Ocigarro, nas súas dúas modalidades, ocigarro puro ou o cigarro envolto en papel, o popularpito,[1] son dous dos formatos máis populares no consumo detabaco.
O cigarro (na súa forma de puro) foi definido porBartolomé de las Casas na súaHistoria de las Indias como:
ciertas hojas secas envueltas en otras hojas, también secas, parecidas a los petardos ... Se encienden por un extremo y se chupan por el otro (...) para introducir en los pulmones ese humo con el que adormecen el cuerpo y así se embriagan.
O cigarro puro foi condenado xa porXacobe I de Inglaterra por serrepulsivo para o olfacto, desagradábel para a vista, perigoso para o cerebro e nocivo para os pulmóns.
Reprodución dunha talla do templo dePalenque (México), na que se ve a un sacerdotemaia fumando en pipa.La Cometa deFrancisco de Goya, cadro no que se representa a un home (en primeiro plano, á esquerda) fumando un primitivo cigarro.
Crese que a planta de tabaco, aNicotiana tabacum, é orixinaria da zona doplanalto andino e que chegou aoCaribe uns 2 000 ou 3 000 anos antes de Cristo. CandoColón chegou aAmérica, a planta xa se estendera por todo o continente e case todas as súas tribos e nacións tiveran contacto co tabaco e tiñan con el unha relación máis ou menos intensa.
O28 de outubro de1492 foi unha data clave na historia do tabaco. Ese día, Colón e as súas naves chegaron á baía de Bariai, cacicado de Maniabón, na costa noroeste da illa deCuba, ao norte da actual provincia de Holguín. «...Es aquella isla la más hermosa que ojos hayan visto...», escribiría logo Colón no seu diario, impresionado polo esplendor e a variedade de cores que lle ofrecía a terra que acababa de descubrir.
Uns días máis tarde Colón, como era o seu costume, mandou a dous dos seus homes, Luis de Torres e Rodrigo de Xerez, a explorar a zona circundante e, se era posíbel, contactar cos emisarios doGran Khan. Colón aínda cría que chagara ás Indias, e a súa única obsesión era reunirse con ditos emisarios para levar a cabo a principal misión que lle encomendaran osReis Católicos: firmar un tratado comercial.
Entre os días 2 e 5 de novembro, os dous exploradores percorreron a zona próxima ao lugar de desembarco e encontráronse cos habitantes da illa, os indiostaínos. Unha das cousas que máis lles chamou a atención foi ver a homes e mulleres aspirando o fume duns cilindros de follas secas.
De regreso a Praia Branca, na baía, relatan a Colón o que viran e este fixo a seguinte anotación no seu diario o 6 de novembro de 1492:
...Iban siempre los hombres con un tizón en las manos (cuaba) y ciertas hierbas para tomar sus sahumerios, que son unas hierbas secas (cojiba) metidas en una cierta hoja seca también a manera de mosquete..., y encendido por una parte del por la otra chupan o sorben, y reciben con el resuello para adentro aquel humo, con el cual se adormecen las carnes y cuasi emborracha, y así diz que no sienten el cansancio. Estos mosquetes... llaman ellostabacos.
Hai que destacar as palabrascuaba,cojiba etabaco que utiliza Colón no seu diario. Crese quecojiba (taméncohiba,cohoba oucojoba) é a palabra taína que designaba omosquete ou rolo de follas secas que fumaban, o primeiro nome do cigarro.Cuaba fai referencia a un arbusto do Caribe que aínda hoxe se utiliza no campo para transportar lume dun lugar a outro e para prender fogueiras, debido á súa extremada combustibilidade. Pola súa parte,tabaco era o nome do tubo en forma de «Y» co que os indios aspiraban tabaco en po, aínda que hoxe úsase esa palabra en Cuba e na República Dominicana para o «cigarro».
Contra1560 o tabaco era xa coñecido enCastela ePortugal. Neste último país, para eses anos, estaba como embaixador deFrancia o cabaleiroJean Nicot, quen se interesou pola exótica planta. Cando o mencionado embaixador regresou ao seu país, levou consigo follas de tabaco para obsequiar á raíña Catarina de Medicis (a esposa deFrancisco II) polo que recibiu o nome de "herba da raíña", "nicotiana" ou "herba do embaixador".
En1584 un dos máis célebres aventureiros ingleses, SirWalter Raleigh, fundou enAmérica do Norte a colonia deVirxinia e adquiriu dos indíxenas o costume de fumar en pipa (a pesar da opinión do rei Xacobe).
Noutras nacións como oXapón,Rusia, aChina ouTurquía, pasouse da sanción moral a medidas máis drásticas. O sultán turcoMurad IV mandou executar numerosos fumadores. En 1638 as autoridades chinesas ameazaban con decapitar a quen traficase con tabaco.
Máis recentemente, os primeiros cigarros envoltos en papel manufacturados e empaquetados chegaron aEspaña contra1825.[Cómpre referencia] En1833 apareceron os primeiros paquetes (cajetillas) e empeza a denominarse «cigarrillo» o «cigarrito», que provén da palabra «cigarro» (o cigarro puro), chamado así pola súa similitude cunhacigarra (chicharra). Introducido por mercadores procedentes doBrasil, proseguiu a súa expansión por Portugal e máis tarde por todaEuropa.
AGuerra de Crimea serviu para popularizar oscigarrillos (cigarettes) entre as tropas francesas, imitando os turcos que fumaban en pipa. En1830 en España esténdese o consumo decigarrillos, especialmente entre as mulleres, e o «papel español para cigarritos» é coñecido e apreciado en toda Europa, aromatizado con licor e estampado con vivas cores. Aínda que o auténtico auxe prodúcese coa máquina de vapor estadounidense Bonsack, que era capaz de lear millóns decigarrillos, invento deJames Albert Bonsack cuxa patente comprouJames Buchanan Duke en1885. Nas frontes de guerra popularizouse durante aGuerra franco-prusiana de1870.
Ospitos foron, desde entón, de gran valor nas guerras e nas situacións de crises económicas. Durante asegunda guerra mundial chegáronse a pagar 400francos por uncigarette. Durante os días seguintes ás revoltas enRomanía que derrocaron ao réximecomunista, o pito converteuse en moeda de cambio habitual.[Cómpre referencia]
A normativa do tabaco até agora só contempla os límites denicotina,alcatrán emonóxido de carbono; porén, segundo diversas investigacións descubríronse sobre 4.000 substancias químicas, das cales unhas 40 delas poden seren canceríxenas para o home.[2][3].
A seguir relaciónanse algunhas das substancias do tabaco:[4]
Nicotina: a nicotina considérase asubstancia química que provoca a adicción aos cigarros. Algunhas estatísticas reflicten que a nicotina é tan adictiva como acocaína.[5]
Alcatrán: o alcatrán é unha das causas docancro xa que ao inhalar o fume do cigarro este deposítase nos pulmóns.[6]
Amoníaco: o amoníaco é un gas incoloro cun olor moi característico, máis comunmente coñecido como compoñente dos produtos de limpeza.[7]
Butano: este gas utilízase, entre outras cousas, como combustíbel doméstico, para dar calor para cociñar ou para as estufas.
Metano: combustíbel doméstico (gas natural) e para foguetes espaciais.
Monóxido de carbono: o monóxido de carbono, que tamén podemos encontrar no fume de do escape dos vehículos automóbiles, é o máis prexudicial para as mulleres embarazadas xa que limita o oxíxeno do corpo.[9]
O consumo habitual de cigarros causa unha forte dependencia ánicotina dependendo da frecuencia e cantidade que se use, chegando a ser unha droga que produce maior adicción que o opio, a cocaína e outras drogasduras.
Os cigarros afectan de forma moi negativa á saúde. O seu uso por mulleres embarazadas mostrou relación co aumento na mortalidade e defectos no acabado de nacer.[10][11]
Ademais, contén substancias tóxicas como omonóxido de carbono,arsénico oualcatrán e se demostrou a súa relación causal en diversos tipos decancro; así mesmo considérase un factor de risco cardiovascular.[12] e causa de enfermidades respiratorias como aEPOC (Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica). Así mesmo, afecta aos órganos reprodutores, producindo disfunción eréctil en fumadores activos e pasivos.[13]
O consumo de cigarros se considérase causante da maior taxa de mortes evitábeis no mundo.
O día17 de decembro de2004,Bután converteuse no primeiro país do mundo en prohibir a venda e o consumo de cigarros.[14] Os seus habitantes poden importalos para o seu uso persoal, pagando un imposto do 100 % do seu prezo, e poden fumalos só na privacidade dos seus fogares.
O cigarro electrónico[15] é un dispositivo de orixe chinesa con forma depito, unha das alternativas para combater otabaquismo, aínda que non ten unha eficacia demostrada. Foi unha innovación que se estendeu polo mundo xa que con el se pode ir baixando pouco a pouco a adicción ao tabaco. Este cigarro consta de tres partes principais:
Os cartuchos recargábeis (filtros) os cales poden levar desde sabores como amorodo, chocolate, limón ou menta, até sabor a tabaco, e nicotina en diferentes proporcións para ir reducindo a síndrome de abstinencia. Os cartuchos duran aproximadamente o mesmo que 5 cigarros, dependendo do modelo de cigarro electrónico.
O atomizador, que é a parte que conecta o cartucho coa batería; é unha resistencia que se quenta e é a que emite o vapor.
A outra parte é a que contén a batería recargábel.
Tamén ten un indicador luminoso que se acende cada vez que se lle dá unhacalada simulando como se ilumina un cigarro real.
O cigarro emite vapor, a unha temperatura de entre 400 °C e 600 °C, o que simula o fume real. De momento véndese como unha solución para fumar, ou para non prexudicar a saúde, pero a OMS (Organización Mundial da Saúde) aínda non certificou que se demostrase que non teña ningún efecto secundario, nin que sexa daniño para a saúde.