| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Concello | Madrid | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 144.796(2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9,1754821246593 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 14 de novembro de 1947 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Chamartín | ||||
| • Concelleira presidenta | María Yolanda Estrada Madrid(2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 28002, 28006, 28016, 28036 y 28046 | ||||
| Sitio web | madrid.es… | ||||
Chamartín[1] é undistrito da cidade deMadrid situado no norte da cidade.
Limita polo norte co distrito deFuencarral-El Pardo, polo leste co distrito deCiudad Lineal, polo sur co distrito deSalamanca, polo suroeste conChamberí e polo oeste conTetuán. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 144.796 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1947.[3]
Delimitado poloPaseo da Castellana, aM-30 e aA-2 (autovía do Nordeste), dos distritos centrais de Madrid é o que tivo un desenvolvemento máis tardío, xa que ata despois daGuerra Civil soamente o Barrio de la Prosperidad e algunhas colonias de hotelitos daban vida urbana ao Distrito.
Con excepción do Casco Rural de Chamartín de la Rosa, practicamente o resto da área estaba formada: ao norte por grandes leiras da nobreza que posteriormente foron cedidas a ordes relixiosas; ao sur produciuse un pequeno desenvolvemento ao redor do Camino de Hortaleza, ao saltarse, no século XIX, as Rondas.
Se outrora o máis destacado foi a praza e opalacio do Infantado, hoxe éo principalmente a espazosa e funcionalestación ferroviaria de Chamartín, asentada no que fose campo santo da vila.
No espazo do antigo municipio localízanse agora unha serie de importantes complexos: oEstadio Santiago Bernabéu,El Viso,Ciudad Jardín,Prosperidad,Hispanoamérica eNueva España.[4]
Este distrito está dividido en seisbarrios:[5]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamartín, Madrid |