Achuvia[1] ouchoiva[2] é un fenómeno físico que consiste naprecipitación deauga sobre a superficie daTerra. Este tipo demeteoro fórmase nasnubes. Non todas as choivas chegan ao chan: algunhas evapóranse mentres están aínda a caer, nun fenómeno que recibe o nome devirga e acontece principalmente en períodos locais dear seco.
A choiva ten un papel básico nociclo hidrolóxico. A cantidade de choivas mídese usando un instrumento chamadopluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da choiva, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de choivas no lugar.
A chuvia é a precipitación de auga en forma de gotas. Cando estas alcanzan un diámetro superior aos 0,5 milímetros caen á terra pola gravidade a unha velocidade superior aos 3 m/s. A auga tamén pode descender á litosfera en forma de neve ou saraiba.
As gotas pequenas son caseesféricas, mentres que as maiores están achatadas. O seu tamaño oscila entre os 0,5 e os 6,35 milímetros, mentres que a súa velocidade de caída varía entre os 8 e os 32 km/h, dependendo do seu volume.
A cantidade de precipitación é a relación entre osmilímetros de auga e o tempo enhoras. Outro xeito de medir a intensidade pluvial é indicar o volume de auga pormetro cadrado.
A choiva adxectivízase segundo á cantidade de precipitación caída nunha hora (mm/h)[3]:
Medida das pingas de auga: A) As pingas non teñen a forma con que se adoitan a representar. *B) As pingas moi pequenas son case esféricas. *C) A parte inferior das pingas máis grandes achándase debido á resistencia do aire, cousa que lles dá a aparencia dunha bola redonda. D) As pingas grandes opoñen máis resistencia ao aire e isto fainas inestables. *E) As pingas moi grandes divídense debido á resistencia do aire.
O aire datroposfera contén vapor de auga, a cantidade do cal se pode medir en forma deproporción de mestura (proporción da cantidade do vapor de auga respecto da cantidade de aire seco).[4] Outra maneira máis común de medir o vapor de auga contida no aire é ahumidade relativa; é dicir, a proporción, en tanto por cento, da cantidade de vapor presente na atmosfera respecto da que esta pode soportar antes de saturarse. Cando se chega ao seu punto de saturación (100% de humidade relativa), o vapor de augacondénsase en forma de auga líquida, formandonubes ounéboa, sempre que haxa a presenza denúcleos de condensación (po,poles,aerosoles...), unhas partículas microscópicas extraordinariamente abundantes naatmosfera.
O vapor de auga que pode conter a atmosfera antes de saturarse depende, basicamente, dapresión atmosférica e datemperatura. En xeral, dada unha determinada presión atmosférica, o aire admite máis vapor canto máis alta é a temperatura. Polo tanto, un dos camiños que pode levar á saturación do aire é o arrefriado.
O aire húmido pódese arrefriar con varios mecanismos. O máis común é o arrefriado por ascenso: o aire ascende, e canto máis se eleva máis diminúe a súa temperatura. Esta baixada de temperatura é consecuencia do descenso dapresión atmosférica. Outro mecanismo de arrefriado pode ser a mestura dunha cantidade de aire cálido e húmido cunha máis fría.
O aire adquire humidade a partir de varias fontes, mediante aevaporación da auga da superficie dosocéanos,lagos eríos, e da transpiración das plantas. A evaporación da auga ten lugar cando se dá un contraste detemperatura.
Nunha nube quente, as gotas aumentan de tamaño por condensación do vapor de auga que as rodea e porcoalescencia[5] (a adición dunha ou máis pequenas pingas por colisión para formar unha pinga máis grande) con outras pingas. Mentres estas pingas diminutas non miden máis de 0,006 mm, son sostidas polos lixeiros movementos ascendentes doaire. O seu crecemento vai formando pingas máis gordas ata chegar un momento, ao redor de 0,5 mm dediámetro, que as correntes ascendentes son incapaces de sostelas en suspensión e caen en forma de choiva.
Nunha nube fría, se as pingas atopan núcleos de conxelación (que son moito menos habituais que os de condensación), transformaranse encristalis dexeo. Estes cristais crecerán por condensación, pero sobre todo poloefecto Bergeron,[6] e acabarán caendo capturando outros copos máis pequenos para aumentar o seu tamaño. Cando pasan por capas de aire que están por encima do punto de conxelación, os coposfúndense e continúan crecendo como as pingas das nubes quentes. As variacións datemperatura durante o seu percorrido poden ocasionar outras formas deprecipitación, como achoiva xélida ou asarabia.
Dependendo dahumidade relativa do aire que se atopa debaixo da nube, unha parte das pingas de choiva podenevaporarse antes de chegar a terra. Cando o aire é moi seco, a choiva evapórase completamente antes de chegar a terra e dá orixe ao fenómeno coñecido co nome devirga. Isto prodúcese a miúdo nosdesertos cálidos e secos, pero tamén alí onde a choiva provén de nubes con pouca extensión vertical.
É posible crear choiva artificial por nucleación de pequenas pingas de auga coa axuda dun produto químico que actúe como núcleo decondensación. Asementeira de nubes consiste en dispersar este axente á altura das nubes conavións oufoguetes. Nos países industrializados ou desenvolvidos, o réxime semanal da choiva é modificado polapolución; a precipitación é máis escasa durante a fin de semana[7] debido á diminución da presenza deaerosolessulfurados que actúan como núcleos de condensación das pingas de auga. Oquecemento global e o consecuentecambio climático que se está producindo, probablemente tamén alteran o réxime das choivas, pero dunha maneira que aínda non comprendemos con claridade debido á gran complexidade dos fenómenos meteorolóxicos.
A choiva de orixe orográfico prodúcese ó lado debarlovento das montañas cando ovento levanta o aire húmido domar ou das chairas ao atoparse unhacordilleira[10] no seu camiño, esta elevación do airehúmido provoca un arrefriado e unha condensación do vapor de auga que forma as nubes que provocarán a choiva. Este tipo de choiva prodúcese nas zonas tropicais, nas subtropicals e nas tépedas, e pode durar dunhas horas a poucos días; raramente alónganse durante semanas.
Este é o mecanismo que provoca algunhas das trombas de auga de outono na costa doPaís Valenciano e enCataluña: o vento delevante procedente do mar e cargado de humidade atópase coas cordilleiras costeiras (Cordilleira Litoral,cordilleira Prelitoral,serra de Irta,serra de Aitana) e é obrigado a subir formando nubes potentes que provocan choivas intensas. Tamén é a explicación de por que hai máis precipitación nas montañas. Segundo a disposición da cordilleira, é posible que a vertente dos ventos dominantes sexa moito máis húmida que a outra, causando unhasombra orográfica: o aire, ao perder a humidade, vólvese seco e cálido ao baixar pola outra vertente e aumentar a presión atmosférica.
A choiva de convección é un tipo de choiva que cae de nubes formadas porconvección; os procesos convectivos ocorren principalmente nas zonas tropicais e subtropicais, pero tamén na estación cálida das zonas tépedas, e a miúdo a partir da tarde e anoitecer; como nastreboadas deverán. A convección é causada polo quecemento do aire nunha zona determinada, o aire quente sobe e, a medida que ascende, vaise arrefriando. Se este aire quente é húmido, ao chegar a unha certa altura, o vapor de auga chega á súa saturación e condénsase formando nubes convectivas, por exemplo oscumulonimbus ou oscumulus congestus, en que se poderán producir os procesos de formación da choiva que producirán a precipitación. A medida e o tipo das nubes dependerán da intensidade das correntes ascendentes, da cantidade de aire e a súa humidade, e da temperatura e tipo de terreo. En condicións óptimas, unha treboada pódese formar en poucas horas. As choivas que se producen son en forma de chuvascos que varían rapidamente de intensidade; adoitan ser de curta duración e son moi localizados debido á pouca extensión horizontal que teñen as nubes convectivas. A precipitación desarabia asóciase a unha choiva de convección.
A choiva frontal ou estratiforme está causada polossistemas frontais (frontes frías e frontes cálidas) que acompañan asDepresión atmosférica|depresións atmosféricas, que se forman cando o aire quente, a miúdo tropical, atópase con aire máis frío de orixepolar. Este tipo de choiva prodúcese nas zonas tépedas e subtropicals, as súas nubes características son osnimbostratus.[12]
A choiva frontal prodúcese cando se atopan masas de aire de diferente densidade, humidade e temperatura; a demasiada máis densa ponse por baixo da menos densa en forma decuña obrigando ao aire a subir; ao subir o aire, arrefríase e prodúcese a condensación do vapor de auga que provocará as nubes e a choiva. O principio é similar ao que orixina as choivas orográficas, pero neste caso o obstáculo non é unha montaña senón outra masa de aire de diferente densidade.
Achoiva xeada é un tipo deprecipitación atmosférica líquida que se conxela ao instante cando toca a terra ou un obxecto. É moi perigosa porque forma unha capa dexeo sobre rúas e estradas. A choiva xeada fórmase nas nubes en forma de copos deneve, pero durante a súa caída atopa capas de aire por riba dos 0 °C efúndese completamente, pero atópase que a capa de aire que hai sobre a terra está por debaixo do punto de conxelación; e debido á tensión superficial das pingas e á velocidade de caída, non se volven a conxelar ata que non tocan a superficie terrestre. Isto ocorre especialmente noinverno en situación deinversión térmica.
A choiva ácida é un tipo de choiva que se caracteriza para ter uns niveis depH (a medida da acidez) inferiores aos normais, cousa que significa que é máisácida. A causa desta acidificación da choiva hai que atopala na mestura da auga cos produtos doxofre e donitróxeno que se atopan na atmosfera e que se ocasionan nacombustión, por exemplo aóxido nitroso, oóxido nítrico ou odióxido de xofre, que ao combinarse coa auga xeranácido nitroso,ácido nítrico, eácido sulfúrico. Este fenómeno produciuse na historia da terra debido áserupciones volcánicas, pero nos últimos tempos incrementouse dende que naRevolución Industrial se levou a cabo unha queima masiva decombustibles fósiles. Esta choiva mata as plantas e causa a desaparición de bosques enteiros.
Unha choiva torrencial é un chuvieiro extremadamente forte e violento, normalmente asociado a unha treboada e acompañado deraios e sarabia, de duración curta e sobre unha zona pequena. Estas choivas a miúdo causan inundacións, especialmente se coinciden cunrelevo axeitado para que se produza un efecto orográfico que incremente a cantidade da precipitación. Estas choivas prodúcense en nubes convectivas cun gran desenvolvemento vertical (cumulonimbus), ás veces de máis de 15 km, e a precipitación pode ser de 100 mm por hora.[13]
Achoiva de barro é unha choiva cargada de po, principalmentearxila, que deixa marcas de barro que manchan a terra, coches, etc. A causa son masas de aire procedentes dodeserto doSáhara que chegan a Europa cargadas de po; as partículas máis finas son levantadas a grandes alturas polo vento e chegan ás nosas latitudes e, cando chove, as pingas levan o po en suspensión.
Achuvia de animais é un fenómeno meteorolóxico extraordinario, que consiste na caída do ceo de numerososanimais, frecuentemente dunha soa especie. Esta precipitación atípica pode ou non estar acompañada de choiva común. Habitualmente, estaschoivas están compostas porpeixes ouras. A explicación estaría ligada á presenza detornados que chuparían os animais do mar ou ao pasar por encima dunha balsa, levantándoos a grande altura e transportándoos a grandes distancias.[14][15]
NoReino Unido, a maioría de choiva é levada ao país polos ventosalisios sur-occidentais que seguen as cálidas correntes dacorrente do Golfo. As zonas situadas nas costas occidentais poden recibir entre 1.000 mm (a nivel do mar) e 2.500 mm (na montaña) de choiva por ano. A cidadenorueguesa deBergen é unha das aglomeracións urbanas máis chuviosas de Europa, cunha precipitación anual media de 2.250 mm.
Segundo os datos deMeteoGalicia, a cidade galega con maiores precipitacións durante o mes de novembro de2019, mes especialmente chuvioso, foiPontevedra, con 410 litros por metro cadrado; seguida porSantiago, con 381 litros;Ferrol, con 361 litros;Vigo, con 330 litros;Lugo, con 280 litros;A Coruña, con 207 litros; eOurense, con 146 litros[16]. Como valor anual, os máximos de Galicia danse xeralmente enSanta Comba,Fornelos de Montes,Cuntis eLousame:
Unha cidade moi coñecida pola choiva éSeattle (Estados Unidos de América). A choiva é habitual no inverno, pero maioritariamente o clima é nubrado con pouca choiva. A precipitación media en Seattle é de 942 mm por ano,[18] menos que os 1.173 mm deNova York,[19] pero Seattle ten uns 201 días anubrados por ano, comparado con 152 en Nova York. A cidade veciña de Seattle cara ao sur,Portland, recibe máis choiva, cunha media de 1.143 mm por ano.[20] Aínda así, hai que remarcar que Seattle atópase nasombra orográfica das próximasmontañas Olympic, e algúns puntos dos lados debarlovento das montañas reciben preto de 3.300 mm por ano.[21] A cidade máis chuviosa dos 48 estados dos Estados Unidos éMobile, Alabama, cunha media de 1.702 mm de precipitacións por ano.[22]Ketchikan e outros lugares da selva pluvial tépeda do sueste de Alasca reciben unha media de 4.064 mm de choiva por ano,[23] e ás veces superan 5.000 mm por ano.
Cherrapunji, situada nas abas meridionais doHimalaia oriental enShillong (India) é un dos lugares máis húmidos da Terra, con precipitacións medias anuais de 11.430 mm. As precipitacións máis importantes rexistradas nun só ano serían os 22.987 mm de 1861.
A media sobre 38 anos deMawsynram (Meghalaya,India) é de 11.873 mm. Como Cherrapunji, a precipitación de Mawsynram concéntrase na estación domonzón, mentres que a choiva noutros lugares famosos polas choivas como Tutunendo e Waialeale repártese máis homoxeneamente ao longo do ano. Aínda así, como que en Mawsynram non hai ningunha oficina do departamento meteorolóxico, senón só un traballador do Departamento de Obras Públicas de Meghalaya que rexistra os datos sen supervisión, Cherrapunji é presentada a miúdo como o lugar máis chuvioso do mundo para fins estatísticos. Os expertos expresaron dúbidas sobre os datos das precipitacións. En 1850, Joseph Dalton Hooker, un médico da Royal Navy convertido en naturalista, que pasou os meses do monzón en Cherrapunji, rexistrou variacións. "Quedou perplexo polos patróns de choiva curiosamente localizados; moveu o seu indicador uns cantos centenares de metros e só rexistrou a metade que antes," escribiu Alexander Frater no seu libroChasing the Monsoon. Isto demostra que rexistrar as precipitacións nos lugares máis chuviosos do mundo sempre foi unha tarefa difícil para os meteorólogos.[24]
Lloró, unha aldea situado enChocó (Colombia), é probablemente o lugar coas precipitacións medidas máis significativas do mundo, cunha media de 13.300 mm por ano. De feito, todo o departamento de Chocó é extraordinariamente húmido.Tutunendo, unha pequena aldea situado no mesmo departamento, é outro dos lugares máis chuviosos do mundo, cunha media de 11.394 mm por ano; en 1974, o lugar recibiu 26.303 mm, as choivas anuais máis importantes nunca rexistradas en Colombia. A diferenza de Cherrapunji, que recibe a maioría de precipitacións entre abril e setembro, Tutunendo recibe a choiva distribuída case uniformemente ao longo do ano. Os meses de xaneiro e febreiro teñen treboadas un pouco menos frecuentes. De media, Tutunendo ten 280 días de choiva por ano. Máis de dous terzos da choiva (un 28%) cae durante a noite. A humidade relativa media é dun 90% e a temperatura media é de 26,4 °C.[25]Quibdó, a capital de Chocó, é a cidade con máis de 100.000 habitantes máis chuviosa do mundo: 9.000 mm por ano. As treboadas en Chocó poden deixar 500 mm de choiva nun día. Isto é máis do que cae en moitas cidades nun ano.
A pesar de queAustralia é ocontinente máis seco do mundo, omonte Bellenden Ker, ao nordeste do país, rexistra unha media de 8.000 mm por ano, e no ano 2000 rexistráronse máis de 12.000 mm de choiva.[26]
Melbourne ten unha reputación parecida á de Seattle. Na imaxinación popular, crese que é moito máis chuviosa queSydney; aínda así, Sydney recibe unha media de 1.213 mm de choiva por ano, en comparación cos 648 mm de Melbourne. En cambio, Sydney ten 46 días anubrados menos ao ano que Melbourne, con 133, en contraste cos 179 de Melbourne.[27][28]
Omonte Waialeale, na illa deKauai dasillas Hawai, ten unha media de máis de 11.680 mm de choiva ao longo dos últimos 32 anos, cunha marca de 17.340 mm en 1982. O seu cume é considerado un dos lugares máis chuviosos do mundo, e en textos turísticos promóvese dende hai moitos anos como o lugar máis chuvioso do mundo.[29]
↑Météo-France (ed.)."Coalescence".Comprendre la météo. Arquivado dendeo orixinal o 18-10-2019. Consultado o 20-12-2009.
↑Météo-France (ed.)."Effet Bergeron".Comprendre la météo. Arquivado dendeo orixinal o 18-10-2019. Consultado o 20-12-2009.
↑Cerveny, R. S., and R. C. Balling. Weekly cycles of air pollutants, precipitation and tropical cyclones in the coastal NW Atlantic region. Nature. 394, 561-563.
↑Orsy Campos Rivas inclúe esta explicación en forma gráfica («A ciencia contra o mito»), no artigo «O que a choiva regala a Yoro», que narra a choiva de peixes que ocorre anualmente enYoro (Honduras). Dispoñible en liña enElSalvador.comArquivado 02 de abril de 2012 enWayback Machine. («Falamos en liña»).
↑"La verdad sobre la lluvia en Galicia", enLa Voz de Galicia 2.12.2019.