Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Chasco do norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chasco do norte

Macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Muscicapidae
Xénero:Saxicola
Especie:S. rubetra
Nome binomial
Saxicola rubetra
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

ver texto

Ochasco do norte[1], tamén coñecido comochasco rabipinto,[2] (Saxicola rubetra)[3] é unha pequenaavepaseriforme membro da familiaMuscicapidae, dos papamoscas do Vello Mundo, que antes era incluída enTurdidae. É unha especiemigratoria insectívora que se reproduce en ásperas leiras de pasto ou campóns similares non cultivados enEuropa eAsia. Aniña en canavais. Todas as poboacións da especie invernan enÁfrica.

A chasca é similar en talle ao paporroibo europeo (Erithacus rubecula). Ambos os dous sexos da especie teñen a rabadilla amarelada e a cola branca cunha banda terminal negra. O macho no verán ten as partes superiores pardas, a garganta anteada e os lados da cabeza ennegrecidos. Ten unhalista superciliar intensamente branca. Ten parches brancos nas ás.A femia ten os lados da cabeza castaños, a cella anteada e non ten os parches brancos nas ás.

O macho ten un canto crepitante. Chama facendo o "chac" típico da chasca ou cun chío suave.

Esta especie representa unha diverxencia bastantebasal doxéneroSaxicola (Wink et al. 2002).

Debuxo dun macho e dunha femia da chasca rabipinta.
Ovos deSaxicola rubetra.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Denominación das aves".Real Academia Galega. Consultado o2024-12-05. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004).Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións.ISBN 84-96128-69-5.
  3. Etimoloxía:Saxicola, "morador de rochas", dolatínsaxum, "rocha" +-cola, "quen habita nun lugar";rubetra, en latín "arroibado".

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Wink, M.; Sauer-Gürth, H. & Gwinner, E. (2002): Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting.British Birds95: 349-355.Texto completo PDF

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Chasco do norte
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chasco_do_norte&oldid=6904631»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp