordos das zonas polares, onde a temperatura do verán sobe de 0 °C, e a zona de casquete polar, onde permanece sempre baixo 0 °C.

As precipitacións

[editar |editar a fonte]

As precipitacións son escasas, inferiores a 250–300 mm ao ano, debido á presenza permanente deanticiclóns, e caen habitualmente en forma deneve.

Hidrografía

[editar |editar a fonte]

Asaugas só atópanse en estado líquido nas zonas onde a temperatura sobe de 0 °C.

Contexto: climas fríos

[editar |editar a fonte]

Hai tres, están:Clima continental frío (norte e nordés de Europa, sur e centro deSiberia,Canadá, eAlasca) Clima polar (noÁrtico e naAntártida).Clima montañoso (zonas montañosas de máis de 3.500msnm preto do Ecuador, até 1.000 msnm en rexións frías).

Hai dúas zonas frías, unha no hemisferio norte e outra no hemisferio sur. A primeira está situada ao norte do círculo polar ártico e a segunda ao sur do círculo polar antártico. Nos polos as temperaturas son moi baixas porque os raios solares chegan moi inclinados respecto da superficie terrestre.


Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clima_polar&oldid=6104361»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp