Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ceratosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ceratosaurus
Rango fósil:Xurásico superior 153 Ma-148 Ma

Esqueleto no Museo de Historia Natural de Utah.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Archosauria
Orde:Saurischia
Suborde:Theropoda
Superfamilia:Ceratosauria
Familia:Ceratosauridae
Xénero:Ceratosaurus
Marsh,1884
Especies
  • C. nasicornisMarsh, 1884 (especie tipo)
  • C. dentisulcatusMadsen &Welles, 2000
  • C. magnicornisMadsen & Welles, 2000
Sinonimia
  • Megalosaurus nasicornis(Marsh, 1884 [originallyCeratosaurus])

Ceratosaurus (dogrego:κέρας κέρατος,keraskeratos que quere dicir "corno"; eσαῦρος,sauros que quere dicir "lagarto") é unxénero dedinosaurosterópodosceratosáuridos, que viviron a finais doperíodoXurásico, hai aproximadamente 153 e 148 millóns de anos, noKimeridgiano e oTitoniano, no que hoxe éNorteamérica,África e posiblemente enEuropa. Oxénero foi descrito por vez primeira en 1884 polo paleontólogo estadounidenseOthniel Charles Marsh a partir dun esqueleto completo atopado enGarden Park, Colorado, nas rochas daformación de Morrison. Aespecie tipo éCeratosaurus nasicornis.

O espécime de Garden Park constitúe o esqueleto máis completo de todo o xénero, e só foron descritos uns poucos espécimes máis dende entón. Ademais deC. nasicornis, foron descritas dúas especies,Ceratosaurus dentisulcatus eCeratosaurus magnicornis, no ano 2000 a partir de esqueletos fragmentarios deCleveland-Lloyd Quarry deUtah e na veciñanza deFruita, Colorado. Porén, avalidez destas especies foi cuestionada, e os tres esqueletos posiblemente poderían representar diferentes etapas de crecemento da mesma especie. En 1999, anunciouse a descuberta do primeiro exemplar xuvenil. No ano 2000, atopouse e describiuse un espécime parcial naformación de Lourinhã, enPortugal, achegando probas da presenza deste xénero fóra de América do Norte. Tamén foron atopados restos fragmentarios enTanzania, oUruguai eSuíza, aínda que a súa asignación ó xéneroCeratosaurus non é aceptada no presente pola maioría dospaleontólogos.

Ceratosaurus era un terópodo de tamaño medio. O tamaño do espécime orixinal estímase en 5,3 m ou 5,69 m de longo, mentres que o espécime descrita comoC. dentisulcatus era meirande, arredor de 7 metros de longo.Ceratosaurus caracterizábase por grandes mandíbulas con dentes con forma de coitela, un corno destacado semellante a unha crista no medio do fociño e un par de cornos sobre os ollos. As extremidades dianteiras eran moi curtas, mais seguían sendo completamente funcionais; cada man tiña catro dedos. A cola era profunda de arriba abaixo. Unha ringleira de pequenososteodermos (ósos na pel) estaba presente na metade do pescozo, lombo e na cola. Ademais desta ringleira, tiña outros osteodermos en partes descoñecidas do seu corpo.

Ceratosaurus dá o seu nome ósCeratosauria, unclado de dinosauros terópodos que diverxeu de maneira temperá da liñaxe evolutiva que conduciu ás modernasaves. Dentro dos Ceratosauria, algúns paleontólogos propuxeron un estreiro parentesco cosGenyodectes da Arxentina, con quen comparte os dentes fortemente alongados. O xénero xeoloxicamente anterior deProceratosaurus atopado enInglaterra, malia ter sido descrito como antecesor deCeratosaurus, foi posteriormente desvinculado.Ceratosaurus compartiu o seu hábitat con outros xéneros meirandes de terópodos, comoTorvosaurus eAllosaurus, e suxeriuse que estes terópodos ocupaban diferentesnichos ecolóxicos para evitar a competencia entre eles.Ceratosaurus pode ter cazado dinosauros que se alimentan de plantas, aínda que algúns paleontólogos suxeriron que cazaba presas acuáticas como peixes. O corno nasal probablemente non se usou como unha arma como suxeriu orixinalmente Marsh, senón que é máis probable que só o usara para mostrar.

Descrición

[editar |editar a fonte]
Tamaño dos dous espécimes comparados cun humano, co holotipo deCeratosaurus nasicornis (USNM 4735) en laranxa e o meirande espécime (UMNH VP 5278) en azul.

OCeratosaurus ten oplano corporal típico dos grandes dinosauros terópodos.[1] Un animalbípede, trasladábase nas súas poderosas patas traseiras, mentres que as súas extremidades dianteiras tiñan un tamaño reducido. O espécime USNM 4735, o primeiro esqueleto descuberto e oholotipo deCeratosaurus nasicornis, era un exemplar de 5,3 ou 5,69 m de lonxitude segundo diferentes fontes.[2]:115[3] O feito de se ese exemplar era un adulto completamente desenvolvido non está claro.[4]:66Othniel Charles Marsh, en 1884, suxeriu que este espécime pesaba arredor da metade do peso dun contemporáneo seu, oAllosaurus.[5] En revisións máis recentes, foi estimado en 418 kg, 524 kg ou 670 kg.[6] Outros tres esqueletos adicionais descubertos na segunda metade do século XX eran substancialmente maiores. A lonxitude do primeiro deles, UMNH VP 5278, foi estimado de xeito informal por James Madsen como de 8,8 m de longo,[7] mais posteriormente foi corrixido a 7 m.[8] O seu peso foi calculado en 980 kg, 452 kg e 700 kg en obras diferentes.[3][8][9] O segundo esqueleto atopado, MWC 1, era un máis pequeno que UMNH VP 5278 e puido roldar os 275 kg de peso.[9] O terceiro, aínda sen describir, é o espécime BYUVP 12893, que se considera o meirande xamais descuberto, malia que as estimacións do seu tamaño aínda non foron publicadas.[10]:192 Outro espécime (ML 352), descuberto en Portugal no ano 2000, estimouse en 6 m de lonxitude e 600 kg de peso.[8]

Reconstrución artística deC. nasicornis.

O número exacto de vértebras é descoñecido debido a varios ocos na columna vertebral do holotipoCeratosaurus nasicornis. Cando menos 20 vértebras formaban o pescozo e o lombo dende osacro. Na parte media do pescozo, os centros (ou corpos) das vértebras eran tan longos como altos, mentres que na parte diantera e traseira do pescozo, os centros eran máis curtos que altos. As espiñas neurais que se proxectan cara a arriba eran relativamente grandes, e as vértebras dorsais (posteriores) eran tan altas como os centros vertebrais longos. O sacro, que consistía en seis vértebras sacras fusionadas, estaba arqueado cara a arriba, cos seus centros vertebrais fortemente reducidos en altura na súa porción media, como é o caso doutrosCeratosauria.[4]:55–58 A cola estaba formada por arredor de 50 vértebras caudais e representaba a metade da lonxitude total do animal; no holotipo, estimouse en 2,84 m de longo.[5][2]:115 A cola era profunda de arriba abaixo debido ás altas espiñas neurais e alongadascheuróns, ósos situados debaixo da central vertebral. Como noutros dinosauros, facía de contrapeso do corpo e contiña os masivos músculoscaudofemorais, que eran responsables do pulo cara a diante durante a locomoción, tirando a coxa superior cara a atrás cando secontraían.[4]:55–58

Características distintivas do cranio deCeratosaurus: os ósos nasais esquerdo e dereito fusionados forman unha hasta nasal prominente (enriba), e os dentes da mandíbula superior son excepcionalmente longos (abaixo). Estes fósiles son parte do espécime MWC 1 deFruita, Colorado, e exhíbense no museo local Dinosaur Journey.

Aomoplata estaba fusionada coacoracoide, formando un só óso sen ningunha marca visible entre os dous elementos orixinais.[4]:58 O holotipoC. nasicornis foi descuberto cunha extremidade dianteira esquerda articulada que inclúe unha man incompleta. Aínda que estaba desarticulada durante a preparación, fíxose un xeso do antebrazo fósil para documentar as posicións relativas orixinais dos ósos. Osósos carpianos non foron atopados en ningún exemplar, o cal fixo que os estudosos suxerisen que eran inexistentes no xénero. Nun artigo de 2016, Matthew Carrano e Jonah Choiniere suxiren a existencia dun ou varios carposcartilaxinosos (non ósos), como indica nunha fenda presente entre os ósos do antebrazo e os metacarpianos, así como pola textura superficial dentro deste oco.[11] En contraste coa maioría dosterópodos contrazos derivados, que contan con só tres díxitos en cada man (díxitos I–III), oCeratosaurus mantivo catro díxitos, sendo o díxito IV dun tamaño reducido. Osmetacarpos primeiro e cuarto eran curtos, mentres que o segundo era lixeiramente máis longo que o terceiro. Os metacarpos e especialmente as primeirasfalanxes eran proporcionalmente curtas, ó contrario que a maioría dos terópodosbasais. Só as primeiras falanxes dos díxitos II, III e IV están preservadas no exemplar holotipo; o número total de falanxes e ungueais (ósos das gadoupas) é descoñecido. A anatomía do metacarpo I indica que a falanxe estivo presente orixinalmente neste díxito tamén. O pé consta de tres díxitos que sosteñen o peso, numerados II–IV. O díxito I, que nos terópodos está xeralmente reducido a unesporón que non toca o chan, non foi preservado no holotipo. Marsh, na súa descrición orixinal de 1884, asumiu que o díxito se perdeu noCeratosaurus, maisCharles Gilmore, na súa monografía de 1920, anotou unha área de conexión no segundometatarso demonstrando a presenza deste díxito.[2]:112

De maneira única entre os terópodos, oCeratosaurus posuíaosteodermos pequenos, elongados e irregulares ó longo da parte media do seu corpo. Estes osteodermos foron descubertos sobre a espiña neural nas vértebras cervicais 4 e 5, así como nas vértebras caudais 4 a 10, formando probablemente unha liña continua que puido terse estendido dende a base da caveira até a punta da cola. Como suxeriu Gilmore en 1920, a súa posición na matriz rupestre reflicte probablemente a súa posición exacta no animal vivo. Os osteodermos sobre a cola foron atopados separados da espiña neural por 25 a 38 mm, posiblemente contabilizase a pel e os músculos presentes polo medio, mentres que os do pescozo estaban moito máis preto das espiñas neurais. Ademais da liña media do corpo, a pel contiña osteodermos adicionais, como indica unha placa cuadrangular de entre 58 a 70 de longo atopada xunto co holotipo; a localización desta placa no seu corpo é descoñecida.[2]:113–114 O espécime UMNH VP 5278 tamén foi atopado cun bo número de osteodermos, que foron descritos como amorfos. Aínda que a maioría destes osículos se atoparon a un máximo de 5 m de distancia do esqueleto, non se asociaron directamente a ningunha vértebra, a diferenza dos do holotipoC. nasicornis, polo que a súa posición orixinal no corpo non se pode inferir deste exemplar.[12]:32

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Marsh, O.C. (1892)."Restorations ofClaosaurus andCeratosaurus".American Journal of Science44 (262): 343–349.Bibcode:1892AmJS...44..343M.doi:10.2475/ajs.s3-44.262.343.hdl:2027/hvd.32044107356040. 
  2. 2,02,12,22,3Gilmore, C.W. (1920)."Osteology of the carnivorous Dinosauria in the United States National Museum, with special reference to the generaAntrodemus (Allosaurus) andCeratosaurus"(PDF).Bulletin of the United States National Museum110 (110): 1–154.doi:10.5479/si.03629236.110.i.hdl:2027/uiug.30112032536010. 
  3. 3,03,1Paul, Gregory S. (1988)."Ceratosaurs".Predatory Dinosaurs of the World.Simon & Schuster. pp. 274–279.ISBN 978-0-671-61946-6. 
  4. 4,04,14,24,3Tykoski, R.S.; Rowe, T. (2004). "Ceratosauria". En Weishampel, D.B.; Dodson, P.; Osmólska, H.The Dinosauria: Second Edition.University of California Press. pp. 47–70.ISBN 978-0-520-24209-8. 
  5. 5,05,1Marsh, O.C. (1884)."Principal characters of American Jurassic dinosaurs, part VIII: The order Theropoda"(PDF).American Journal of Science27 (160): 329–340.Bibcode:1884AmJS...27..329M.doi:10.2475/ajs.s3-27.160.329. 
  6. Therrien, F.; Henderson, D.M. (2007). "My theropod is bigger than yours … or not: estimating body size from skull length in theropods".Journal of Vertebrate Paleontology27 (1): 108–115.doi:10.1671/0272-4634(2007)27[108:mtibty]2.0.co;2. 
  7. Glut, D.F. (1997). "Ceratosaurus".Dinosaurs: The Encyclopedia.McFarland & Company. pp. 266–270.ISBN 978-0-89950-917-4. 
  8. 8,08,18,2Paul, Gregory S. (2016).The Princeton Field Guide to Dinosaurs (2nd ed.). Princeton University Press. p. 84.ISBN 978-0-691-16766-4. 
  9. 9,09,1Foster, J. (2007). "Gargantuan to Minuscule: The Morrison Menagerie, Part II".Jurassic West: The Dinosaurs of the Morrison Formation and Their World.Indiana University Press. pp. 162–242.ISBN 978-0-253-34870-8. 
  10. Carrano, M.T.; Sampson, S.D. (2008). "The Phylogeny of Ceratosauria (Dinosauria: Theropoda)".Journal of Systematic Palaeontology6 (2): 183–236.ISSN 1477-2019.doi:10.1017/S1477201907002246. 
  11. Carrano, M.T.; Choiniere, J. (2016). "New information on the forearm and manus ofCeratosaurus nasicornis Marsh, 1884 (Dinosauria, Theropoda), with implications for theropod forelimb evolution".Journal of Vertebrate Paleontology36 (2): –1054497.doi:10.1080/02724634.2015.1054497. 
  12. Madsen, J.H.; Welles, S.P. (2000).Ceratosaurus (Dinosauria, Theropoda): A Revised Osteology.Utah Geological Survey. pp. 1–80.ISBN 978-1-55791-380-7. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CeratosaurusModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ceratosaurus&oldid=6588974»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp