Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

ChemSpider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ChemSpider é unhabase de datos químicos, que é propiedade daRoyal Society of Chemistry (Real Sociedade de Química británica).[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11]

Base de datos

[editar |editar a fonte]

A base de datos contén información sobre máis de 30 millóns de moléculas distintas procedentes dunhas 450 fontes de datos, como:

Cada composto químico posúe un identficador exclusivo, que forma parte dunha URL correspondente. Por exemplo, aacetona é o composto 175, e así a súa URL éhttp://www.chemspider.com/Chemical-Structure.175.html

Fontes dos datos

[editar |editar a fonte]

A base de datos ChemSpider pode ser actualizada con contribucións dos usuarios, incluíndo achegas deestruturas químicas, espectros e revisións dos usuarios. Ten un enfoque de recollida pública de fontes (crowdsourcing). A revisión dos datos feita desta maneira xerou un dicionario de nomes químicos asociados con estruturas químicas que foi utilizado en aplicacións de minado de textos (text-mining) da literatura química e biomédica.[12]

Porén, os dereitos da base de datos non son de dominio público e non está dispoñible unhavertedura de datos (data dump); de feito, as "preguntas formuladas frecuentemente" (FAQ) mesmo indican que só se permiten descargas limitadas.[13] Por tanto, o dereito de ramificación (facer variantes dun software ouright to fork) non está garantido e o proxecto non pode ser considerado libre/aberto.

Busca de datos

[editar |editar a fonte]

Proporciónanse varios módulos de busca de datos:

  • Abusca estándar permite procurar polos nomes sistemáticos, nomes comerciais e sinónimos e números de rexistro.
  • Abusca avanzada permite a procura interactiva por estrutura e subestrutura química, usando tamén a fórmula molecular e o rango depeso molecular, pornúmeros CAS, subministradores etc. A busca pode usarse para ampliar ou restrinxir os resultados xa atopados.
  • A busca de estruturas con aparellos telefónicos móbiles pode facerse usando apps libres paraiOS (iPhone/iPod/iPad)[14] e para os que funcionan conAndroid.[15]

Etiquetaxe de documentos químicos

[editar |editar a fonte]

A base de datos ChemSpider foi utilizada en combinación conminado de textos como a base da etiquetaxe de documentos químicos (markup language). ChemMantis,[16] o Chemistry Markup And Nomenclature Transformation Integrated System usaalgoritmos para identificar e extraer nomes químicos de documentos e páxinas web e converte os nomes químicos en estruturas químicas usando algoritmos de conversión de nome-a-estrutura e buscas de dicionario na base de datos ChemSpider. O resultado é un sistema integrado entre documentos químicos e a busca de información por medio de ChemSpider nunhas 150 fontes de datos.

Historia

[editar |editar a fonte]

ChemSpider foi adquirido polaRoyal Society of Chemistry (RSC) británica en 2009.[17] Antes desta compra, ChemSpider estaba controlada por unha compañía privada, ChemZoo Inc. O sistema foi lanzado primeiramente en 2007 en forma dun desenvolvemento beta e transicionado en 2008. ChemSpider expandiu o seu soporte xenérico dunha base de datos químicos para incluír o soporte dunha colección de estruturas químicas deWikipedia por medio da súa aplicación WiChempedia.

Servizos

[editar |editar a fonte]

Están dispoñibles varios servizos en liña, como a conversión dos nomes químicos a estruturas químicas, a xeración de cadeas de datosSMILES eInChI e a predición de moitos parámetros fisicoquímicos e a integración nun servizo web que permite a prediciónNMR.

"SyntheticPages"

[editar |editar a fonte]

SyntheticPages é unha base de datos interactiva libre de procedementos dequímica sintética operada polaRoyal Society of Chemistry británica.[18] Os usuarios envían procedementos sintéticos que realizaron eles mesmos para a súa publicación no sitio web. Estes procedementos poden ser traballos orixinais, pero máis a miúdio están baseados en reaccións que aparecen na literatura. Ascitas do procedemento orixinal publicado fanse cando é apropiado. Son comprobadas por un editor científico antes de seren publicadas na web. As páxinas non pasan por unharevisión por pares formal como ocorre normalmente cos artigos derevistas científicas, pero os usuarios rexistrados poden facer comentarios. Os comentarios son tamén moderados por editores científicos. A intención é recompilar experiencias prácticas de como realizar síntese química útil no laboratorio. Aínda que os métodos experimentais publicados nunharevista académica convencional están listados de forma formal e concisa, os procedementos en ChemSpider SyntheticPages danse con máis detalles prácticos. Recoméndase a informalidade. Os comentarios dos autores tamén se inclúen. Outras publicacións con cantidades comparables de detalles sonOrganic Syntheses eInorganic Syntheses. O sitio de SyntheticPages foi estsablecido orixinalmente polos profesores Kevin Booker-Milburn (Universidade de Bristol), Stephen Caddick (University College de Londres), Peter Scott (Universidade de Warwick) e Dr Max Hammond. En 2010 anunciouse a fusión[19] co motor de busca de estruturas químicas ChemSpider da Royal Society of Chemistry e a formación de ChemSpider|SyntheticPages (CS|SP).

