Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo doInstituto Nacional de Estadística do ano2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².
O municipio de Cidade Real comprende catro núcleos de poboación, Cidade Real, Las Casas, Valverde e La Poblachuela. Cidade Real está urbanisticamente separada por escasos metros da veciña localidade deMiguelturra, formando un continuo demográfico. Cidade Real atópase na rexión histórica daMancha, concretamente na comarca natural doCampo de Calatrava, caracterizada por toda unha chaira e situada na submeseta sur daPenínsula Ibérica, ao bordo dun extenso territorio que presenta a particularidade do relevo e os fenómenos volcánicos. Así, pódense observar formacións do relevo que adoitan recibir o nome de "morro" ou "cabezo" e cráteres hidromagmáticos de explosión oumaar, que ás veces albergaban lagoas. Estas, en ocasións, foron desecadas na segunda metade doséculo XIX como consecuencia das ideas e políticas hixienistas ou miasmáticas da época, como a de Los Terreros, onde se atopa actualmente a Facultade de Educación.
A zona centro-sur de Cidade Real atópase emprazada sobre dúasmaares, cuxos fondos de cráter sitúanse na praza do Pilar e na fonte do Hospital Xeral. No seu termo municipal, atópanse outros maares ou cráteres de explosión, como o da lagoa de La Posadilla (tamén chamado de Fuentillejos), declarada Monumento Natural.
Outros fenómenos son as augas agres, fervedoiros e baños termais. O relevo do termo municipal é chairo con lixeiras ondulacións e con pequenos outeiros volcánicos ademais de pequenas serras cuarcíticas. Orío Guadiana suca este territorio represado para o regadío noencoro de El Vicario.
De acordo coaclasificación climática de Köppen, o clima de Cidade Real é en xeralsemiárido frío de tipo BSk, aínda que está moi preto do límite coclima mediterráneo de tipo Csa. Outras fontes describen o clima de Cidade Real como mediterráneo continentalizad, diferenciándoo do clima mediterráneo típico (que se dá en zonas próximas á costa), por ter unha maior amplitude térmica anual debido á súa altitude e distancia do mar. A precipitación media anual é duns 400 mm, cun mínimo marcado no verán (como é común nos climas mediterráneos) e un máximo no outono e comezos do inverno e, en menor medida, na primavera. As nevadas no inverno son ocasionais. O verán é moi cálido, mentres que o inverno é moderadamente frío.
O censo de Cidade Real é de 74.798 habitantes (INE 2014). Debido ao gran número de estudantes daUniversidade de Castela-A Mancha (UCLM) e de persoas residentes non empadroadas, a poboación de Cidade Real dispárase ata as 80.000 persoas aproximadamente e chegaría ata os 100.000 habitantes contando a súa área metropolitana, o que supón unha porcentaxe moi elevada de poboación vinculada. Isto motivou diversas campañas do Concello de Cidade Real para aumentar o número de empadroamentos na cidade.
Cidade Real está gobernada polo Concello de Cidade Real, cuxos representantes se elixen cada catro anos por sufraxio universal de todos os cidadáns maiores de 18 anos de idade. O órgano está presidido (2015) pola alcaldesa de Cidade Real,Pilar Zamora.
Actualmente un dos dous concelleiros elixidos por Ciudadanos é un edil non adscrito no consistorio.