Cidade do Cabo ten os ingresos familiares máis altos de Suráfrica,[7] a taxa de desemprego máis baixa,[8] o nivel máis alto de investimento en infraestruturas,[9] o mellor rendemento na prestación de servizos,[10] o maior atractivo turístico,[11] e o mercado inmobiliario máis robusto.[12]
Os restos máis antigos da presenza humana na rexión atópanse na Cova Peers, e teñen uns 12.000 anos. Non existe documentación sobre os pobos que habitaron a zona até que o navegante portuguésBartolomeu Dias mencionou a rexión en1486.Vasco da Gama tamén rexistrou o avistamento doCabo de Boa Esperanza en1497.
En 1688 uníronse aos holandeses 150 hugonotes franceses fuxidos de Francia e algo máis tarde chegaron algúns soldados alemáns ata chegar a arredor de 1000 brancos. E xa que os indíxenas rexeitaban traballar para os holandeses, estes importaron traballadores escravos deMadagascar,India,Malaisia eIndonesia, ao seren poucas as mulleres europeas, os holandeses empregaban as mulleres asiáticas como escravas sexuais, co tempo os escravos uníronse cos khoisas, dando orixe á actual poboación deColorados do Cabo, ao tempo que osmalaios do Cabo tamén chegaron ata hoxe. Os ingleses ocuparon a cidade no1795, nese momento a poboación branca era uns 21.000 persoas con 25.000 escravos.
Despois dun breve período de dominio holandés entre1803 e1806, e pasou oficialmente á coroa o13 de agosto de1814 tornouse a capital da colonia británica do Cabo. En 1820 chegaron 5.000 colonos británicos. O descubrimento de ouro e diamantes na área deHighveld entre 1870 e 1880 implicou que a cidade deixara de ser a maior do país, pero como o principal porto do país, converteu a cidade no principal destino dos beneficios do mineral, industrializándoa.
Apeste de 1901 serviu de escusa para a política de segregación racial, trasladando aos africanos a dúas localidades da periferia, agravándose a situación coa implantación doapartheid en1948.
Cidade do Cabo ten unclima mediterráneo cálido (Csb segundo aclasificación climática de Köppen),[13][14][15]con invernos suaves e moderadamente chuviosos e invernos quentes e secos. O inverno, que dura dende comezos de xuño até finais de agosto, pode ter grandes frontes frías que entran dende oocéano Atlántico conprecipitacións abondosas e ventos forte donoroeste. Os meses de inverno na cidade teñen unha temperatura media máxima de 18 °C e unha mínima de 8,5 °C[16]A precipitación total anual da cidade é duns 515 mm, aínda que nos barrios do sur, preto das montañas, a chuvia pode ser significativamente maior e achegarse aos 1000 mm. O verán, que dura dende decembro até marzo, é cálido e seco cunha temperatura media máxina de 26 °C e cunha mínima de 16 °C. A rexión pode chegar a ter unha calor abafante cando o "vento da montaña" sopra dende o interior. A primavera e o verán xeralmente reciben ventos fortes do sueste que elimina a contaminación do aire da cidade. Este vento está causado por un sistema de altas presións moi persistente sobre o Alántico sur até o oeste da cidade. Cidade do Cabo ten unhas 3 100 horas de sol anuais.[17]
A temperatura da auga pode variar moito, entre os 10 °C no litoral atlántico e os 22 °C nabaía Falsa. A diferenza doutras partes do país, a cidade non ten moitas tormentas, e a maioría das que se producen, ocorren entre outubro a decembro e de marzo a abril.
Gráfica de evolución demográfica de Cidade do Cabo entre 1658 e 2021
Os datos dos censos de 1996–2011 amosan a poboación da área metropolitana da gran Cidade do Cabo tralas reformas de 1994.Fontes: Censos de 1658–1904[20] 1936,[21] 1950–1990,[22] 1996,[23] 2001 e 2011;[24]2007.[25] Estimación do censo de 2021.[26]
Segundo datos do Censo Nacional de Suráfrica de 2011, a poboación de Cidade do Cabo era de 3 740 026 persoas (incluíndo toda a área metropolitana). Isto representa un aumento dun 2,6% ao comparalo co censo de 2001, no que se contabilizaron 2 892 243 habitantes.[27] No censo tamén houbo unha pregunta referida álingua materna, sendo o 35,7% falantes deafrikaans, o 29,8% dexhosa e o 28,4% deinglés. O 24,8% da poboación atopábase na franxa de idade por debaixo dos 15 anos e tan só o 5,5% tiña 65 anos ou máis.[27] Por cada 96 homes había 100 mulleres.[27]
Na enquisa comunitaria de Cidade do Cabo levaba a cabo en 2016, extraeuse que había 4 004 793 habitantes na zona metropolitana de Cidade do Cabo, dos cales o 42,6% se identificaron como negros africanos, o 39,9% como mestizos ("coloured"), o 16,5% como brancos e o 1,1% como asiáticos.[28]
Na enquisa xeral de fogares de 2015, o 82,3% dos participantes se identificou comocristián, o 8% comomusulmán, o 3,8% como practicante dalgunharelixión tradicional africana e o 3,1% como "nada en particular".[29]
Cabo de Boa Esperanza. Localizado ó sur da cidade, é un espazo natural protexido, cunha gran riqueza de flora. Este cabo é o que lle dá o nome á cidade. Durante séculos foi considerado o límite entre os océanos Atlántico e Índico.
Montaña da Mesa(Table Mountain). A cidade está dominada por esta montaña, cuxo punto máis alto é unha meseta de 3 quilómetros de anchura. A montaña posúe unha flora e fauna autóctonas polas que foi declaradaParque Nacional ePatrimonio da Humanidade. O turismo acode á montaña por estrada ou teleférico por mor das súas famosas vistas da cidade. En novembro de2011 a Montaña de Mesa foi declarada unha das sete marabillas naturais do mundo.
Victoria & Alfred Waterfront. É o corazón histórico do primitivo porto comercial da cidade, que actualmente acolle museos, centros comerciais, un acuario e a terminal marítima na que se collen os barcos que levan áilla Robben. Está considerado o punto turístico con máis visitas de todaSuráfrica.
Illa Robben. Nesta illa houbo unha prisión dende o século XVII. Nela cumpriron cadea moitos opositores ó réxime doapartheid durante a segunda metade do século XX.Nelson Mandela pasou alí 36 anos antes de ser posto en liberdade. En1999 foi declaradaPatrimonio da Humanidade.
As praias. As 26 praias que rodean Cidade do Cabo son un destino turístico de primeira orde por mor do clima soleado e a fermosura natural da zona.
Parlamento de Suráfrica.
Parlamento de Suráfrica. Acolle dende1910 a Asemblea Nacional (cámara baixa) e o Consello Nacional de Provincias (cámara alta), malia que a sede do goberno surafricano está na cidade dePretoria.
Grand Parade. É unha gran praza pública situada no centro da zona histórica da cidade. Nela atópanse edificios como a Casa do Concello de Cidade do Cabo, construído en1905, ou o Castelo de Boa Esperanza, monumento nacional do século XVII.
Cabeza de León(Lion's Head). É unha montaña de 669 metros de altitude situada preto do centro histórico da cidade. Ó seu carón atópase aSignal Hill, un outeiro de 350 metros de altitude no que se atopa o Observatorio Astronómico de Suráfrica.
Catedral de San Xurxo. Trátase dun templo anglicano, sede do Arcebispado de Cidade do Cabo. A súa construción comezou en1901, e considérase o edificio relixioso máis salientable da cidade.
Galería Nacional de Suráfrica. É un museo de arte situado no centro histórico da cidade, que acolle esculturas e pinturas correspondentes ós séculos XVII, XVIII e XIX, malia que tamén organiza mostras de arte contemporánea.
Vista panorámica dende aTable Mountain. Á esquerda atópase aLion's Head. Ó seu carón, no centro da imaxe, aSignal Hill. Na parte alta da imaxe vese aRobben Island. Na parte dereita pódese ver o comezo da zona histórica de Cidade do Cabo, coV&A Waterfront. Nesta imaxe tamén aparece oCape Town Stadium.
A educación pública primaria e secundaria de Cidade do Cabo está dirixida polo Departamento de Educación do Cabo Occidental (oWestern Cape Education Department). Este departamento provincial divídese en 7 distritos.
O sistema público de universidades que ten Cidade do Cabo é moi prestixioso. A cidade ten 3 universidades públicas: a Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town) creada en1829, a Universidade do Cabo Occidental (University of the Western Cape) creada en1959, e a Universidade Tecnolóxica da Península do Cabo (Cape Peninsula University of Technology) creada en2005 como resultado da fusión de dúas universidades tecnolóxicas máis antigas. Outro centro académico de prestixio é a Universidade de Stellenbosch (Stellenbosch University), situada a uns 50 quilómetros do centro da cidade, que foi creada en1866.
O equipo derugbyWestern Province é o máis laureado do campionato de liga surafricano, aCurrie Cup, con 32 títulos dende1889. Os mesmos xogadores deste equipo compiten baixo a denominaciónStormers na máxima competición de rugby doHemisferio Sur, oSuper Rugby, fronte a outros equipos surafricanos, australianos e neozelandeses. Ámbolos dous conxuntos disputan os seus encontros noNewlands Stadium, alcumadoa casa do rugby surafricano. Este estadio ten capacidade para acoller 50.900 seareiros, e acolle regularmente encontros da selección surafricana de rugby, alcumada osSpringbok.
No tocante ófútbol, os dous equipos máis salientables da cidade son oSantos Football Club e oAjax Cape Town, ámbolos dous equipos habituais na máxima categoría daPremier Soccer League. O Santos FC chegou a gañar a liga surafricana na tempada 2001-02, mentres que o Ajax CT foi subcampión de liga nas tempadas 2003-04, 2007-08 e 2010-11.
↑Bruyn, Pippa de (5 de febreiro de 2016)."The world's best cities".Telegraph.co.uk. Arquivado dendeo orixinal o 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2018.
↑Rohli, Robert V.; Vega, Anthony J. (2011).Climatology.Jones & Bartlett Learning (Sudbury, MA). p. 250.ISBN9781449649548. Arquivado dendeo orixinal o 21 de novembro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2016.
↑"Cape Point (South Africa)".Global Atmosphere Watch Station Information System (GAWSIS). Arquivado dendeo orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 20 de maio de 2014.
↑"Climate data: Cape Town".Old.weathersa.co.za. 28 de outubro de 2003. Arquivado dendeo orixinal o 14 de marzo de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2011.
↑Worden, Nigel; van Hyningen, Elizabeth; Bickford-Smith, Vivian (1998). David Philip Publishers, ed.Cape Town: The Making of a City. Claremont, Cidade do Cabo, Suráfrica. p. 212.ISBN0-86486-435-3.
↑Malherbe, E.G. (1939).Official Year Book of the Union of South Africa and of Basutoland, Bechuanaland Protectorate, and Swaziland.Union of South Africa20 (Pretoria). p. 1044.
↑Farrar, Thomas J.; Falake, Khanyisane A.; Mebaley, Adriel; Moya, Mandisi D.; Rudolph, Ivor I. (2019). "A Mall Intercept Survey on Religion and Worldview in the Cape Flats of Cape Town, South Africa".Journal for the Study of Religion32 (1). pp. 1–30.ISSN1011-7601.doi:10.17159/2413-3027/2019/v32n1a3.