Gran parte do concello, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.
Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte dorío Jialing, que atravesa Chongqing e desauga noYangtzé.
Chongqing está situada sobre orío Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas doEncoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario oJialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.
A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio deteleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde1997, foron construídas numerosas pontes.
Climodiagrama de Congqing
O clima da cidade é de tiposubtropical húmido, e como no resto daAsia extremo-oriental a influencia domonzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19 °C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32 °C e as mínimas medias non baixar de 24 °C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6 °C, e as mínimas de 5 °C.