| Cidade Vella da Coruña | |
|---|---|
Murallas no Paseo do Parrote, xusto embaixo doXardín de San Carlos | |
| Concello | A Coruña |
| Coordenadas | 43°22′12″N8°23′31″O / 43.370099,-8.392063 |
| Poboación | 2563[1] hab. (2015) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
ACidade Vella daCoruña correspóndese co primitivo asentamento urbano e está declaradaMonumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo. Foi declarada conxunto histórico-artístico polo decreto 29/1984 do 29 de maio.[2] O proceso de peonalización comezou en agosto de 2014[3] e culminou en xuño de 2018.[4]

A orixe da Cidade Vella da Coruña provén da fundación oficial da vila en xuño de 1208. Nos seus inicios a cidade consistía nun núcleo situado arredor daigrexa de Santa María e o pequeno barrio portuario do Parrote, coaigrexa de Santiago. Foi durante varios séculos o conxunto da cidade ata que o crecemento da poboación superou o recinto amurallado.
Ao longo dos séculos XVI e XVII a cidade viu xurdir os núcleos de San Tomé, barrio agrícola, e aPescadería, que se converteu na zona mercantil de comercial. Nese tempo a Cidade Alta era a zona máis nobre da Coruña e concentraba os principais edificios públicos, como o Concello, aCasa da Moeda e aReal Audiencia. Fóra do recinto tivéronse que instalar os conventos deSan Domingos eSan Francisco, debido ás restricións lexislativas.
As fortificacións que protexían o recinto da Cidade Vella tiveron a súa orixe no reinado deHenrique III, nos últimos anos doséculo XIV. Consérvanse restos dasmurallas defensivas, así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do paseo do Parrote, fronte á baía: a porta de San Miguel, construída en1607 fronte aocastelo de Santo Antón, a porta do Cravo, que se atopa fronte ao Xardín de San Carlos, e que foi construída en1676 e a porta da Cruz ou do Parrote, fronte aoPalacio da Capitanía Xeneral, que é tamén do ano 1676. Tamén se conserva o baluarte coñecido como aFortaleza Vella, que é o actualXardín de San Carlos.
No interior das murallas atópanse aigrexa de Santiago, a máis antiga da cidade, e aColexiata de Santa María do Campo, ademais doutros dous edificios relixiosos, os conventos deSan Domingos e deSanta Bárbara, napraza das Bárbaras. Xunto ápraza de Azcárraga está opalacio de Capitanía.
Na Cidade Vella da Coruña están tamén as que foron residencias deRosalía de Castro,José Cornide eFrancisca Herrera Garrido. As casas deMaría Pita eEmilia Pardo Bazán foron convertidas en casas-museo. A última é ademais a sede daReal Academia Galega.
Fóra do núcleo central están oMuseo Militar, aCapela da Venerable Orde Terceira, o antigo Hospital Militar (actualHospital Abente y Lago), aFundación Luís Seoane e o reitorado daUniversidade da Coruña.
| A Galipedia ten unportal sobre:A Coruña |