Chupa Chups é unha empresacatalá fundada polo confeiteiro catalán Enric Bernat en 1958[1] e adicada á fabricación de doces. En2006, a compañía foi adquirida polo grupoitaliano Perfetti Van Melle.[2]
A idea do chupa-chups xurdiu cando Enric Bernat tentou deseñar uncarambelo para os nenos de forma que estes o puideran comer sen mancharse as mans. Así, apareceu o primeiro chupa-chups, que consistía nunha bóla doce fixada a un pau de madeira. Anos despois substituiríase o pau de madeira por un de plástico. Os primeiros chupa-chups podían elixirse entre un total de sete sabores e custaban unhapeseta[3].
Para buscarlle un nome ao seu produto, Enric Bernat contratou a unha axencia depublicidade, que lle suxeriu o nomeChups. Isto, xunto coa canción publicitaria para promocionar a lambetada ("chupa, chupa, chupa, chupa Chups!") deu lugar ao nome co que se designa hoxe en día[4].
Inicialmente a compañía contaba cunha fábrica enAsturias,Asturias S.A.. En1967 inaugurou unha nova planta en Sant Esteve de Sesrovires (Barcelona) e ese mesmo ano decidiu establecer a súa primeira filial en Francia[3]. Coa intención de abrirse ao mercado internacional, a empresa encargou aSalvador Dalí deseñar un novo logo para o produto. Foi así como xurdiu o logo damargarida que hoxe é mundialmente coñecido. A publicidade inicial que apareceu co logo foi a frase"És rodó i dura molt, Chupa Chups" (É redondo e dura moito, Chupa Chups)[5].
Con máis de 100 sabores entre os que elixir,Chupa Chups factura ao ano 414 millóns de euros coa venda de 3.780 millóns de carambelos[6]. Entre os seus récords figura ser o primeiro caramelo con pau consumido no espazo (a bordo daestación espacial MIR).