Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cleptocracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais.
Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde novembro de 2017.)

Cleptocracia (dogrego.clepto:quitar; ecracia:forza = dominio dos ladróns) é o establecemento e desenvolvemento do poder baseado no roubo de capital, institucionalizando a corrupción e os seus derivados coma onepotismo, oclientelismo político, opeculado, de forma que estas accións delictivas quedan impunes, debido a que todos os sectores do poder están corrompidos, desde a xustiza, funcionarios da lei e todo o sistema político e económico.[1]

É un termo de recente acuñación, e adóitase usar despectivamente para dicir que un goberno écorrupto e ladrón.[2][3]

Características

[editar |editar a fonte]

Nunha cleptocracia os mecanismos do goberno dun estado dedícanse case enteiramente a gravar os recursos e á poboación do país (por medio deimpostos, non retribuibles a eles; desvíos de fondos etc), os dirixentes do sistema, amasan grandes fortunas persoais, en especial opresidente ou o maior cargo de xefe de estado, xunto ós máis achegados comao s ministro e asesores persoais. Na cleptocracia odiñeiro ólavado ou desvíase a contas bancarias secretas, polo xeral enparaísos fiscais, como encubrimento do roubo.[3]

A cleptocracia dáse xeralmente enditaduras ou unha certa forma de gobernosautocráticos, posto que nademocracia faise máis difícil encubrila, aínda que houbo casos de gobernos en aparencia democráticos que foron considerados cleptócratas, coma os de varios países deAmérica Latina.

As economías dos réximes cleptocráticos tenden a decaer constantemente, pois a corrupción sistemática creada polo goberno significa que a economía está subordinada ós intereses dos cleptócratas. Ademais as economías baseadas na extracción de materias primas (exemplo, osminerais e opetróleo) poden ser particularmente propensas a ser cleptócratas.

Historicamente, o ambiente sociopolítico asociado ó sistema colonial -a dominación de países colonizados, onde as súas economías son moi vulnerables ó depender por un número pequeno de materias primas- foron particularmente proclive á creación das últimas cleptocracias, sendoÁfrica eAmérica Latina, as rexións máis propensas.

Algúns analistas utilizan o termo 'cleptocracia' para desacreditar os procesos políticos que permiten que as grandes corporacións sexan influentes na política.Ralph Nader chamou aEstados Unidos unha cleptocracia, nese sentido da palabra, durante acampaña presidencial do ano 2000 dese país. De todas formas un termo máis exacto para esta influencia sobre un estado é aplutocracia.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "kleptocracy and divide-and-rule: a model of personal rule". Arquivado dendeo orixinal o 24-05-2012. Consultado o 08-02-2018. |first1= sen|last1= in Authors list (Axuda)
  2. Marques, Rafael.Diamantes de sangue: corrupção e tortura em AngolaArquivado 02 de abril de 2015 enWayback Machine.. Lisboa: Tinta-da-China, 2011, 230p.
  3. 3,03,1"Suharto tops corruption rankings"(eninglés). 2004-03-25. Consultado o2018-02-08. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cleptocracia&oldid=6705116»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp