Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ceuta

Coord.:35°53′12″N5°18′00″O / 35.88667,-5.3
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xaneiro de 2019.)
Modelo:Xeografía políticaCeuta
Ceuta (es)
سَبْتَة (ar)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 35°53′12″N5°18′00″O / 35.88667,-5.3
Territorio reivindicado porMarrocosEditar o valor en Wikidata
EstadoEspañaEditar o valor en Wikidata
Exclave deEspañaEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCeutaEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación83.229(2024)Editar o valor en Wikidata (4.498,86hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18,5 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar MediterráneoEditar o valor en Wikidata
Altitude10 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Anyera (349 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorPúnicoEditar o valor en Wikidata
Evento clave
23 de outubro de 1694Asedio de Ceuta
25 de setembro de 1790Asedio de CeutaEditar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónDaniele FasanellaEditar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoAsemblea de Ceuta ,Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal51000–51999Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico856 e 956Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-CEEditar o valor en Wikidata
Código NUTSES63Editar o valor en Wikidata
Código INE51001Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webceuta.esEditar o valor en Wikidata
BNE: XX4659610

Ceuta é unhacidade autónomaespañola,enclave situado na costa norte deÁfrica rodeada porMarrocos. Separada daPenínsula Ibérica poloestreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre omar Mediterráneo e oocéano Atlántico.

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto conMelilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende oséculo XVII.

Ceuta, como taménMelilla, foi un porto libre antes de que España entrara naUnión Europea. En2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte daprovincia de Cádiz ata o14 de marzo de1995, cando a cidade aprobou o seuEstatuto de Autonomía e quedou constituída comocidade autónoma, aínda que aConstitución española de 1978 recoñece o seu dereito a constituírse encomunidade autónoma.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A orixe do nome de Ceuta pode remontarse á designación dada polos romanos aos sete montes da rexión,Septem Fratres. De Septem > Septɘ > Sebta > Ceuta.

Os xeógrafos e historiadores da Antigüidade non citan o topónimo da poboación pero un deles,Pomponio Mela, daba noticia das peculiaridades orográficas do Oeste da Almina cos seus sete montículos simétricos cualificados como Sete Irmáns. Pola súa semellanza fonética pénsase que do numeralSeptem (arabizado comoSebta) derivou o topónimo de Ceuta.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Localízase a 35°55′ - 35°32′Latitude Norte e 1°35′ - 1°41′lonxitude Oeste. Ten unha superficie de 18,5km². O principal accidente orográfico é omonte Hacho, unido ao continente africano por unistmo e coailla de Santa Catalina.

Considerada tradicionalmente como a divisoria entre as augas doMediterráneo e doAtlántico, Ceuta está rodeada polo mar que forma dúasbaías, unha polo norte e outra polo sur.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima é de tipomediterráneo, caracterizado pola suavidade nas temperaturas e a irregularidade nas precipitacións. Con todo, está matizado por dous importantes factores: o relevo e o mar que a rodea. O relevo, representado poloYebel-Musa, actúa como pantalla ante os ventos atlánticos cargados dehumidade, e a influencia marítima fai que as temperaturas sexan suaves tanto no verán como no inverno. A media anual non excede os 16,6 graos centígrados. As máximas absolutas prodúcense enxullo, mentres que as mínimas ocorren enxaneiro/febreiro, sendo anormal que descendan de 3 graos.

A diferenza de temperatura entre as augas que separan oEstreito e os ventos cargados de humidade procedentes doAtlántico fan que aschoivas sexan abundantes, cun total de máis de 600 litros por metro cadrado. O réxime de precipitacións é moi irregular, cun máximo no inverno e grande aridez estendida entre os meses de maio e setembro. A humidade relativa tamén é elevada, 84% de media anual.

Historia

[editar |editar a fonte]

250.000 a. C. - Primeiros vestixios da presenza humana en Ceuta.

Século VII a. C. - Ocupaciónfenicia do promontorio da Catedral.

A cidade foi fundada por colonos fenicios, coa denominación de"Abyla", e ocupada por gregos focenses, que a renomearon como "Hepta Adelphoi". No 319 a. C., Cartago toma a cidade, que pasaría a ser un dominio púnico.

Restos da basílica paleocristiá de Ceuta.

En 201 a. C., coa rendición de Cartago como final dasegunda guerra púnica, a cidade é cedida aoReino de Numidia. En47 a. C., esta pasará a dominiomauritano. No ano40 d. C.,Calígula anexiónase o reino, que pasa a ser territorio romano e parte da provincia deMauritania Tingitana. A rexión donorte de África e a cidade caen no429 en poder dosvándalos.

No534, o xeneral bizantinoBelisario reconquista a cidade (campañas no norte de África baixo o emperadorXustiniano). A dominación sería breve, caendo en mans visigodas. No709 a cidade cae en mans musulmás, debido ás disputas internas entre osvisigodos. De feito, algunhas lendas falan da sublevación do condeJulián de Ceuta como a causa da súa caída.

No788, foi invadida polo emiratoIdrisí. No931, oomeiaAbd al-Rahman III conquista a cidade para o califato hispano. Non moito despois sufriría a división doCalifato enReinos de Taifas.

No1024 Ceuta baixo a taifa deMálaga.

En1061 Suqut al-Bargawati proclama a Señoría Independente.

En1084 osalmorábides, dirixidos porYusuf ibn Tasufin conquistan a cidade.

En1147 osalmohades ocúpana.

En1227 ten lugar o martirio deSan Daniel e os seus compañeiros.

No ano1232 a cidade é capturada polaTaifa de Murcia, aínda que o seu dominio sería bastante curto, xa que en1233 Ceuta sería unha cidade independente. Tamén breve sería o período de independencia ceutí, xa que en1236 oReino de Fes ocúpaa, para en1242 ser de novo conquistada, esta vez poloshafsíes.

En1249 a dinastía dosazafíes faise co poder en Ceuta.

Segundo oTratado de Monteagudo de las Vicarías (1291, entreCastela eAragón), a cidade queda na zona de influencia de Castela. En1305, sendo parte doReino nazarí de Granada, a cidade entra no xogo da política mediterránea de Castela.

Con todo no1309 é conquistada poloReino de Fes con axuda aragonesa. En1310 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En1314 o Reino de Fes a captura. En1315 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En1327 o reino de Fes a captura. En1384 o Reino de Granada a captura. En1387 o Reino de Fes captúraa outra vez.

Azulexos conmemorativos da toma de Ceuta polo Infante Enrique na Estación de São Bento, enPorto.

O21 de agosto de1415 o rei de PortugalXoán I, cos seus fillosEduardo, Pedro eHenrique o Navegante desembarcan nas actuais praias de San Amaro e conquistan a cidade para oReino de Portugal. Ante os despropósitos de varios capitáns para facerse cargo da cidade tras a conquista,Pedro de Meneses presentouse ante o Rei e cun pau chamado "Aleo" (co que se facía un xogo moi popular da época) promulgou tal himno: "Señor, con este pau bástome para defender a Ceuta de todos os seus inimigos" á pregunta de Xoán I de Portugal de se era o suficientemente forte para facerse cargo de tal responsabilidade. Pedro de Meneses foi designado primeiroGobernador eCapitán Xeneral da cidade. O famoso Aleo consérvase actualmente noSantuario de Santa María de África e foi pasando de man en man a través de todos os xenerais que acceden ao mando da praza xurando defender a cidade tal como citou Pedro de Meneses. Tras un tratado coReino de Fes, este recoñece Ceuta como portuguesa. A cidade foi recoñecida como portuguesa poloTratado de Alcáçovas e oTratado de Tordesillas.

Tras a morte do reiSebastián, o Reino de Portugal incorpórase á monarquía hispánica (1580). En1640 Ceuta non segue a Portugal na súa secesión, preferindo manterse baixo a soberanía deFilipe IV, pero decide manter as armas de Portugal no seu escudo e na súa bandeira.

En1656 concédese á cidade Carta de Natureza e engade o título de Fidelísima aos que xa ostentaba de Nobre e Leal.

En1668 oTratado de Lisboa asinado entreEspaña ePortugal recoñece a soberanía española sobre Ceuta.

En 1694-1724 prodúcese o asedio de Mulay Ismaíl, Sultán deMarrocos.

En1704, tras ser cercada por terra, Ceuta resiste áArmada inglesa que tomouXibraltar. Os marroquís atacan a cidade por terra mentres unha frota anglo-holandesa cañonea e intenta o desembarco na cidade. Prodúcense asedios continuos por parte de Marrocos en 1725-1728, 1732, 1757 e 1790-1791.

En1812 a Xunta da Cidade convértese no Concello Constitucional.

Plano de Ceuta noséculo XIX.

En1859-1860 prodúcese aguerra de África e un aumento dos límites da cidade.

En1912 procédese á supresión do Penal e instáurase oProtectorado Español de Marrocos na súa zona norte.

En1925, Ceuta independízase daprovincia de Cádiz por Real Decreto de 4 de agosto.

En1936 comeza aguerra civil. A sublevación, levada a cabo por tropas do tenente coronel daLexión,Juan Yagüe, impúxose en Ceuta na madrugada do 17 ao 18 de xullo, sen atopar gran resistencia. Militares leais ao goberno e personalidades daFronte Popular, como o alcalde,Antonio López Sánchez-Prado, foron posteriormente fusilados tras ser sometidos a simulacros de xuízos. Ceuta tivo grande importancia nos primeiros meses da contenda, como punto de paso do Exército do Norte de África na ocupación da Península.

En1956 chega aIndependencia deMarrocos (fin do Protectorado) e Ceuta serve como base de repregamento das forzas que estaban destinadas no territorio emancipado.

En1978 aConstitución española, como outras anteriores, recoñécea como territorio compoñente da naciónespañola, integrándoa no novo modelo de organización territorial, coa previsión da posibilidade de constituírse enComunidade Autónoma.

En1995 promúlgase o Estatuto de Autonomía da cidade. Ceuta, xunto con Melilla, alcanza o status decidade autónoma.

O5 de novembro de2007 foi visitada porXoán Carlos I eSofía de Grecia. Había oitenta anos que un monarca español non visitaba oficialmente Ceuta.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Ceuta ten 74.093 habitantes actualmente, os máis son de orixe española, tamén ten poboación árabe de orixe marroquí, e dalgúns inmigrantesxibraltareños.

Linguas: O idioma oficial é ocastelán, aínda que se fala tamén oárabe na súa variante marroquí; Ceuta en árabe pronúnciaseSebta, dolatínSeptum, sete,سبتة (o árabe non ten "p").

O seu xentilicio éceutí.

Economía

[editar |editar a fonte]

Na economía de Ceuta destaca o enorme peso que ten nela osector terciario. Apenas existe nin agricultura nin gandería, polo que apesca é a única actividade de importancia nosector primario. A accidentada orografía e a escaseza de auga, enerxía e materias primas impediron un maior desenvolvemento da cidade. Así mesmo, tanto o sector secundario como o da construción son moi restrinxidos debido á carestía de territorio, a pesar de que este último sector coñeceu un notable desenvolvemento durante os últimos anos. Ceuta, do mesmo xeito queMelilla, ten o status deporto franco. Así mesmo, ten unha serie de vantaxes fiscais, como bonificacións nalgúns impostos. Non está constituído o IVE, e élle devolto o 50% do capital en impostos directos.

Transporte e comunicacións

[editar |editar a fonte]
Costa de Ceuta
Barco deEuroFerrys noPorto de Ceuta.

Desde a península

[editar |editar a fonte]

A cidade de Ceuta está conectada co resto deEspaña soamente a través do porto e oheliporto de Alxeciras e oaeroporto de Málaga-Costa do Sol. Desde o primeiro partenferrys de catro empresas distintas ata oporto de Ceuta. O traxecto ten unha duración aproximada de 45 minutos e se efectúan entre 15 e 20 travesías diarias entre as 6:00 h. e as 23:00 h. DesdeMálaga eAlxeciras opera un servizo dehelicóptero de pasaxeiros ata oHeliporto de Ceuta. Este servizo efectúa na liña Ceuta-Málaga catro traxectos diarios en cada sentido desde as 7:15 h da mañá ata as 20:15 h., cunha duración de 35 minutos; mentres que o traxecto entre Alxeciras-Ceuta transcorre en 7 minutos. Tanto desde Málaga como desdeAlxeciras parten trens e autobuses cara a diversos puntos deEspaña, sendo posible desprazarse ataMadrid eBarcelona en tren dealta velocidade desde a malagueñaEstación de Málaga - María Zambrano.[1]

Desde Marrocos

[editar |editar a fonte]

DesdeMarrocos, o único medio de transporte para desprazarse a Ceuta é en vehículos privados ou cruzando a pé a fronteira. As principais cidades marroquís máis próximas sonTetuán, situada a 40 km, eTánxer, a 68 km

DesdeRabat eCasablanca a viaxe en coche ata Ceuta require ao redor de 4h.[1]

Transporte urbano

[editar |editar a fonte]

O transporte urbano está servido por 9 liñas de autobús, que realizan os seguintes percorridos:[1]

  • Liña 1: Circunvalación Bda. San Amaro
  • Liña 2: Plaza de la Constitución–Bda. Zurrón
  • Liña 3: Plaza de la Constitución–Bda. la Libertad
  • Liña 4: Plaza de la Constitución–Mutua de Ceuta
  • Liña 5: Plaza de la Constitución–Bda. Benzú
  • Liña 6: Plaza de la Constitución, circular
  • Liña 7: Plaza de la Constitución–Frontera del Tarajal
  • Liña 8: Plaza de la Constitución–Bda. Príncipe Alfonso
  • Liña 9: Plaza de la Constitución–Recinto Sur

Goberno e administración

[editar |editar a fonte]

AConstitución española de 1978 recoñece a Ceuta eMelilla como cidades autónomas. É un partido xudicial deEspaña.

A máxima autoridade política é oAlcalde-Presidente, representado dende 2001 porJuan Jesús Vivas, doPP.

Turismo

[editar |editar a fonte]
Mesquita Muley El Mehdi.
Faro Punta Almina.

Deportes

[editar |editar a fonte]

Fútbol

[editar |editar a fonte]

A cidade de Ceuta tivo varios equipos representativos ao longo da súa historia. O primeiro en destacar foi oCeuta Sport, fundado en1932 e que en1941 cambiou o seu nome a Sociedad Deportiva Ceuta. Foi o club máis laureado do Campionato Hispanomarroquí, así como o primeiro equipo ceutí en participar na Copa do Rei e en alcanzar a liga deSegunda División, chegando a disputar o ascenso a Primeira. En1956 fusionouse coAtlético Tetuán e formou o Club Atlético de Ceuta, que tamén xogou varias tempadas naSegunda División de España, disputando nunha ocasión o ascenso a Primeira División. O equipo caeu a categorías rexionais a finais daanos 1960.

En1970 creouse aAgrupación Deportiva Ceuta, que chegou a competir unha tempada naSegunda División de España, antes de desaparecer en1992 por problemas económicos. En1996 fundouse aAsociación Deportiva Ceuta, que nunca superou aSegunda División B, malia xogar en varias ocasións a promoción de ascenso. En2012 desapareceu e parte da directiva, xogadores e equipo técnico pasaron aoAtlético Ceuta, fundado en1956. Este último posteriormente pasou a chamarseAgrupación Deportiva Ceuta Fútbol Club e actualmente é o máximo representante da cidade, xogando naTerceira División.

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Praia en Ceuta.
    Praia en Ceuta.
  • Murallas reais e foso de san Filipe.
    Murallas reais e foso de san Filipe.
  • A cidade desde Xibraltar.
    A cidade desdeXibraltar.
  • O monte Hacho.
  • Edificio no Paseo de las Palmeras.
    Edificio no Paseo de las Palmeras.
  • Porto de Ceuta.
    Porto de Ceuta.
  • Mesquita de Moulay El Mehdi.
    Mesquita de Moulay El Mehdi.
  • Farol de Punta Almina.
    Farol de Punta Almina.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2O portal oficial da Cidade Autónoma de Ceuta (ed.)."Como chegar e como moverse". Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010. 
  2. B. Atienza."Cádiz y Ceuta unen los dos lados del Estrecho con un hermanamiento basado en su historia común".La Voz de Cádiz(encastelán). Consultado o 20/11/2007. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CeutaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ceuta&oldid=6656285»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp