Clase social é un tipo deestratificación social que forma parte dunsistema de clases. Rixese por diversos condicionantes, tal que:
- Aadscrición a determinada clase dun individuo determínase basicamente porcriterios económicos, a diferenza do que sucede noutros tipos de estratificación social, baseados encastas eestamentos, onde o criterio básico de adscrición en principio non é económico (aínda que a adscrición a un determinado grupo poida implciar secundariamente condicionantes económicos).
- Xeralmente, para o conxunto de individuos que configura unha clase existen unsintereses comúns, ou unha estratexia social maximizadora do seupoder político ebenestar social. En certos casos, cando un certo número de individuos se desentende dos intereses da súa clase social fálase dealienación.
- As condicións económicas que comportan a adscrición a unha ou outra clase xeralmente están determinadas polonacemento eherdanza familiar. Así na maioría das sociedades os fillos das clases desfavorecidas ó longo da súa vida seguirán formando parte das clases desfavorecidas, e os fillos das clases máis acomodadas teñen maior probabilidade de ser parte durante o resto da súa vida da clase acomodada.
O conxunto das clases sociais e as súas relacións, forman unsistema de clases que é típico dassociedades industriaes modernas. Neste tipo desociedade recoñécese unha maiormobilidade social que noutros sistemas de estratificación social. É dicir, tódolos individuos teñen a posibilidade de escalar ou ascender na súa posición social polo seumérito ou outro factor. A consecuencia é a ruptura coas organizaciónsestamentarias onde cada persoa está localizada segundo atradición nun estrato específico, normalmente para toda a vida. Malia estas posibilidades de ascenso, o sistema de clases non cuestiona a desigualdade en si mesma, sobre todo en países doterceiro mundo onde existen combinacións de clases e estamentos.A clase social á que pertence un individuo determina as súas oportunidades, e defínse por aspectos que non se limitan á situación económica. Tamén inclúen as maneiras de comportarse, os gustos, a linguaxe, as opinións... Mesmo as crenzas éticas e relixiosas adoitan corresponderse coas dunstatus social ou (posición social).
Un sistema de clases é por tanto, unha xerarquización colectiva, onde o criterio de pertenza vén determinado pola relación do individuo coa actividade económica, e principalmente, o seu lugar respecto dos medios de produción. Esta condición está estreitamente correlacionada coa herdanza familiar.
EnKarl Marx as clases sociais aparecen como antagónicas nun contexto histórico de conflito cuxo eixo central é amaterialidade. Dese enfrontamento mediado pola historia xorde aloita de clases que é a manifestación mesma do conflito de intereses da posición dos individuos. Para Marx, nasociedade capitalista ocapital está repartido de forma desigual entre as dúas grandes clases (proletariado e burguesía), favorecendo a estes últimos baixo un sistema feito á medidad dos seus intereses. Este sistema sería ocapitalismo e o seu apoio teórico, oliberalismoPara superar esa explotación, oproletariado debíase unir superando as súas diferenzas xeográficas e culturais ("proletariados do mundo, unídevos" sentenciara na última páxina doManifesto comunista) e descubrir a súaconciencia de clase para así superar aalienación e superar a loita de clases en dúas etapas:
- Socialismo: proceso de concientización do proletariado e socialización progresiva da produción e a riqueza
- Comunismo: Fin da loita de clases e socialización total da produción
Se ben o soño de Marx non se materializou, a súa dialéctica provocou un xiro total na política e a historia moderna. Porén, as transformacións sociais ó iniciar oséculo XX levaron a que apareceran novas achegas, entre elas as que foron realizadas por Weber.
Max Weber contribuíu a atender a complexización social de occidente noséculo XX (aparición de capas medias, burocracia etc) e comprender desde unha lóxica daacción social e a racionalidade. É un erro ver a Weber coma o verdugo de Marx (como fixo crer asocioloxía funcionalista desdeTalcott Parsons) aínda sendo este liberal e próximo ó mundo relixioso. A distancia está máis ben no enfoque máis reducionista de Marx (primacía do factor material-económico para explicar o capitalismo) algo que Weber trata de refutar a través das súas teses sobre o espírito protestante e a acción social, que é o individualismo en oposición á supremacía do colectivo, o social, de Marx.
"A socioloxía interpretativa ou comprensiva considera ó individuo e a súa acción coma a súa unidade básica. Coma o seu átomo, se podo permitirme empregar excepcionalmente esta discutible comparación (...) en consecuencia a teoría da socioloxía consiste en reducir estes conceptos a «accións comprensibles», é dicir, sen excepción, aplicables ás accións de homes individuais participantes"
Weber distingue entre “clases sociais”, “grupos de status” e “partidos políticos”, estratos distintos que corresponden respectivamente ás ordes económica, social e política.
- As clases son unicamente unha das formas da estratificación social, atendendo ás condicións de vida material, e non constitúen un grupo consciente da súa propia unidade máis alá de certas condicións de vida.
- Osgrupos de status distínguense polo seu modo de consumo e polas súas prácticas sociais diferenciadas que dependen á vez de elementos obxectivos (os que despoisPierre Bourdieu chamaríacapital social) e doutros puramente subxectivos como a reputación.
- Ospartidos políticos expresan e unifican en forma institucional intereses económicos e status sociais comúns.
O contexto histórico presenta a chegada dunhaclase media xa fortalecida trala experiencia dofordismo e que se sumaría coma un actor de peso entre o proletariado e a burguesía, aínda que coa excepción de ser un estado de tránsito permanente. A complexización deste proceso, traspasou a súa carga teórica á socioloxía contemporánea (desde mediados dos 70), que se fixo cargo deste problema nun contexto de crise da sociedade moderna-industrial tal como se coñecera historicamente.
A nova complexización dasociedade desde fins doséculo XX ata oséculo XXI foi provocando encontros entre as posturas actualizadas de Weber e Marx (neoweberianos e neomarxistas) aínda que, por outra banda, continuaba a produción teórica máis ortodoxa do marxismo e a funcionalista contemporánea (que se asocia tecnicamente á xustificación do neoliberalismo), cuxa figura de maior peso seríaNiklas Luhmann, quen baseou a súa revisión dateoría de sistemas nas teses do biólogo chilenoHumberto Maturana (autopoiesis) que encontraxustificación case matemática na sociedade contemporánea a diferenza do resto das teorías sociais.Converxen neomarxistas e neoweberianos na complexización contemporánea das clases sociais, a desigualdade social crecente e o caos teórico producido na transformación do traballo. Entre os teóricos destacados daanálise de clase contemporáneo están Goldthorpe, Olin Wright, Erikson e Dahrendorff.
- Goldthorpe, J. et. al. 1987.Social Mobility and Class Structure in Modern Britain. Second Edition. Oxford: Clarendon Press.
- Erikson, R. e J. Goldthorpe. 1993.The Constant Flux: A Study of Class Mobility in Industrial Societies Oxford: Clarendon Press
- Bourdieu, Pierre. 1984.La distinción. Madrid: Taurus
- Crompton, Rosemary 1994.Clase y Estratificación. Una introducción a los debates actuales. Madrid: Tecnos
- Wright, Erik Olin. 1983.Clase, crisis y estado. Madrid: Siglo XXI de España.
- Wright, Erik Olin. 1992.Reflexionando, una vez más, sobre el concepto de estructura de clases. Zona Abierta, Nº 59-60. Madrid.
- Parsons, Talcott,El sistema social, Alianza Editorial
- Weber, Max,La ética protestante y el espíritu del capitalismo, Ed. Península
- Weber, Max,Economía y sociedad. Esbozo de sociología comprensiva, Ed. FCE
- Marx, Karl,Manuscritos de economía y filosofía Alianza Ed.
- Marx, Karl,Elementos fundamentales para la crítica de la economía política (Grundrisse), I-III, Ed. Siglo XXI
- Marx, K. e F. Engels (1848) 1998.Manifiesto Comunista Buenos Aires: Cuadernos Marxistas