Existen restos de douscastrosgalaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia dasEncrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse untorque de ouro.
Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída noséculo XII e reformada en1720.
Dopazo de Boedo, declarado en1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.
Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, aCentral Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa deSogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuáticoAquapark.[1]
Segundo oIGE a súa poboación no2014 era de 5.156 habitantes(5.570 no2009, 5.483 no2006, 5.500 no2005, 5.499 no2004, 5.471 no2003). O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «cercedense».
Censo total2014
5.156 habitantes
Menores de 15 anos
520 (10.08 %)
Entre 15 e 64 anos
3.101 (60.14 %)
Maiores de 65 anos
1.535 (29.77 %)
Evolución da poboación de Cerceda Fontes:INE eIGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
4.803
5.949
7.418
7.201
5.499
5.486
5.392
5.318
5.265
5.156
5.076
5.031
4.992
5.023
5.001
5.008
4.996
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)