Charles Milles Manson, nado enCincinnati (Ohio) o12 de novembro de1934 co nome deCharles Milles Maddox e finado enBakersfield (California) o19 de novembro de2017[1], foi un criminalestadounidense fundador e líder de The Family, un grupo sectariohippie deCalifornia a finais dos anos 1960. Condenado por ordenar os asasinatos o8 de agosto de1969 deSharon Tate, dona do realizador de cinemaRoman Polanski, e dos seus convidados e o día seguinte os deLeno e Rosemary LaBianca.
Na época na que se formou The Family, Manson era un exconvito desempregado, que pasara a metade da súa vida en institucións correccionais por varios delitos. No período inmediatamente anterior ós asasinatos, Manson conseguiu entrar no mundo da industria musical dosÁnxeles pola súa amizade conDennis Wilson, membro dethe Beach Boys, só despois de ser acusado dos crimes, as cancións escritas e cantadas por el saíron ó mercado, artistas comoGuns N' Roses[2] eMarilyn Manson gravaron as súas cancións nas décadas seguintes.
Condenado á pena de morte, a súa sentenza quedou reducida a cadea perpetua ó eliminar temporalmente oTribunal Supremo de California a pena de morte en1972. Nos seus últimos anos cumpriu condena na prisión estatal deCorcoran. O19 de novembro de2017, contra as 20:13 (hora local), morreu enBakersfield (California), tras varios días internado nun hospital docondado de Kern, ós 83 anos.[3]