Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ciclo Atkinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O motor deciclo Atkinson é un tipo demotor de combustión interna, inventado porJames Atkinson en1882. O ciclo Atkinson deseñouse para ofrecer maioreficiencia a expensas dapotencia, estanse empezando a aplicar nas aplicacións híbridas modernas.

Ciclo rotativo Atkinson

[editar |editar a fonte]
Máquina de ciclo rotativo Atkinson

O ciclo Atkinson pode usarse nunhamáquina rotativa. Este tipo de máquina retén unha fase de potencia por revolución, xunto cos diferentes volumes de compresión e de expansión, do ciclo orixinal Atkinson. Osgases de escape se expelen da máquina porar comprimido. Esta modificación do ciclo Atkinson permite o uso alternativo de combustible tipoDiésel ehidróxeno.

Deseño

[editar |editar a fonte]
Ciclo termodinámico dun motor Atkinson.

O motor de ciclo Atkinson orixinal, está baseado no deciclo Otto.

O ciclo de Atkinson ideal consta dos seguintes pasos:

  1. Compresión adiabática
  2. Adición de calor a volume constante
  3. Expansión adiabática
  4. Rexeición de calor a presión constante

A relación de expansión difire da de compresión, iso provoca que poida alcanzar maior eficiencia que un motor de ciclo Otto. Mentres que o motor que deseñou Atkinson non é máis que unha anécdota histórica, o ciclo Atkinson esta sendo implantado en novos motores grazas a que ofrece unha importante redución decombustíbel, con respecto ao ciclo Otto.

A desvantaxe dun motor con ciclo Atkinson sobre o tradicional de ciclo Otto, é que ofrece menos potencia.

Actualmente existen varios modelos de coches que montan un motor de ciclo Atkinson, todos eles en combinación conmotores eléctricos, dando lugar aos chamados coches híbridos. Entre estes vehículos destacan o Toyota Prius e o Ford Escape.

Ciclos de combustión externa
Ciclos decombustión interna
Combinacións de ciclos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ciclo_Atkinson&oldid=5753737»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp