Ocerebro humano é o órgano máis grande doencéfalo. Ocupa o sector anterior e superior da cavidadecranial. O seu compoñente principal son os hemisferios e o córtex cerebral que cobre a súa superficie, derivados doprosencéfalo.[1]
Os hemisferios do cerebro humano presentan formacións máis ou menos evidentes chamadaslobo ou lóbulo cerebral. Especialmente grandes son oslóbulos frontais do ser humano, que están asociados confuncións executivas, como o autocontrol, a planificación, o razoamento e o pensamento abstracto.
O cerebro humano é o encargado de regular e manter cada función vital do corpo, ademais de ser o órgano onde reside amente e aconciencia do individuo.
A evolución do cerebro, a través dosprimates aoshomínidos, caracterízase por un aumento constante da encefalización, que é a relación entre o tamaño do cerebro e o corpo.[nota 1][nota 2]
ImaxePET do cerebro humano que mostra o consumo de enerxía
O humano adulto ten un volume cerebral, calculado de media, de 1300 centímetros cúbicos (cm³). Estímase en2016 que o cerebro humano, formado polos dous hemisferios cubertos polo córtex cerebral, contén un total duns 20 000 000 000 (vinte mil millóns; dous × 10) deneuronas.[2][3]O máis relevante para a transformación do funcionamento do cerebro non parece ser o número de neuronas, senón a complexidade que ven dada polas conexións que se establecen entre as distintas partes docerebro.[4] Incluso o cerebro adulto é notablemente dinámico, plástico e reconfigurable, un feito que está apoiado por unha abafadora cantidade de evidencias científicas.[5][6]
↑Latarjet M.; Ruiz Liard A. (2004). "Encéfalo, Generalidades y definición".Anatomía Humana1 (4a. ed.). pp. 168–169. Consultado o 26 de maio de 2022.
↑Herculano-Houzel, Suzana (2009)."The human brain in numbers: a linearly scaled-up primate brain"(en inglés)3 (31). Consultado o 8 de decembro de 2018.Cantas neuronas ten o cerebro humano e como se compara con outras especies? Moitos artigos orixinais, recensións e libros de texto afirman que temos 100 mil millóns de neuronas e 10 veces máis células gliais... moitas veces sen referencias citadas. Isto foi conseguido por Azevedo et al. (2009), que descubriron que o cerebro humano masculino adulto, cunha media de 1,5 kg, ten 86.000 millóns de neuronas e 85.000 millóns de células non neuronais.