Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Chichén Itzá

Coord.:20°40′59″N88°34′07″O / 20.6831,-88.5686
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chichén Itzá
IucatánEditar o valor en Wikidata
Imaxe
 Cultura
Datas
 Fundación / creación
455Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1178Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Recoñecemento
Ben cultural baixo protección especial
Data30 de marzo de 2015

Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1989 (13ª Sesión),Criterios de Patrimonio da Humanidade:(i),(ii) e(iii)Editar o valor en Wikidata
Identificador483
Identificadores
VIAF316430233Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/017kpvEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxicamaia localizada no estado mexicano doIucatán, enMéxico. O nomeChichén-Itzá ten raízmaia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante dacivilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo amitoloxía maia, éKukulcán, representación maia deQuetzalcóatl, deus tomado do panteón dacultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista doPatrimonio da Humanidade polaUnesco en1988.[3] O7 de xullo de2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha dasnovas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio daUnesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]

Nos equinoccios, pola pirámide de chanzos co Castelo parece baixar unha serpe, efecto óptico co Sol como protagonista, logrado polos arquitectos maias.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Barrera Vásquez, Alfredo (1980). Cordemex, ed.Diccionario Maya - Español - Maya. Mérida, Iucatán, México. 
  2. "Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  3. UNESCO."Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988)". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  4. El Universal."Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas". Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 8 de abril de 2010. 
  5. O’Keefe, Madeleine."Seeing through walls and breaking down barriers".symmetry magazine(eninglés). Consultado o2021-06-23. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Chichén ItzáModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrehistoria é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chichén_Itzá&oldid=7294879»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp