| Civilización zapoteca | |
|---|---|
Instancia de | |
| Localización | |
| Wikidata C:Commons |
Acivilización zapoteca[1] foi unha civilizaciónprecolombiana que habitou noval de Oaxaca, enMesoamérica. As evidencias arqueolóxicas demostran que a súa cultura se remonta a hai 2 500 anos. Oszapotecos deixaron numerosas evidencias arqueolóxicas na antiga cidade deMonte Albán na forma de edificios, canchas de pelota, magníficas tumbas e xoias de ouro finamente traballadas. Monte Albán era unha das meirades cidades de Mesoamérica e o centro do estado zapoteco que dominou a meirande parte do territorio que hoxe se coñece como o estado mexicano deOaxaca.
O nomezapoteco provén donáhuatl "Tzapotécatl", que significa pobo do zapote; con todo, cada rexión tiña a súa propia autodenominación. Por exemplo, os zapotecos da rexiónItsmo, unha das catro rexións recoñecidas, autodenominábanse "ben´zaa" ou "binizá" que significa enlingua zapoteca "xente das nubes".[2][3] Entre os mitos que existen, dise que son descendentes das rochas e as areas. Pouco se sabe sobre a orixe dos zapotecos. A diferenza da maioría dos indíxenas deMesoamérica, non tiñan ningunhatradición oulenda sobre a súa migración, senón que eles crían que naceron directamente das nubes, tal e como se fosen fillos lexítimos dos deuses. De aí o nome que eles mesmos se atribuían: be´neza (xente ceo). Actualmente autodenomínanse binnizá.
As evidencias arqueolóxicas indican que a súa cultura data desde hai 3 500 anos. Aproximadamente entre os séculos XV e XIV a.C. tivo lugar o primeiro desenvolvemento urbano importante da cultura, con centro enSan José Mogote. Desenvolvéronse nos anos 500 a.C.-950 d.C., durante o horizonte preclásico os zapotecos establecéronse nos vales centrais do actualestado de Oaxaca. Así, mentresTeotihuacán florecía no centro de México e as cidadesmaias no sueste,Monte Albán, centro cerimonial construído no alto dun cerro, era a cidade máis importante da rexión oaxaqueña.
Os primeiros zapotecos eran sedentarios, vivían en asentamentos agrícolas, adoraban un panteón de deuses encabezados polo deus da choiva, Cocijo -representado por un símbolo da fertilidade que combinaba os símbolos da terra-xaguar e do ceo-serpe, símbolos comúns nas culturas mesoamericanas. Unha xerarquía de sacerdotes regulaba os ritos relixiosos, que ás veces incluíron sacrificios humanos. Os zapotecos adoraban os seus antepasados e, crendo nun mundo paradisíaco, desenvolveron o culto aos mortos. Eles tiñan un gran centro relixioso en Mitla e unha magnífica cidade no Monte Albán, onde prosperou unha civilización altamente desenvolvida, posiblemente hai máis de 2 000 anos. Na arte, a arquitectura, a escritura (xeroglíficos), as matemáticas, e a astroloxía (calendarios), os zapotecos parecen ter afinidades culturais cos olmecas, os antigos maias, e máis adiante cos toltecas.

Deixaron evidencias arqueolóxicas na antiga cidade de Monte Albán; en forma de edificios, estadios para o xogo de pelota,tumbas magníficas e valiosas mercadorías, incluíndo aourivaría. Monte Albán era a cidade principal do hemisferio occidental e o centro dun estado zapoteca que dominou unha gran parte do que agora coñecemos como o estado actual de Oaxaca.
Os zapotecos desenvolveron unha agricultura moi variada. Cultivaron varias especies dechile,feixóns,cabaza,cacao e o máis importante de todos: omillo que a principios do período clásico daba sustento a numerosas aldeas. Para ter boas colleitas rendían culto ao sol, a choiva, a terra e o millo.
As mulleres e homes do pobo, que vivían nas aldeas, estaban obrigados a entregar como tributo: millo, pavos, mel e feixóns. Ademais de agricultores os zapotecos destacaron como tecedores e oleiros. Son famosas as urnas funerarias zapotecas, cuncas de barro que se colocaban nas tumbas. Os zapotecos alcanzaron un elevado nivel cultural e foron, xunto cos maias, o único pobo da época que desenvolveu un sistema completo de escritura. Por medio de xeroglíficos e outros símbolos gravados en pedra ou pintados nos edificios e tumbas, combinan a representación de ideas e sons.
As grandes cidades que construíron os pobos agrícolas de Mesoamérica creceron e estiveron habitadas durante varios séculos. Con todo, entre os anos 700 e 800 d.C., case todas elas foron abandonadas. Primeiro en Teotihuacán, despois na zona maia e logo enMonte Albán. A pesar diso, floreceron novos centros cerimoniais comoCacaxtla eEl Tajín. Durante este período tamén subsistiron señoríos avanzados noAltiplano, como os deCholula eXochicalco; e nos estados deGuerrero,Michoacán,Colima,Xalisco, Nayarit,Sinaloa,Guanajuato,Aguascalientes eQuerétaro, desenvolvéronse as culturas de Occidente. A maior parte do tempo, dedicábanse á agricultura.
Monte Albán dominou os vales até fins do Período Clásico mesoamericano e, do mesmo xeito que outras cidades mesoamericanas, entre os anos 700 e 1200 d.C. terminou o seu esplendor; a pesar diso, a cultura zapoteca continuou nos vales de Oaxaca,Tabasco eVeracruz.
Vindo do norte, osmixtecas substituíron os zapotecos en Monte Albán e posteriormente enMitla; os zapotecos capturaronTehuantepec dos zoques e os huaves do golfo de Tehuantepec. A mediados do século XV, os zapotecos e mixtecas loitaron para evitar que osmexicas gañasen o control das rutas comerciais cara a Chiapas, Veracruz e Guatemala. Baixo o mando de Cosijoeza, os zapotecos soportaron un longo sitio na montaña rochosa de Guiengola, mantendo a vista sobre Tehuantepec. Finalmente, para conservar a súa autonomía política, estableceron unha alianza cos mexicas, que se vería rota coa chegada dos españois e a posterior caída deTenochtitlan.

Como todas as civilizacións mesoamericanas, os zapotecos eranpoliteístas. O seu deus principal chamábase Xipe Totec e era coñecido por tres nomes:
Outros dos deuses principais eran:
Tamén tiñan certas supersticións, como o "tonal". Esta consistía en que cada vez que unha nai esperaba unha cría, o día do nacemento púñanse cinzas na choza onde vivía o recentemente nado e ao seguinte día a pegada do animal que se formase sería o "tótem" do neno: aquel animal que o representa e lle dá a súa personalidade.
Outra crenza chamada "nahualismo" consistía en que os magos escuros aproveitaban o seu "tótem" e convertíanse en animais para faceren maldades na noite.
Dentro do pensamento abstracto e ontolóxico do pobo zapoteca atopamos no vocábulo "guenda" a noción total e absoluta, a máis profunda e universal, a máis abstracta e xeral que atopamos dentro do pensamento da cultura zapoteca.
O rexistro e medición do tempo e a observación dos ciclos astronómicos foron realizados polos zapotecos desde épocas temperás.

Monte Albán é un conxunto arquitectónico sagrado que une os costumes relixiosos dos pobosmesoamericanos. Foi construído con varias plataformas graduadas comopirámides de diferentes alturas. Dentro da mesma levaban a caboxogos de pelota. A diferenza doutros complexos é a inclusión de edificios dedicados, probablemente, ao culto funerario. Tamén figuran relevos labrados en laxas de pedra representando individuos con deformidades no corpo, coñecidos como osdanzantes.
Oscódices mixteco-zapotecos permiten coñecer a vida e costumes da rexión. Estes documentos foron escritos enxeroglíficos e sobre pel de veado e foron pintados con gran colorido. Ademais existen inscriciónsepigráficas datadas entre o 400 a.C. e o 900 d.C.
En Mitla, outro lugar con testemuños deste pobo, subsisten pinturas murais plasmadas sobre fondo vermello que representan a aguia, os deuses nocturnos e a Cocijo. EnHierve el Agua, os zapotecos crearon un sistema de regadío artificial único en Mesoamérica.
Os zapotecos desenvolveron un calendario e un sistema logofonético de escritura que utilizaba un carácter individual para representar cada sílaba da linguaxe. Este sistema de escritura é considerado como a base doutros sistemas de escritura mesoamericanos desenvolvidos polos olmecas, os maias, osmixtecas e osaztecas. Na capital azteca deTenochtitlán, habitaban artesáns zapotecos e mixtecos cuxo desempeño era confeccionar xoiaría para ostlatoque ou emperadores aztecas, entre eles, o famosoMoctezuma.
As relacións co imperio azteca no centro de México déronse desde moito tempo atrás, como é testemuñado polas ruínas arqueolóxicas da comunidade zapoteca dentro de Teotihuacan e por unha casa en Monte Albán. Outras ruínas precolombianas importantes inclúen Lambityeco, Dainzu, Mitla, Yagul,San José Mogote, e Zaachila. Os tehuanos (persoas deTehuantepec), aliáronse cos españois para loitaren contra os juchitecos, por iso é polo que naceu un certo distanciamento entre as dúas cidades que aínda hoxe perdura.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Civilización zapoteca |