Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cinema negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cine negro»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2016.)

Ocinema negro oufilm noir é un xénero cinematográfico que se desenvolveu nosEstados Unidos durante a década de1940 e1950. Adoita ser considerado como o primeiro filme deste tipoThe Maltese Falcon, deJohn Huston, conHumphrey Bogart eMary Astor, estreado en 1941.

Características

[editar |editar a fonte]

O termo defilm noir foi acuñado por vez primeira polo italianoNino Frank e é usado pola crítica cinematográfica para describir un xénero de definición bastante imprecisa, cuxa diferenciación doutros xéneros como o cinema degángsters ou ocinema social é só parcial. Decote, os filmes caracterizados como de cinema negro xiran arredor de feitos delituosos e criminais cun forte contido expresivo e unha característica estilización visual. A súa construción formal está preto doexpresionismo. Emprégase unha linguaxe elíptica emetafórica onde se describe a escena caracterizada por unhailuminación tenebrosa en clarescuro, escenas nocturnas con humidade no ambiente, xógase co uso de sombras para exaltar apsicoloxía dos personaxes. Algúns destes efectos eran especialmente impactantes en branco e negro. Asemade, a personalidade dos personaxes e as súas motivacións son difíciles de estabelecer (caso paradigmático son os detectives privados, frecuentes protagonistas do xénero, tales comoSam Spade ouPhilip Marlowe). As fronteiras entre bos e malos esvaécense e oheroe acostuma a ser unantiheroe atenazado por un pasado escuro.

O cinema negro presenta unha sociedadeviolenta, cínica ecorrupta que ameaza non só o heroe/protagonista do filme senón tamén outros personaxes, dentro dun ambiente depesimismo fatalista. Os finais adoitan ser agridoces ou mesmo de fracaso. Outro punto característico do cinema negro é a presenza dafemme fatal, amuller fatal, quen, aparentemente inofensiva, pode conducir as súasvítimas aoperigo ou ámorte. As novelas deDashiell Hammett eRaymond Chandler, cos seus detectives Spade e Marlowe son frecuentes fontes dos guións do xénero.

Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrecine é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cinema_negro&oldid=6766364»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp