Achula[1] é unhatorta elaborada confariña,ovos eleite, que se frixe natixola e á que se lle pode engadirazucre. É un doce semellante áfilloa, porén máis pequeno e groso. É unha sobremesa tradicional deGaliza e das súas zonas de influencia, porén existen variantes en todo o mundo coñecidas comapancakes en inglés,tortitas en español, eblini (Блины) en ruso.
O termo galego chula é moi xenérico, e refírese a calquera masa feita na tixola con ovo: pan rebozado en ovo, frito en aceite; torta de arroz; e as máis das veces defínese coma unhaalbóndega esmagada de carne ou peixe picado que se forma con ovo batido e especias, o que se coñece hoxe como unhahamburguesa[2][3].
Xa os antigos gregos facían tortas semellantes ás chulas efilloas.
En Galiza seica a súa orixe proveña da celebración doSamaín[4] a festacelta do final da colleita; que derivou no actualEntroido. Nalgúns concellos galegos, o mesmo que ocorre coas filloas, realízanse certames gastronómicos dedicados ás chulas coma o da parroquia deMoscoso no Concello dePazos de Borbén.[5][6]
A chula máis sinxela leva como ingredientesleite,fermento,ovo eazucre. O xeito de preparación consiste en preparar a masa e deixala repousar polo menos unha hora para que levede. Vértese o aceite na tixola para a masa aboie, e empézase a cociñar no intre no que estea moi quente. Finalmente adóitase servir con azucre ou canela por riba.[7] É a receita típica de Ourense, ou en lugares comoCasfigueiro ouXegunde enLugo.
Doces semellantes ás chulas existen hoxe en día en todo o mundo, sendo zonas de orixe Rusia e Gran Bretaña. En ruso coñécense comablini (Блины) e cómense polo almorzo con crema agria. En inglés coñécense comapancakes (nosEstados Unidos taménhotcakes,griddlecakes ouflapjacks). En castelán coñécense comatortitas (España),panqueques oupanquecas (América Latina)[8], e en todos os casos consiste nun pan plano redondo doce, cuxa masa base contén usualmente leite,manteiga, ovos, fariña, fermento, azucre e quizais unhaespecia,esencia ou extracto (canela, por exemplo).
Acompáñanse normalmente denata,marmelada,crema inglesa,compota exaropes (amorodo, chocolate,pradairo, caramelo etc.),doce de leite (América latina). Adóitanse tomar de sobremesa, aínda que ás veces se toman polo almorzo ou a merenda. En América Latina oscanelóns tamén se preparan coa masa depanqueque enrolándoa e enchéndoa deacelga,ricota oupolo. EnMéxico chámansehotcakes, sendo almorzos populares nos restaurantes de todo o país. EnAustralia eNova Zelandia, pequenas chulas (de aproximadamente 75mm de diámetro), coñecidas comopikelets tamén son de alto consumo, servidas con marmelada ou unicamente con manteiga durante oté do serán ou da mañá.