Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Claustro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claustro da portería domosteiro de Santa María de Montederramo.
Claustro domosteiro de San Xulián de Samos.

Unclaustro (dolatínclaudere, co significado de "pechar") é un patio cuadrangular que ten nos seus catro lados unha galería porticada conarcadas ouarquerías que descansan encolumnas ou dobres columnas. Os claustros adoitan estar edificados a continuación dunha das naves laterais dunhacatedral ou daigrexa dunmosteiro. Cada galería toma o nome depanda e en cada panda distribúense os distintos espazos necesarios para a vida monacal ou catedralicia. Adoita ser lugar de recollemento. Opatio está case sempre axardinado e no centro atópase unha fonte ou un pozo.

Descrición dun claustro

[editar |editar a fonte]

O claustro é de planta cadrada e cada un dos catro lados recibe o nome depanda. No centro adoita haber un pozo e no espazo restante, un pequeno xardín con catro camiños. Cada panda ten unha galería ou corredor cuberto limitado por arcadas. Na panda leste áchase case sempre unha pequena estancia que servía como estudo oubiblioteca, independentemente da gran biblioteca que tiñan algúns mosteiros importantes. A continuación achábase asala capitular, peza que se consideraba de grande importancia e que xeralmente construíase con rica ornamentación arquitectónica. Era o lugar de reunión da comunidade, onde se lían os capítulos da regra da orde e onde oabade organizaba as distintas tarefas a seguir polosmonxes. Nesta sala era onde se expuñan posibles faltas dalgún deles para que o superior o reprendese. Dicíasechamar a capítulo.

Na panda sur adoitaba estar ocalefactorio, lugar caldeado onde podían ir os monxes de cando en vez para descansar e entrar en calor. Ao seu lado, orefectorio, que era o comedor, e lindeiro con el, acociña.

A panda oeste adoitábase chamarde leigos e tiña a ruela taménde leigos e acilla coaadega. As celas dos monxes ou o gran dormitorio común (depende da época e das distintas ordes) estaban no piso superior.

Oscapiteis das columnas dos claustrosrománicos están especialmente decorados e tallados e ás veces constitúen verdadeiras obras de arte.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas
Ábsida  · Absidiola  · Adro  · Claustro  · Coro  · Cruceiro  · Deambulatorio  · Nártice  · Nave  · Presbiterio  · Sancristía  · Transepto
Exterior
Arcobotante  · Arquitrabe  · Arquivolta  · Cabeceira  · Campanario  · Canzorro  · Chapitel  · Contraforte  · Espadana  · Fachada  · Gárgola  · Nicho  · Parteluz  · Pináculo  · Portada  · Porta  · Tímpano  · Xamba
Interior
Altar  · Arcada  · Bóveda  · Capitel  · Ciborio  · Columna  · Coxía  · Cuncha  · Cúpula  · Galería  · Hemiciclo  · Imaxinaría  · Mosaico  · Pavimento  · Piar  · Retablo  · Rosetón  · Tribuna  · Triforio  · Vidreira
Outros
Arco  · Baixorrelevo  · Cogullo  · Florón  · Gablete  · Lobo  · Tramo  · Trazaría
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Claustro&oldid=6874451»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp