Segundo alei internacional, ailla de Chipre no seu todo é unestado independente, maisde facto atópase dividida dende o15 de xullo de1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como aRepública Turca do Norte de Chipre, baixo protecciónturca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital enNicosia.
Chipre foi posto baixo a administración doReino Unido en base áConvención de Chipre en 1878 e foi anexada formalmente polo Reino Unido en 1914. O futuro da illa converteuse nun asunto de desacordo entre as dúas destacadas comunidades étnicas, osgrecochipriotas, que constituían o 77% da poboación en 1960, e osturcochipriotas, que constituían o 18% da poboación. A partir do século XIX, a poboación grecochipriota perseguiu aenose, a unión conGrecia, que se converteu nunha política nacional grega na década de 1950.[3][4] A poboación turcochipriota defendeu inicialmente a continuación do goberno británico, pero logo esixiu a anexión da illa a Turquía, e na década de 1950, xunto con Turquía, estableceron unha política detaksim, a partición de Chipre e a creación dunha entidade política turca no norte.[5]
A República de Chipre tende iuresoberanía sobre toda a illa, incluídas as súasaugas territoriais ezona económica exclusiva, coa excepción das vases áreas soberanas deAkrotiri e Dhekelia, que permanecen baixo o control do Reino Unido segundo osAcordos de Londres e Zúrich. Non obstante, a República de Chipre está de facto dividida en dúas partes principais: a zona baixo o control efectivo da República, situada no sur e o oeste e que comprende preto do 59% da superficie da illa, e o norte,[15] administrado pola autodeclaradaRepública Turca do Norte de Chipre, cubrindo preto do 36% da superficie da illa. O outro case 4% da superficie da illa está cuberto polaZona neutral das Nacións Unidas. A comunidade internacional considera que a parte norte da illa é territorio da República de Chipre ocupado polas forzas turcas.[a] A ocupación considérase ilegal segundo o dereito internacional e equivale a ocupación ilegal do territorio da UE desde que Chipre se converteu en membro daUnión Europea.[21]
O nome de Chipre ten unha etimoloxía algo incerta. Unha das teorías suxire que se trata da palabra grega para denominar a árbore coñecida como ciprés do Mediterráneo (engrego:κυπάρισσος/kypárissos), ou do nome grego da planta da henna (engrego:κύπρος/kypros). Porén outra teoría suxire que deriva da palabra da antiga lingua chipriota paracobre, debido aos grandes depósitos deste mineral que se atopan na illa, dándolle logo a través do comercio exterior o seu nome á palabra latina clásica de cobre a través da expresiónaes cyprium ou "metal de Chipre", máis tarde acurtado aCuprum. Debido á evolución histórica do nome quizais a forma correcta sería a de Cipro, en vez dogalicismo Chipre.
Chipre é tamén coñecida como a illa deAfrodita,Venus, ou do Amor, xa que segundo a mitoloxíafenicia, Astarté, deusa do amor e a beleza, que posteriormente foi identificada coa deusa grega Afrodita, naceu na costa de Pafos, ao oeste da illa. Os habitantes da illa son chamados chipriotas.
Chipre foi colonizada por diversas culturas ao longo da súa historia. Acivilización micénica chegaría preto do1600 a.C., estabelecéndose posteriormente coloniasfenicias egregas. O FaraónThutmose III deExipto someteu a illa no ano1500 a.C. e forzouna a pagar tributos, o que se mantivo até que o dominio exipcio foi substituído polo doshititas (que chamabanAlashiya a Chiprena súa lingua) noséculo XIII a.C. Trala invasión dospobos do mar (aproximadamente no1200 a.C.), os aqueos-gregos asentáronse na illa, actuando decididamente na conformación da súa identidade cultural.
Osasirios invadiron a illa no ano800 a.C., até que o faraón Amasis II a reconquistou no ano600 a.C., para daquela ser substituído polospersas tras a conquista de Exipto por parte destes.Salamina, a máis poderosa das distintas cidades-reino de Chipre nesa época rebelouse contra o dominio persa no ano499 a.C., baixo o Rei Onisilos. con todo, tanto esta rebelión como os consecuentes intentos gregos de liberar Chipre fracasaron, entre eles os do Rei Evágoras de Salamina, no ano345 a.C. No entanto, no ano331 a.C.Alexandre o Grande conquistou Chipre dos persas volvendo ao mundo helénico, logo axudándolle a conquistar Fenicia. Trala morte deAlexandre Magno, Chipre foi obxecto das rivalidades entre os xenerais que o sucederon, debido á súa riqueza e estratéxica situación, caendo finalmente baixo o dominio dostolomeos de Exipto. OImperio Romano, finalmente, apoderouse da illa no ano57 a.C.
En1931 comezan as primeiras revoltas a prol daenosis (unión de Chipre conGrecia). Trala fin dasegunda guerra mundial, os greco-chipriotas aumentan a presión pola fin do dominio británico. O Arcebispo Makarios lidera a campaña polaenosis e é deportado ásSeychelles en1956 tras unha serie de atentados na illa. En1960,Turquía,Grecia e oReino Unido, xunto ás comunidades turco-chipriota e greco-chipriota, asinan un tratado que declara a independencia da illa e a posesión británica das bases deAkrotiri e Dhekelia. Así pois Makarios asume a Presidencia, indicando a constitución indica que os turco-chipriotas estarán a cargo da vicepresidencia e terán poder de veto. Esa peculiar Constitución que lle foi imposta dificultou o funcionamento de Estado e as relacións entre greco e turco-chipriotas fixéronse tensas, desembocando nas explosións de violencia intercomunitaria de1963 e1967.
A República de Chipre entra como membro daUnión Europea en2004, ano no que se aplica un plan para a reunificación apoiado polasNacións Unidas. Con todo, o referendo é rexeitado polo 76% dos greco-chipriotas. Nas eleccións presidenciais, trala segunda volta dos comicios o24 de febreiro de2008, saíu vencedor, co 53,36% dos votos,Dimitris Christofias, secretario xeral do Partido Comunista de Chipre (AKEL, antes Partido Progresista dos Traballadores de Chipre), fronte ao 46,64% do exministro de Asuntos Exteriores Ioannis Kasulides. Un dos obxectivos da súa candidatura era a continuación das negociacións para a reunificación de Chipre.
Chipre é unha das grandes illas domar Mediterráneo (xuntamente coaSicilia,Sardeña,Córsega eCreta), a máis oriental de todas, localizada entre a costa sur daAnatolia e a costa mediterránea do Medio Oriente. Xeograficamente, pertence áAsia, aínda que culturalmente sexa unha mestura de elementos europeos e asiáticos, predominando os primeiros, dado o seu pasado grego e os dous terzos actuais de poboación de orixehelena. Atópase concretamente a 480 km ao leste deGrecia (costa oriental dailla de Rodas), 415 km ao norte deExipto, 130 km ao oeste deSiria e 94 km ao sur deTurquía. Mide 240 quilómetros de longo e 100 de ancho, con 648 km de costa.
Con 9.250 km², e unha illa montañosa, con dúas zonas accidentadas separadas por un val amplo (a Mesaoria), onde se ergue a capital,Nicosia. Ao suroeste érguense os montes Troodos, que abrigan o punto máis elevado da illa, omonte Olimpo, con 1.953 m de altitude. Ao norte érguense os montes Kyrenia, unha cordilleira bastante estreita que comeza na costa norte e que se prolonga cara ao leste na longa península que confire á illa a súa forma característica. Hai tamén pequenas chairas costeiras no sur.
Nicosia é a maior cidade e a capital coñecida internacionalmente. Outras cidades importantes sonLimasol na parte grega eFamagusta na parte turca. O clima é mediterráneo, con cálidos e secos veráns e invernos mornos en xeral, aínda que máis rigorosos nas alturas dos montes Troodos. A pluviosidade media anual é de 500 mm, representando as precipitacións de decembro a febreiro case dous terzos do total anual.
Xeopoliticamente, a illa atópase dividida en catro partes principais. ARepública de Chipre, o goberno recoñecido internacionalmente, ocupa os dous terzos meridionais da illa, concretamente 5.896 km². ARepública Turca do Norte de Chipre ocupa o terzo setentrional da illa, supoñendo 3.355 km², aínda que este estado só está recoñecido internacionalmente porTurquía. ALiña Verde, controlada polasNacións Unidas é unha zona tapón que separa ás dúas. Finalmente atópanse na illa dúas bases de soberanía británica,Akrotiri e Dhekelia.
Chipre é unharepública presidencial, onde o xefe do Estado e do goberno é o Presidente, que é elixido por un proceso de sufraxio universal para un mandato de cinco anos. Opoder executivo é exercido polo Goberno, o poder lexislativo recae na Cámara de Representantes, mentres que opoder xudicial é independente.
A Constitución de1960 prevía un sistema de goberno presidencial con executivos independentes, lexislativo e xudicial, así como un complexo sistema de controis e equilibrios, deseñando un coeficiente de participación para protexer os intereses dos turco-chipriotas. O executivo, estaba encabezado por un presidente greco-chipriota e un vicepresidente turco-chipriota, elixidos polas súas respectivas comunidades por períodos de cinco anos, posuíndo cada un dereito de veto sobre determinados tipos de leis e decisións executivas. Dende1964, tralos enfrontamentos entre as dúas comunidades, os asentos turco-chipriotas na Cámara permanecen vacantes, adoptando unha actitude ríxida contra calquera medida que faga que os membros das dúas comunidades vivan e traballen xuntos, de feito comprometéronse á separación física e xeográfica das dúas comunidades coma obxectivo político, o que resultou nunha política deliberada de auto-segregación.[22]
A Cámara de Representantes ten actualmente 59 membros elixidos para un mandato de cinco anos, 56 membros de representación proporcional e 3 membros observadores en representación das minoríasarmenia,latina emaronita. Os 24 escanos asignados á comunidade turca permanecen vacantes dende1964. O ambiente político está dominado polo comunista AKEL, o liberal conservador Dimokratikós Sinayermós, o centrista Dimokratikó Kómma, os social-demócratas EDEK e o centrista Partido Europeo.
Chipre gañou aindependencia doReino Unido no1960, co dereito doReino Unido,Grecia eTurquía de intervir nos asuntos internos do país. A República de Chipre é o goberno internacionalmente recoñecido da illa, e esta controla os dous terzos do sur da illa. Case todos os países estranxeiros e asNacións Unidas recoñecen a soberanía da República de Chipre sobre a enteira illa de Chipre.
Os chipriotas turcos, xunto conTurquía, non aceptan o poder da República no resto da illa e chámanlle a "Autoridade Grega do Sur de Chipre". Eles controlan o terzo norte da illa, continuando a ocupación militar porTurquía desde1974. O territorio Turco-Chipriota proclamou a súaindependencia no1975, e a República Turca do Norte de Chipre estableceuse no1983. Este acto foi soamente recoñecido porTurquía. Ademais disto, aOrganización da Conferencia Islámica deulle os status de membro, baixo o nome de "Plataforma Turco Chipriota".
O outro poder con territorio en Chipre é oReino Unido. Baixo o acordo de independencia, oReino Unido retivo dous pequenos territorios na costa sur da illa, ao redor deAkrotiri e Dhekelia, coñecidas coma bases áreas de soberanía británica. Son usadas para acoller bases militares.
Moitas negociacións foron mantidas para conseguir a reunificación da illa, mais non tiveron moito éxito. Un plan dasNacións Unidas, anunciado o 31 de marzo do 2004 enSuíza, propuxo un referendo separado en ambos lados o 24 de abril do 2004.
No referendo, a proposta reunificación foi favorábel no lado Turco por unha maioría de 2 a 1, mentres que no lado grego foi rexeitada por unha marxe de 3 a 1. Como resultado, mentres oficialmente todo o Chipre se uniría áUnión Europea o1 de maio de 2004, as fronteiras da Unión percorren pola Liña Verde, dividindo o país entre a parte Grega e a Turca. As leis da Unión non se aplican na parte turca. A Unión prometeu axudar e traballar para o levantamento das sancións económicas impostas polo Tribunal Europeo, pero eles levantaron o recoñecemento diplomático da rexión norte de Chipre.
Na madrugada do8 ao9 de marzo de2007, o goberno greco-chipriota comezou a derrubar parte daLiña Verde que separa ambos estados nun "sinal de boa vontade", segundo afirmou o voceiro gobernamental Christodoulos Pashardes, o que foi ben recibido polo líder turco-chirpiota Mehmet Ali Talat, aínda que se advertiu que a medida, con ser positiva, non é nin definitiva nin constitúe o final do conflito de ambas as comunidades.
Chipre ten catro enclaves, todos nun territorio pertencente áZona de Soberanía Británica de Dhekelia. Os dous primeiros son as vilas de Ormidhia e Xylotymvou. A terceira é a central nuclear de Dhekelia, que está dividida por unha estrada británica en dúas partes. A parte norte é un enclave, como as dúas aldeas, mentres que a parte sur atópase á beira do mar e polo tanto non é un enclave, aínda que non ten augas territoriais propias.
A economía de Chipre está claramente afectada pola división da illa en dous territorios. Ten unha economía altamente vulnerable, máis estabilizada trala entrada naUnión Europea, cunha forte dependencia dosector servizos e problemas de illamento con respecto aEuropa.
Nos últimos vinte e cinco anos, Chipre pasou de depender daagricultura (onde só a produción decítricos ten relativa importancia comercial), a ter unha estrutura máis acorde co contexto da Unión Europea, cunha presenza importante do sectorindustrial que sustenta a maior parte das exportacións e emprega o 25% da poboación.
Preto do 70% depende do sector servizos, e en concreto doturismo. A localización xeográfica preto deOriente Próximo provoca grandes oscilacións de ano en ano á hora de converterse en destino turístico. A frota de buques con matrícula chipriota é a cuarta máis importante do mundo e reporta grandes ingresos. O1 de xaneiro de2008 Chipre incorporouse áEurozona, deixando de utilizar alibra chipriota.
No ano2007, Chipre tiña unha poboación de 1 103 790 habitantes, unhaesperanza de vida de 77,9 anos e unha media de 1,80 fillos por muller. Ademais o 97,6% da poboación está alfabetizada.
Os chipriotas gregos (greco-chipriotas) e turcos comparten moitos costumes, pero á súa vez manteñen a súa etnicidade baseada na relixión, idioma e outros fortes lazos coas súas respectivas terras de orixe.
Despois de1974 ogrego é falado principalmente no centro e no sur da illa, mentres que oturco predomina no norte. Esta delimitación dos idiomas só corresponde ao actual período, debido á división da illa despois de1974, a cal implicou unha expulsión dos chipriotas gregos do norte e un movemento análogo dos chipriotas turcos dende o sur. Con todo, historicamente, o grego (no seu dialecto chipriota) era falado por un 82% da poboación aproximadamente, a cal estaba regularmente distribuída ao longo de toda a área de Chipre, tanto no norte como no sur. De xeito semellante, os falantes turcos estaban distribuídos tamén de maneira regular. Oinglés é amplamente espallado.
A cultura chipriota pode dividirse, a grandes liñas, en dous grupos. Por unha banda, a influenciagrega, da que a illa herdou oidioma maioritario e o grupo étnico do 80% dos chipriotas. Por outro, a culturaturca define o modo de vivir do turco-chipriotas.
É mundialmente coñecido o antigo receo histórico entreGrecia eTurquía, debido ás interminables loitas por dominar as numerosas illas domar Exeo, entre elas Chipre. O gran poderío doImperio Otomán logrou dobregar os helenos, polo que se agudizaron aínda máis as rifas. O fin deste imperio e o nacemento deGrecia eTurquía como nacións modernas estableceu a paz oficialmente, aínda que se deron situacións explícitas de inimizade: Grecia opúxose firmemente á entrada de Turquía áUnión Europea.
Con respecto a Chipre é un país que recibiu grandes influencias gregas e doutras civilizacións antigas, porén, a vida cultural de Chipre actualmente demostra a súa colonización británica. Así pois Chipre recibe unha gran cantidade de turistas durante o período de verán, cando a calor e o sol son moi fortes. A vida nocturna ademais é bastante axitada cun gran número de bares, sendo o país de Europa con máis deste tipo de establecementos por habitante.[24] En canto ás relixións, a maioritaria é aigrexa ortodoxa grega, seguido por un 78% da poboación, seguida doislam co 18% e outras crenzas que abranguen o 4% restante.
↑Barbara Rose Johnston, Susan Slyomovics.Waging War, Making Peace: Reparations and Human Rights (2009), American Anthropological Association Reparations Task Force,p. 211Arquivado 12 de abril de 2016 enWayback Machine.
↑Morelli, Vincent.Cyprus: Reunification Proving Elusive (2011), DIANE Publishing,p. 10Arquivado 13 de abril de 2016 enWayback Machine.
↑Borowiec, Andrew.Cyprus: A Troubled Island (2000), Greenwood Publishing Group,p. 125Arquivado 12 de abril de 2016 enWayback Machine.
↑Quigley (6 de setembro de 2010).The Statehood of Palestine. Cambridge University Press. p. 164.ISBN978-1-139-49124-2. Arquivado dendeo orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.A comunidade internacional considerou inválida esta declaración, ao considerar que Turquía ocupara un territorio pertencente a Chipre e que, polo tanto, o estado putativo era unha violación da soberanía chipriota.
↑Dr Anders Wivel; Robert Steinmetz (28 de marzo de 2013).Small States in Europe: Challenges and Opportunities. Ashgate Publishing, Ltd. p. 165.ISBN978-1-4094-9958-9. Arquivado dendeo orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.A día de hoxe, segue sen ser recoñecido pola comunidade internacional, excepto por Turquía
↑Peter Neville (22 de marzo de 2013).Historical Dictionary of British Foreign Policy. Scarecrow Press. p. 293.ISBN978-0-8108-7371-1. Arquivado dendeo orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.Ecevit ordenou ao exército ocupar a zona turca o 20 de xullo de 1974. Converteuse na República Turca do Norte de Chipre, pero Gran Bretaña, como o resto da comunidade internacional, agás Turquía, negouse a estender o recoñecemento diplomático ao enclave. Os esforzos británicos para asegurar a retirada de Turquía do seu territorio ocupado despois de 1974 fracasaron.