| ChEBI | |||
|---|---|---|---|
Parte de | |||
Tema principal | |||
Composto por | |||
| Produción | |||
Licenza | |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | |||
| Wikidata |
OChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ouEntidades Químicas de Interese Biolóxico)[1][2] é unha base de datos e deontoloxía deentidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxectoOpen Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas).[1] O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo,molécula,ión,par de ións,radical,ión radical,complexo,confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado".[3] As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente poloxenoma, comoácidos nucleicos,proteínas epéptidos derivados de proteínas por corteproteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.
O ChEBI usa anomenclatura, simbolismo e terminoloxia daUnión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura daUnión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).
Todos os datos nesta base de datos son de tipo non-propietario ou derivan de fontes non-propietarias. Deste modo son libremente accesibles e están á disposición de calquera. Ademais, cada ítem é doadamente tracexable e explicitamente referenciado ás fontes orixinais.
Os datos de ChEBI están dispoñibles por medio dunha interface de web pública, un sevicio web e descargas.