Charles Aznavour (2014) |
Biografía |
---|
Nacemento | (fr)Charles Aznavourian 22 de maio de 1924 6º distrito de París, Francia |
---|
Morte | 1 de outubro de 2018 (94 anos) Mouriès, Francia |
---|
Causa da morte | edema pulmonar parada cardiorrespiratoria |
---|
Lugar de sepultura | cemetery of Montfort-l'Amaury(en) 48°46′41″N1°48′22″L / 48.778019,1.806124 |
---|
|
Embaixador da Arménia(pt) |
---|
12 de febreiro de 2009 – 1 de outubro de 2018 |
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Saint-Sulpice(pt)  |
---|
Grupo étnico | Pobo armenio |
---|
Relixión | Cristianismo |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Chanson,poesía ecanto |
---|
Ocupación | cantautor, artista discográfico, diplomático, director de cinema, cantante, chansonnier, poeta, letrista, compositor, guionista, actor de cinema, actor |
---|
Período de actividade | 1933 - 2018 |
---|
Xénero artístico | Música popular,chanson,Jazz,middle of the road(en) ,música pop,balada eworld music |
---|
Instrumento | Voz |
---|
Selo discográfico | EMI Philips Tréma(pt) Odeon RGE Reprise Records Telefunken Barclay Records Mercury Records Pathé-Marconi |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Ulla Thorsell(1968–2018) Evelyne Plessis(1956–1960) Micheline Rugel(1946–1952) |
---|
Fillos | Seda Aznavour ( ) Katia Aznavour ( ) Misha Aznavour ( )Ulla Thorsell |
---|
Pai | Misha Aznavourian |
---|
Irmáns | Aïda Aznavour |
---|
Parentes | Mike Connors,curmán Arus Aznavuryan,tía |
---|
Premios |
---|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Armenian Concise Encyclopedia(en) , (vol:1) Le dictionnaire biographique : Arméniens d'hier et d'aujourd'hui(en) , (p.74) |
---|
Sitio web | aznavourfoundation.org |
---|
    
               |
Shahnourh Varinag Aznavourian, coñecido comoCharles Aznavour, nado enParís o22 de maio de1924 e finado[1] enMouriès o1 de outubro de2018, foi un cantante, compositor e actorfrancés de orixearmenia, considerado en todo o mundo como “o embaixador da canción francesa”. Trátase dun dos cantantes franceses máis populares e de carreira máis extensa, e o máis coñecido internacionalmente; vendeu máis de 100 millóns de discos.[2]
Debutou na canción xunto á súa irmá Aida, ao mesmo tempo que noteatro, onde interpretou desde os 11 anos diferentes papeis infantís.
O seu encontro en 1941 conPierre Roche foi decisivo para el: os dous homes escribiron xuntos cancións e interpretáronas a dúo.J'ai bu, cantada porGeorges Ulmer, gañou en1947 o Grand Prix. O dúo actuaba entón na primeira parte dos concertos deÉdith Piaf, ata que Roche marchou aoQuebec. Aznavour escribiu cancións para estrelas como a Piaf (Jézébel),Juliette Gréco (Je hais les dimanches),Eddie Constantine (Et bâiller, et dormir), pero ao principio da súa carreira tivo moitas dificultades para triunfar. Máis tarde, soubo explotar este período da súa vida nunha canción que recolle o estado de ánimo dun fracasado no mundo da canción:Je m'voyais déjà.
O seu primeiro triunfo data de 1953, cando actuou no teatroOlympia:Sur ma vie converteuse no seu primeiro grande éxito. Cancións comoViens pleurer au creux de mon épaule,Tu t'laisses aller,La mamma,Comme ils disent, son cada unha delas un pequeno bosquexo da vida cotiá, un fragmento de vida.
Moi pronto conquistou o públicoestadounidense e, máis tarde, percorreu o mundo coa súa música. Paralelamente mantivo unha carreira cinematográfica, demasiado discreta para o seu gusto[Cómpre referencia], revelándose como un actor de talento enTirez sur le pianiste (Disparen sobre o pianista) (1960) deFrançois Truffaut,Un taxi pour Tobrouk (Un taxi por Tobruk) (1961) deDenys de La Patellière,Dix Petits Negres (Dez negriños) (1974) dePeter Collinson e enDie Blechtrommel (O tambor de folladelata) (1979) deVolker Schlöndorff.
En 2009 unha das súas cancións (For me, formidable) soaba na banda sonora da películaSeven Pounds protagonizada porWill Smith. Tamén neste ano, Aznavour publicou un álbum dobre,Dúos, onde canta con estrelas de varias xeracións comoLiza Minnelli,Elton John eLaura Pausini. Grazas ao uso de novas tecnoloxías, Aznavour puido gravar un dueto coa defunta Édith Piaf, con quen actuou en moitas ocasións pero sen chegar a rexistrar as ditas actuacións.