Acitoquina[1] oucitocina[2][3] é un termo xenérico empregado para designar a un extenso grupo de moléculas implicadas na emisión de sinais intercelulares durante o desencadeamento das respostas inmunes. Constitúen un grupo de factores extracelulares que poden ser producidos por diversas células, comamonócitos,macrófagos,linfócitos e outras células non linfocíticas. Todas as citoquinas son pequenasproteínas oupéptidos, algunhas delas contendomoléculas deazucre ligadas (glicoproteínas). As diferentes citoquinas poden ser encadradas en diversas categorías:interferóns (IFN),interleucinas (IL),factores estimuladores de colonias (CSF),factor de necrose tumoral (TNF-alfa eTNF-beta), efactor de crecemento transformante beta (TGF-beta).
Segundo a súa estrutura molecular, podemos subdividir as citoquinas en dous tipos:
Son producidos polosmacrófagos e estimulados polos microorganismos alleos ao noso corpo. Son os encargados de preparar o organismo para defendelo de axentes patóxenos ou estraños. Ademais, estimulan ou inhiben as reaccións de tipo inflamatorio. Neste grupo atópanse asIL-1,IL-6,IL-12,IL-16,TNF-alfa,IFN-alfa e oINF-ß.
Son citoquinas quimiotáticas que atraen leucócitos ás zonas de infección.
Prodúcense como resposta á activación doslinfócitos T. Potencian ademais as reaccións inmunitarias. Son aIL-2,IL-4,TGF-ß,INF-y.
Estimuladores da proliferación e diferenciación dos percursores hematopiéticos
[editar |editar a fonte]Deste subgrupo forman parte oSCF,IL-3,IL-7,G-CSF,GM-CSF,M-CSF.
Cada citocina únese a unreceptor da superficie celular específico xerando cascadas desinalización celular que alteran a función celular. Isto inclúe a regulación positiva ou negativa de diversos xenes e os seusfactores de transcrición que resultan na produción doutras citocinas, ou un aumento no número de receptores de superficie para outrasmoléculas, ou a supresión do seu propio efecto mediante retroregulación.
A sobreestimulación das citoquinas pode disparar unha síndrome perigosa chamada tormenta de citoquinas.
As citocinas caracterízanse pola súa redundancia: moitas citocinas distintas comparten funcións similares. Ademais, as citocinas sonpleiotrópicas: actúan sobre moitos tipos celulares diferentes e unhacélula pode expresar receptores para máis dunha citoquina.
Facer unha xeneralización dos seus efectos é practicamente imposíbel. De acordo coas súas funcións clasifícanse en:
- Autócrinas, se a citocina actúa sobre a célula que a secreta.
- Parácrinas, se a acción restrínxese ao espazo próximo e inmediato do lugar de secreción
- Endócrinas, se a citocina chega a rexións distantes do organismo (mediante sangue ou plasma) para actuar sobre diferentes tecidos
 | |