O seu cumio máis alto é omonte Faro (1.187 m). Outras altitudes importantes son o monte Sabadón (679 m), San Sebastián (745 m), Santa Rosa (586 m), Penedo de Riba da Zanca (750 m) e Igrexa (575 m).
No ano 844 o pobo viquingo remontou orío Ulla e conseguiu avanzar até a zona de Chantada. Fuxiu despois de perder un enfrontamento cos homes deRamiro I, mais destruíu todo o que puido. Daquela vitoria procede non só a toponimia da parroquia deCamporramiro, senón que o historiador Eduardo Morales Romero sinala que mesmo o propio nome deChantada procede daqueles enfrontamentos co pobo viquingo, xa que a vila tería que ser "plantada" –reconstruída–. En efecto, "plantáronse" grandes estacas que a rodeaban a modo de fortaleza.[4]
No concello hai restos dospoboados castrexos de Líncora, Centulle, San Sebastián, Nogueira eCastro Candaz. Con todo, queda a disposición defensiva dos mesmos nos lugares nos que posteriormente foron construídos o mosteiro de San Salvador de Asma, a fortaleza de Paderne, a Torre de Arcos, a Torre de Pereira, a Torre de Quinteliña, a Torre de Teixeiro, a Torre de Vilaúxe e a Torre de Merlán.
As sepulturas antropomorfas de Fornas están na parroquia de San Cristovo de Fornas, na parte superior dunha gran peneda. Teñen 2 m de longo e entre 1 e 0,6 de ancho. Arredor das sepulturas hai un canto labrado, moi desgastado, para colocar unha tapa. Xa aparecen mencionadas no documento de fundación da capela deSanta Xertrude, de 1607, construída onde está a actual igrexa parroquial de Fornas.
O castro de Centulle está na parroquia de San Xurxo de Asma, e atópase en mal estado de conservación. Nel construíuse o santuario da Nosa Señora de Fátima, e o territorio anexo está destinado a uso agrícola. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polosnormandos e máis tarde pertencente ácasa de Altamira.
O castro San Amaro está na parroquia de San Xián de Mato, e está en mal estado de conservación. Nel foi construída unha capela, que lle deu o nome no pasado (actualmente dedicada a San Lucas).
O castro de Abeleda está na aba da serra do Faro, preto xa do concello deCarballedo, xunto á lugar deAbeleda (A Grade). Nel atopouse untorque de ouro, conservado noMuseo de Pontevedra. Nun lugar próximo apareceu un poboado romano, do que apareceron varias paredes e un cofre conmoedas romanas.
No castro de San Pedro de Líncora aprécianse restos de dous poboados anexos, pero con diferenzas estruturais. Un estaba pegado á antiga igrexa parroquial, trasladada a comezos do século XIX. O outro era máis pequeno.
O castro Candaz atópase xeralmente anegado polorío Miño trala construción doencoro de Belesar. Non se atopa en bo estado de conservación por este factor e porque os terreos foron ocupados para o cultivo davide.
Está situado nun lugar estratéxico do paso do río, con pouca visibilidade e lonxe de núcleos de poboación, nun outeiro xunto á desembocadura do río da Lama e dorío Enviande. No acceso ao recinto hai tres chairas que fan de defensa natural. O recinto estabaamurallado.
Está situado na parroquia de San Salvador de Asma, nun outeiro a 745 m de altitude. Na idade media foi construída no lugar unha ermida (que dá nome ao recinto), da que quedan algúns restos. Na actualidade o lugar está cuberto por vexetación baixa.
Foi estudado porManuel Formoso Lamas a comezos do século XX, quen defendía a posibilidade de que este castro fose a residencia dos xefesbrigancios, acollendo tamén a un gran número de habitantes[5].
O poboado estaba rodeado por unha muralla duns 4 m de grosor, de forma irregular pero similar a unha circunferencia. Na zona sur e oeste había un foxo de 6 m de profundidade e uns 8,5 de ancho, e un contrafoxo de 5 m de lonxitude. Na zona leste había outra muralla de 2,2 m de alto e 3,3 m de ancho. No castro atopáronse dous muíños de man, varios anacos de escoura de ferro e dúas láminas de cobre.
Festas patronais: adicadas áVirxe do Carme, adoitan durar de xoves a martes.
Folión dos carros: celébrase o sábado das festas patronais. Consiste na elaboración dun carro antigo para despois presentalo e poñelo en desfile por toda a vila, como mostra de como se facían as tarefas antigamente.
Festa da empanada: celébrase xeralmente na carballeira do San Lucas o martes, derradeiro día das festas patronais.
Feira do viño: polo xeral celébrase a segunda semana de marzo. É a máis popular entre as feiras do viño do sur de Lugo e xunto coas festas patronais é a máis popular. Adoita durar 3 días e nela as distintas adegas da Ribeira Sacra amosan a súa colleita. Produce unha gran publicidade para as adegas e o viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Concurso de Gando Frisón: Prémianse os mellores animais que se presentan. A ela acode gando procedente de moitos lugares, principalmente de Galiza.
Subida a Chantada: a mediados de xuño, é unha das carreiras automobilísticas máis importantes de Galiza. O espazo para celebrala é a Ribeira Sacra.
Feiras mensuais, principalmente para produtos do agro e moda: o 5 e o 21 de cada mes a xente vende o seu produto. A feira ocupa case toda a rúa Xoán XXIII ou Rúa Nova, a Praza de Santa Ana e a zona da Alameda.
Festa da Mocidade: celébrase a principios de verán.
Feira das Cabras: a única feira caprina galega e unha das poucas españolas. Dura un día enteiro e celébrase sobre a 2º semana de setembro na aldea de Merlán, a menos dun km do centro urbano de Chantada. Amósanse e degústanse produtos da cabra. É celebrada xunto coas festas desta aldea, que duran 3 días (esta feira celébrase o último domingo).
Escolas deportivas de Chantada (escolasdeportivas.com), coas súas instalacións no Pavillón Municipal de Deportes na praza de Luis García Arias, poñen ao servizo cada vez máis deportes, participando en competicións en case todos eles: fútbol sala, tenis, baloncesto, bailes de salón, fútbol (alevíns e infantís, empregando as instalacións do campo O Sangoñedo), atletismo, bádminton, patinaxe (de varias clases), karate, psicomotricidade, ximnasia rítmica, xadrez, hóckey-liña, tenis de mesa, golf (instalacións fóra da vila), mountain-bike, ciclismo, educación física para adultos, tai-chi, ioga, fútbol para veteranos, e tamén varios deportes para discapacitados.
Fútbol: SD Chantada, compite co primeiro equipo (Preferente norte galega), co segundo, o Chantada B, (segunda autonómica grupo 8), e cos equipos xuvenil (Liga Galega) e cadete (Primeira autonómica). Compiten no campo do Sangoñedo. Outra agrupación deportiva para o fútbol é o Chantada Atlético, un equipo creado hai varios anos que se atopa en primeira autonómica galega. Tamén está composto dun equipo feminino.
Club Baloncesto Chantada: fundado o20 de febreiro de1988, dende a tempada 2001/02 xoga naLiga EBA, con equipos galegos, asturianos e de Castela e León.
Á parte do deporte, a Casa da Xuventude de Chantada ofrece tamén actividades lúdicas, como son teatro, distintos obradoiros, como o de cestería e outros obradoiros artesáns, pintura ao óleo, batuka, steps, xogos populares…
↑Lino Lema Bouzas (compilador):Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. Non parece ter sentido esta referencia ó Monte Faro nunha cantiga mariñeira. Hai outro monte Faro en Domaio, pero alí non hai ningunha Virxe.