Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cephalotaxus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cephalotaxus

Cephalotaxus harringtonia
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Pinophyta
Clase:Pinopsida
Orde:Pinales
Familia:Cephalotaxaceae
Xénero:Cephalotaxus
Siebold &Zucc. exEndl.
Especies

Véxase no texto.

Cephalotaxus, os cefalotaxos, é unxénero deconíferas que comprende 11especies, tratada na familia Cephalotaxaceae, ou en Taxaceae cando a familia é considerada nun máis amplo sentido. É orixinario do leste de Asia, aínda que evidenciasfósiles atribúense unha máis ampla distribución noHemisferio Norte no pasado.

Descrición

[editar |editar a fonte]

As especies sonarbustos e pequenasárboresperennifolias que acadan de 1–10 m (raramente 20 m) de altura. As follas están dispostas en espiral nos gomos, son sinuosas na base e apóiase en dúas ringleiras planas (agás o erectogomo principal), son lineais, de 4–12 cm de longo e 3–4 mm de largo, de textura lene, cunha punta roma, o que axuda a distinguilos dos xéneros relacionadosTorreya, que ten asfollas con punta.

As especies pode ser monoicas oudioicas, cando son monoicas, o cono macho e o cono femia están a miúdo en diferentes pólas. O macho (pole) de 5–8 cm de longo, agrupados ao longo da parte inferior. A femia (semente) son individuais ou agrupados xuntos en 2-15 talos curtos; pequenos ao principio, e que madurecen en 18 meses a unhadrupa de estrutura coma de noz, coa semente de 1.5–4 cm de longo, arrodeada por unha cuberta carnosa, de cor verde ou púrpura en plena madureza. A dispersión natural disque é axudada por especies deesquíos que soterran as sementes coma fonte de alimento para oinverno, assementes que deixaron sen comer son quen de xermolaren.

Especies

[editar |editar a fonte]

De acordo cos estudos de marcadores moleculares, as especies do xénero son:[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Hao, D.C. and Xiao, P.G. and Huang, B.L. and Ge, G.B. et Yang, L. (2008). "Interspecific relationships and origins of Taxaceae and Cephalotaxaceae revealed by partitioned Bayesian analyses of chloroplast and nuclear DNA sequences".Plant Systematics and Evolution (Springer)276 (1): 89–104. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Cephalotaxus
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CephalotaxusModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cephalotaxus&oldid=4848374»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp