Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Charles J. Pedersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles J. Pedersen
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1904Editar o valor en Wikidata
Busan, Corea do SurEditar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 1989Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Salem, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da morteMieloma múltipleEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEast View Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Saint Joseph College, Yokohama(en)Traducir
University of Dayton(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánicaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, investigadorEditar o valor en Wikidata
Interesado enQuímicaEditar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 164780WikiTree: Pedersen-10818Find a Grave: 11492765Editar o valor en Wikidata

Charles John Pedersen, nado enBusan (Corea do Sur) o3 de outubro de1904 e finado enSalem (Nova Jersey) o26 de outubro de1989, foi unquímico nacionalizado estadounidenses galardoado coPremio Nobel de Química en1987.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naceu enBusan, fillo de painoruegués e naixaponesa. En1920 trasladouse aos Estados Unidos para realizar estudos deenxeñería química naUniversidade de Daiton, noestado norteamericano deOhio. Posteriormente realizou o seu doutoramento enquímica orgánica noInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).

Desde1925 ata a súa xubilación en1969 traballou na empresa químicaDuPont. Pedersen morreu na súa residencia de Salem a consecuencia duncancro.

Investigacións científicas

[editar |editar a fonte]

Na década de 1960 conseguiu asíntese química dun grupo de compostos orgánicos de forma ocasional, os cales denominouéter coroa pola forma da súa estrutura: un anel flexible deátomos decarbono formados por grupos etilenoxi (CH2-CH2-O-). Nas súas investigacións demostrou que era posible fabricar nun laboratoriomoléculas que poden reaccionar selectivamente con outros átomos e compostos, tal e como o fan osencimas nos organismos vivos, de maneira que sexan selectivas para cadacatión, debido á carga negativa xerada polos dipolos na molécula. A obtención destes compostos foi de forma ocasional, xa que Pedersen investigaba sistemas capaces de encapsular ao grupo gavinoxilo en síntese catalítica de polímeros.

En1987 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico estadounidenseDonald James Cram e o francésJean-Marie Lehn,polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade. Este galardón contribuíu a que oséteres coroa non caian no esquecemento e utilizáronse para múltiples investigacións científicas.

Actualmente os éteres coroa están sendo utilizados en investigación química comogrupos funcionais capaces de recoñecer selectivamente os catións e xa que logo ofrecer novos sistemas químicos, tanto fotosensibles como novos materiais. Nos últimos anos foron utilizados para a obtención de novos cristais líquidos, tanto orgánicos como organometálicos, nos cales a mesogenia pérdese pola introdución dun catión ou se ve modificada para xerar novas mesofases. Ademais, tamén foron utilizados para a obtención de compostos polinucleares con interesantes propiedades luminiscentes, xa sexan fluoro ou fosforescentes.

Notas

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Dudley R. Herschbach,
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi
Premio Nobel de Química

1987
con
Jean-Marie Lehn eDonald James Cram
Sucesor:
Johann Deisenhofer,
Robert Huber
e
Hartmut Michel
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Charles_J._Pedersen&oldid=6753938»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp