Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
O contido do artigo restrinxe o concepto de clero ao catolicismo, clero é un concepto que abarca case todas as relixións.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde abril de 2012)
Clero é o nome colectivo que engloba de forma xeral aos homes que foron ordenados para o servizo relixioso,sacerdotes ediáconos. O nome individual écrego.
Na maior parte das relixións o clero actúa dentro e, en ocasións, fóra dos lugares deculto: hospitais, escolas, misións e incluso no exército (clerocastrense).
Hai unha diferenza importante entre o clero e osteólogos. Os primeiros ocúpanse da práctica do culto, mentres que os teólogos son os estudosos darelixión e ateoloxía, e non son necesariamente clérigos (nin sequera necesariamentecrentes).
O clero, en moitos países, está protexido por leis especiais (foro eclesiástico) e, en moitos casos, financiado (ou cofinanciado) poloEstado, aínda que os seus recursos proveñen en gran parte das doazóns dos seus fieis. Aconfesionalidade do Estado ou a totalseparación Igrexa-Estado poden ter moi distintas situacións intermedias.
Líderes relixiosos. De esquerda a dereita: George Carey, Arcebispo deCanterbury (1991–2002); Jonathan Sacks, xefe dosRabinos doReino Unido; Mustafá Cerić, Gran Muftí deBosnia e Jim Wallis, cristián evanxélico e líder políticoestadounidense, en2009,[2] no Foro Eonómico Mundial enDavos,Suíza.
O termo deriva decrego, dolatín eclesiásticoclericus, que significa 'home de igrexa', á súa vez derivado dogrego antigo κλῆρικόςklērikós, que designaba, entre outras cousas, o 'conxunto dos eclesiásticos' (dunha igrexa, dun país, dunha cidade), voz derivada de κλῆρος,klēros, 'sorte', 'o que se obtén por sorte' ou, metaforicamente, 'herdanza' e tamén 'eclesiástico' (por seren estes os herdeiros da misión instaurada porCristo na Terra).
No rito romano, a tonsura era un requisito previo para recibir calquera das ordes maiores ou menores. A tonsura suprimiuse (así como tamén a orde menor dosubdiaconado) despois doConcilio Vaticano II.[4] Agora, o estado clerical está ligado á recepción do diaconado.[5][6] AsOrdes menores aínda existen nasigrexas católicas orientais, e os que se reciben son 'cregos menores'.[7][8] O uso da palabra "crego" tamén é apropiado para os cregos menores tonsurados dasIgrexas Ortodoxas co fin de non confundir cor ordes como a dolector na Igrexa Oriental, ou para aqueles que non son tonsurado aínda e non teñen ordes menores ou maiores. Neste este sentido foi no que a palabra entrou na lingua árabe, máis comunmente noLíbano, desde o francés, comokleriki (ou, alternativamente,cleriki) que significa"seminarista". Isto está en consonancia cos conceptos ortodoxos do clero, que tamén se refiren a aqueles que aínda non recibiron, ou non planexan recibir, o diaconado.
O termo deriva de crego,[3] xa que na época medieval o clero era un dos poucos grupos que podían ler e, polo tanto, a miúdo foron empregados para facer a contabilidade e traballos similares.
En xeral, osacerdocio é un corpo depresbíteros,xamáns ouoráculos que teñen unha autoridade relixiosa ou desempeñan unha función especial. O termopresbítero deriva dogrego πρεσβύτηροςpresbýtēros, 'ancián', 'venerábel', pero a miúdo utilízase no sentido desacerdote, é dicir, para o clérigo que realiza un ritual dentro da esfera da comunicación sagrada cos deuses en nome da comunidade.
NaIdade Media o clero tiña un status de privilexio e prestixio nasociedade feudal, porque dicían facer a ligazón entreDeus e os seres humanos.
En canto aosmonxes nosmosteiros rurais acumulaban funcións, pregaban e celebraba cultos, axudaban aos necesitados, e compilaban obras (libros). Oclero era, na Idade Media, todo o estrato social asociado ao culto relixioso, especialmente ocristián.
NaPenínsula Ibérica (como noutras partes da Europa cristiá) xa na sociedadevisigótica o clero desempeñaba un papel de gran relevancia. O seu prestixio mantívose entre as poboacións cristiás peninsulares durante adominación musulmá, e fortaleceríase no período daReconquista, sendo o principal patrocinador deste movemento.
Ás razóns que constitúen os fundamentos dacristiandade súmase a da peculiaridadeibérica, onde as loitas contra osinfieis inflamaban a fe cristiá determinando o celo das crenzas profundas. E non só pola misión relixiosa, senón tamén polo cultivo das letras, á que moitos dos seus membros se dedicaban, o clero exerceu preponderancia social epolítica, desempeñando os eclesiásticos cargos importantes canda os reis. Até mediados doséculo XIV, o clero mantivo esta situación de privilexio.
Tras a restauración de boa parte das comunidades relixiosas polosmoderados e a mellora de relacións coVaticano poloConcordato de 1851, que se acentuou durante aRestauración borbónica a finais do século XIX, os relixiosos concentráronse na asistencia social e a educación.
Coséculo XX chegou a chamadalei do cadeado (1910), que impedía a fundación de ordes relixiosas novas e, coaII República, unha nova expulsión dos xesuítas e un recrudecemento doanticlericalismo (con queima de conventos incluída). Agurra civil significou unha certapersecución relixiosa na zona republicana, con miles de relixiosos asasinados e, por outra parte, unhaCruzada (así chamada oficialmente) para o bando vencedor.
A posguerra significou o triunfo donacionalcatolicismo, aínda que o réxime ditatorial deFranco non contou co apoio de todo o clero. Houbo un florecemento das vocacións sacerdotais (nalgúns casos, como enGalicia, estimuladas pola penuria económica), que decaeron a finais dofranquismo, e até a actualidade, en que algunhas ordes relixiosas e, sobre todo, clérigos individuais, se implicarían en movementos sociais de todo tipo (como nateoloxía da liberación en América Latina, por exemplo).
NoCatolicismo o clero inclúe relixiosos de diverso tipo, desde osacerdote dunha pequenaparroquia aobispo dunhadiocese, desde omonxe dunhaabadía á a alta xerarquía da Igrexa deRoma. É crego calquera que reciba as ordes sagradas dosacerdocio ou dodiaconado; polo tanto os relixiosos non ordenados (como os irmáns salesianos, ou os de La Salle, entro outros) non forman parte do clero, pero si da Igrexa, ao igual que todos osbautizados. Debido a isto, as relixiosas (monxas) non forman parte do clero, porque tanto na Igrexa Católica como na Ortodoxa, e nas demais igrexas orientais, non existe o sacerdocio feminino.
Ademais de por este colexio, o Papa tamén é aconsellado e asistido polaCuria romana e, periodicamente, poloSínodo dos Bispos. Entre outras funcións, o Papa, oVigario de Cristo na Terra, ten a misión de manter a integridade e a fidelidade da doutrina e a fe católicas áRevelación divina, corrixindo se for necesario calquera interpretación errada na Igrexa. Para iso, convocaconcilios ecuménicos onde exerce persoalmente aInfalibilidade papal.[11]. NaIgrexa Latina e nalgunhas dasIgrexas orientais, só o Papa pode designar os clérigos por riba do nivel depresbítero.
A Igrexa defende que todos os seusBispos (que son axudados polos presbíteros e os diáconos), debido ásacramento da Orde, son os sucesores dosDoce Apóstolos, sendo o Papa o sucesor directo doApóstolo Pedro.[12] De aí a autoridade e aprimacía da que o Papa goza.
No catolicismo diferéncianse dentro do clero dúas clases ou categorías, oclero secular e oclero regular, diferenza que se mantén tamén no clero ortodoxo. AReforma protestante suprimiu o clero regular e estableceu o chamadosacerdocio universal, co que a mesma existencia dun clero como clase diferente do resto dos fieis deixou de ter sentido nalgunha das Igrexas reformadas, aínda que noutras mantívose unha claraxerarquía, como nasluteranas e naAnglicana. Nesta última confesión, a pesar de considerarse protestante, tamén existe clero regular.[13]
É o que vive "no século", é dicir, "no mundo"[14] dentro da sociedade dos homes, sometido ás súas leis humanas, e que administra ossacramentos. Tamén se lle chamadiocesano (por depender directamente do seuordinario ou bispo da diocese).
A pesar de que se popularmente se chamecura ao presbítero en xeral, só soncuras os que teñen ao seu cargo acura de almas, é dicir, os que teñen nomeamento comopárrocos dunha determinadaparroquia, aínda que hoxe día se aplique a calquera presbítero. Por outra parte, o termosacerdote non se aplica só ao presbítero senón tamén ao bispo.
Todos os ministros consagrados son homes, porque osdoce Apóstolos son todos homes e Xesús, na súa forma humana, tamén é home.[16]. E homes célibes.
Ocelibato eclesiástico do clero secular, que non existiu durante os primeiros séculos do cristianismo e que non se aplica na Igrexa Ortodoxa nin nalgúns ritos orientais de obediencia católica ou, a título individual, nalgúns casos na igrexa católica de rito occidental,[17] Este é un dos temas máis controvertidos na actualidade (movemento polo celibato opcional) (así como aordenación das mulleres ou doshomosexuais nalgunhas igrexas reformadas).
Non hai que confundir o celibato co voto de castidade do clero regular.
Nas súas orixes estesmonxes ían aodeserto (nas aforas das cidades exipcias dosséculos IV eV, tanto individualmente (anacoretas oueremitas, algúns —máis excéntricos— subidos a unha árbore ou a unha columna: dendritas ouestilitas) como en grupos (cenobitas).
Son aquelas institucións aprobadas pola Igrexa Católica, nas que unha parte dos seus membros, ou todos, emiten votos monásticos solemnes. Hai moitas ordes distintas dentro do clero regular, cada unha das cales réxese por unha norma de conduta diferente. Entre elas podemos diferenciar entre asmendicantes e ascontemplativas ouconventuais. Os monxes das primeiras viven enconventos urbanos, e predican o evanxeo mediante a ensinanza e, en ocasións, as obras. Os das segundas reclúense enmosteiros rurais, e dedican a súa vida ao estudo daBiblia e dos autores canónicos.
Os membros do clero regular son habitualmente denominadosrelixiosos. Propiamente sonclérigos só se recibiron as ordes sagradas, cousa que non se estende á maior parte dos seus membros, a excepción dalgunhas ordes (por exemplo, os cóengos regulares, como ospremostratenses), e está excluída por principio nas ordes econgregacións femininas (o que implicaría osacerdocio feminino). A pesar diso, utilízase habitualmente a expresiónclero feminino eclero regular feminino, incluso na bibliografía especializada, e é de uso común nahistoriografía.[18]
O que distingue a un relixioso regular dun secular son osvotos monásticos, cos que se accede a unha vía espiritual á salvación a través da renuncia aos praceres terreais. Os votos pretenden imitar, no relixioso, a vida deXesucristo, segundo osconsellos evanxélicos.
Historicamente, de feito nalgúns momentos serviron para implicar extraordinariamente aos monxes na sociedade feudal.[19]
Os votos son tres:
Pobreza: o relixioso é pobre, igual que Xesús naceu e viviu pobre, o que implica que o monxe non posúe nada. Nin o hábito que viste, aínda que o mosteiro colectivamente tampouco o posúa. Impide, por exemplo, que dispute a herdanza cos seus irmáns. Nalgunhas épocas, normalmente os monxes (os clérigos en xeral) eran os irmáns segundoxénitos (non vinculeiros) de familias nobres.
Castidade: a imitación de Cristo, que viviu castamente, o que implica que o monxe non pode casar (nin, por tanto, manter relacións sexuais). A imposibilidade de ter descendencia (ou, de tela, ser bastarda ou ilexítima) sepáraos aínda máis da competencia pola herdanza doa seus irmáns, que desta forma tende á concentración e vinculación dospatrimonios dos nobres, tanto na parte que se dona aos mosteiros para a salvación eterna das súas almas e as dos seus sucesores coas oracións dos irmáns segundoxénitos (mans mortas), como á que queda na casa nobre administrada polos primoxénitos (vinculeiros).
Obediencia: o relixioso debe obedecer ao seu superior, quen representa a Cristo na comunidade. A obediencia imita a Xesucristo, que foi obediente ao Padre até a súa morte na cruz, o que implica a súa subordinación á autoridade eclesiástica.
En relixión, particularmente en distintas confesións cristiás, denomínasecarisma a un don dado poloEspírito Santo a un crente para edificar espiritualmente a unha comunidade cristiá.
Existen multitude decarismas ou formas de vida relixiosa dentro do catolicismo, que se multiplicaron desde oséculo XVI, en que adoitaba falarse deordes relixiosas, mentres que as fundadas a partir de entón adoitan denominarsecongregacións. A diferenza das ordes, os seus membros só emiten votos simples.
Unha das máis recentes e polémicas é oOpus Dei que, desde o pontificado deXoán Paulo II, recibe a cualificación deprelatura persoal (pola relación directa dos seus membros en calquera parte do mundo cun bispo particular —o seu prelado—, non ligado a ningunha diocese territorial).
↑Serverat, Vicent (2007): "Sobre algunas tríadas sociales en la Hispania medieval: de Isidoro de Sevilla a Rodrigo Sánchez de Arévalo", inRevista de Literatura Medieval19, p. 222. Cita como referencia a Yves Congar (1968): "Les laïcs et l'ecclésiologie des "ordines" chez les théologiens des XIe et XIIe siècles", inI laici nella "societas christiana" dei secoli XI et XII. Milan, pp. 83-117
↑Particularmente a clérigos anglicanos convertidos ao catolicismo.
↑Por exemplo, en Le Goff, Jacques (2007):La Edad Media explicada a los jóvenes, Barcelona: Paidos Ibérica.ISBN 978-84-493-1988-4.
↑A identificación entre clero e nobreza como privilexiados, e o papel clave dos votos, era evidente no momento da súa supresión durante a Revolución Francesa, e explicitouse claramente nos debates da Asemblea (decreto de 13 de febreiro de 1790), comentados enDe la convocación a la revolución. La Constitución francesa de 1791 de Chantal López e Omar Cortés. O mesmo ocorreu no caso español:Staples, Anna (1986): "Secularización: Estado e iglesia en tiempos de Gómez FariasArquivado 21 de agosto de 2011 enWayback Machine., inEstudios de Historia Moderna y Contemporánea de México, Álvaro Matute (ed.), México, Universidad Nacional Autónoma de México, Instituto de Investigaciones Históricas, v. 10, pp. 109-123