Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Chukotka (enruso Чуко́тский автоно́мный о́кругTxukotski Avtonomni Ókrug; Okrug autónomo de Chukotka), e enchukchi Чукоткакэн автономныкэн округ (Txukotkaken avtonomiken ókrug)) é undistrito autónomo deRusia. Atópase no extremo oriental deSiberia, onde vive o pobo doschukchis, e inclúe apenínsula de Chukotka. Está situada entre oocéano Ártico no norte e oocéano Pacífico no leste, e está separada deAlasca (América do Norte) poloestreito de Bering. Limita cos territorios rusos seguintes: a república deIacutia no oeste, ooblast de Magadán no suroeste e o distrito autónomo deKoriakia no sur. Ten unha extensión de 737.700 km² e unha poboación de 48.029 habitantes (2024),[1] cunha densidade de 0,07 hab/km². A capital éAnadir.
A economía de Chukotka está baseada sobre todo na exportación de materias primas (carbón, ouro, prata, platino etc.), a pesca (caviar) e os produtos manufacturados de pel. Porén todos os bens de consumo, alimentarios e industriais son importados de Rusia.