Open PHACTS

[editar |editar a fonte]

ChemSpider é o depósito de compostros químicos como parte do proxectoOpen PHACTS, unhaInnovative Medicines Initiative. Open PHACTS desprega estándares abertos, acceso aberto, un enfoque deweb semántica para abordar casos de pescozos de botella no descubrimento de pequenas moléculas farmacolóxicas, con fontes de información discrepantes, falta de estándares e sobrecarga de información.[20]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. M. Trzaska, Stephen (11 de xuño de 2007)."Digital Briefs.New Software and Websites for the Chemical Enterprise".Chemical & Engineering News(eninglés)85 (24): 36. 
  2. Antony John Williams (Jan–Feb 2008)."ChemSpider and Its Expanding Web: Building a Structure-Centric Community for Chemists".Chemistry International30 (1). 
  3. Williams, A. J. (2008). "Public chemical compound databases".Current opinion in drug discovery & development11 (3): 393–404.PMID 18428094. 
  4. Ekins, S; Iyer, M; Krasowski, M. D.; Kharasch, E. D. (2008)."Molecular characterization of CYP2B6 substrates".Current drug metabolism9 (5): 363–73.PMC 2426921.PMID 18537573.doi:10.2174/138920008784746346. 
  5. Brumfiel, G. (2008). "Chemists spin a web of data".Nature453 (7192): 139.PMID 18464701.doi:10.1038/453139a. 
  6. E. Curry, A. Freitas, and S. O’Riáin,"The Role of Community-Driven Data Curation for Enterprises," in Linking Enterprise Data, D. Wood, Ed. Boston, MA: Springer US, 2010, pp. 25–47.
  7. "Links to Multiple Presentations about ChemSpider". Arquivado dendeo orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  8. "Identification of Nontargeted Species Using Accurate Mass/Mass Spectrometry Data and ChemSpider". Arquivado dendeo orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  9. Williams, A. J. (2011). "Chemspider: A Platform for Crowdsourced Collaboration to Curate Data Derived from Public Compound Databases".Collaborative Computational Technologies for Biomedical Research. p. 363.ISBN 9781118026038.doi:10.1002/9781118026038.ch22. 
  10. Pence, H. E.; Williams, A. (2010)."ChemSpider: An Online Chemical Information Resource".Journal of Chemical Education87 (11): 1123.doi:10.1021/ed100697w. 
  11. Little, J. L.; Williams, A. J.; Pshenichnov, A.; Tkachenko, V. (2011). "Identification of "Known Unknowns" Utilizing Accurate Mass Data and ChemSpider".Journal of the American Society for Mass Spectrometry23 (1): 179–85.PMID 22069037.doi:10.1007/s13361-011-0265-y. 
  12. Hettne, K. M.; Williams, A. J.; Van Mulligen, E. M.; Kleinjans, J.; Tkachenko, V.; Kors, J. A. (2010)."Automatic vs. Manual curation of a multi-source chemical dictionary: The impact on text mining".Journal of Cheminformatics2 (1): 3.PMC 2848622.PMID 20331846.doi:10.1186/1758-2946-2-3. 
  13. "Who Would Like to Have the Entire ChemSpider Database?". Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  14. ChemSpider on the App Store on iTunes
  15. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  16. Welcome ChemMantis to ChemZoo and a Call for Contributions from the Community,2008-10-23, A. Williams,blog postArquivado 24 de setembro de 2015 enWayback Machine.
  17. "RSC acquires ChemSpider". Royal Society of Chemistry. 11 May 2009. Consultado o2009-05-11. 
  18. "ChemSpider SyntheticPages".ChemSpider SyntheticPages. Royal Society of Chemistry. Consultado o26 June 2012. 
  19. "ChemSpider and SyntheticPages support synthetic chemistry".RSC Publishing. Royal Society of Chemistry. 2010-02-05. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o2012-06-26. 
  20. Williams, A. J.; Harland, L.; Groth, P.;Pettifer, S.; Chichester, C.; Willighagen, E. L.; Evelo, C. T.; Blomberg, N.;Ecker, G.;Goble, C.;Mons, B. (2012). "Open PHACTS: Semantic interoperability for drug discovery".Drug Discovery Today17 (21–22): 1188–1198.PMID 22683805.doi:10.1016/j.drudis.2012.05.016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=ChemSpider&oldid=6973541»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp