Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ceos

Coord.:37°36′45″N24°20′24″L / 37.6125,24.34
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCeos
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 37°36′45″N24°20′24″L / 37.6125,24.34
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo MeridionalEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.455(2011)Editar o valor en Wikidata (18,64hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie131,693 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar ExeoEditar o valor en Wikidata
Altitude560 mEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal840 02Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webkea.grEditar o valor en Wikidata

Ceos, tamén coñecida comoKea eGia (grego Κέα Τζια),Tzia,Zea,Keos (grego antigo Κέως, Keōs), ou enlatínCeos, de onde a forma galega, é unhailla doarquipélago dasCícladas, nomar Exeo, enGrecia.

Trátase da illa máis próxima aoÁtica de todo o conglomerado das Cícladas (aproximadamente, unha hora en barco desdeLaurión; dista 20km do CaboSunión e 60 km deAtenas cara ao sueste. O seu clima éárido e o terreo está infestado de outeiros.

Características

[editar |editar a fonte]

A capital,Yulis, está no interior, a grande altitude (como a maioría de asentamentos históricos cicládicos, por medo aospiratas).

Considérase bastante pintoresca. Outras cidades importantes de Ceos sonCorisia (o porto) eVurkari (un pobo de pescadores).

Tras sufrir o despoboamento durante décadas, Ceos foi redescuberta hai pouco polos habitantes deAtenas para os fins de semana e para viaxes eniate.

A poboación en 1991 era de apenas 1.797 habitantes, sendo a súa densidade inferior á media da prefectura e de Grecia. Ceos ten 19km de longo, de norte a sur, e 9 km de ancho de leste para oeste. A súa superficie é de 128km², sendo a súa cota máis alta de 560 ou 570msnm.

Ao norte da illa está a cidade de Vurkarion Otsias. O extremo sur é o cabo Tamelos e o norte é o San Nicolás (Av. Nikolaos). Ao nordés está o cabo Spathi, e ao oeste o cabo Iakroprounda. A illa de Makronisos, ao noroeste pertence ao municipio de Ceos. É importante na illa o mosteiro de Panayia Kastriani a 7 km de Otsias nunha roca da costa nordés, que toma o nome do monte Kastri, e ten dúas igrexas, unha doséculo XVIII e unha de moderna (dedicada a Santa María). É importante o museo arqueolóxico.

A capital éKea, uns km ao interior da parte noroccidental, e que antigamente se chamou Iulis. Alí naceron os poetas líricosBaquílides eSimónides, o sofistaPródico, o médicoErasístrato e o filósofo peripatéticoAristón. O mosteiro de Agia Anna e Dafni, en Iulis, hoxe en ruínas, foi construído por San Filothei para protexer ás mulleres de Atenas dos turcos.

Localízase nela un asentamento daIdade de Bronce, chamado Áyia Irini (Lassithi), que alcanzou o seu punto álxido nas épocas tardominoica e micénica temperá (1600-1400 a.C.)

O municipio ou prefectura inclúe a illa deMakronisos ao Noroeste, así como un par de liñas de ferri e de cargueiros.

Historia

[editar |editar a fonte]
Antigo mapa de Ceos

A lenda di que o seu nome primitivo foi Hidrusa. Antes da época histórica estableceuse alí unha colonia deNaupacto e despois foi habitada polos xonios. A illa combateu á beira de Atenas nas batallas deArtemisio eSalamina.

A illa tiña catro cidades: Iulis, Cartea, Coresia, e Poesa, pero as dúas últimas desapareceron e xa non existían en tempos deEstrabón.

Quedan algúns restos da antiga Iulis, entre eles un león colosal (Lionda) ao leste da cidade, a 1,5 km. As leis de Iulis foron proverbialmente consideradas como sinónimo de institucións excelentes, e estaban relacionadas coa moral e o xeito de vivir dos cidadáns (unha delas, conservada, di que cada cidadán maior de 60 anos habíase de matar envelenado; outras son mencionadas por Heráclides eAteneo).

O seu porto chamábase Coresia, á beira do arroio Elixos, e tiña un templo dedicado a Apolo Esminteo; hoxe é unha cidade moderna que se chama Corisia.

Cartea estaba na costa sueste, e quedan ruínas na vila chamada Stais Polais.

Poesa estaba na costa suroeste e tamén se conservan as súas ruínas; está próxima á moderna Kavia.

Foi aliada de Atenas noséculo -V, pero logo abandonou a alianza. As minas da illa foron confiscadas por Atenas. Desde entón, estivo en contra de Atenas. En-360, as cidades da illa, que aínda eran 4, formaron unha federación, que subsistiu durante uns séculos.

Durante operíodo helenístico estivo en mans de tiranos e cara ao final doséculo -III, caeu en mans dadinastía tolemaica. Máis tarde pasou aosetolios,macedonios (século -II) e aRodas (despois do-168) e finalmente con esta aRoma.

Noséculo IV, Cartea foi destruída por un terremoto, que ademais afundiu a economía insular, xa danada pola crise imperial.

Durante operíodo bizantino construíronse bastantes igrexas, e a prosperidade da illa creceu. En1204, á caída de Constantinopla, o metropolitano de Atenas, Michel Akominatos, refuxiouse na illa, no mosteiro de Prodomos, onde permaneceu ata a súa morte. Ceos foi bizantina ata o1204, en que foi capturada polosvenecianos no comezo daCuarta Cruzada. Os bizantinos recuperárona en1278. En1296 caeu de novo en mans venecianas, e o señor veneciano Michelis construíu un castelo na antigaacrópole deYulis. O porto converteuse en refuxio de piratas e ao redor de1470 apenas había 200 habitantes na illa.

Ceos foi ocupada polosturcos en1527. Os turcos nunca se asentaron na illa, pero a repoboaron con albaneses a finais doséculo XVI. Durante este período, a illa atraeu a moitas das personalidades, relixiosas e intelectuais, que desexaban pasar desapercibidas. Coa illa practicamente libre de turcos, era un bo lugar de residencia. Pero en1668 os turcos destruíron a illa porque se aliñou cos venecianos. Con todo, aos habitantes concedéronselles máis tarde dereitos significativos, e ao final dese século a poboación alcanzaba os 3.000 habitantes. Entón chamóuselle a miúdo Tzia.

En1770 e ata1774, foi ocupada porRusia, que destruíu algúns monumentos. Durante a guerra entre Rusia eTurquía de1787 a1792, Lambros Katsonis usou o porto como base de operacións contra os turcos; estes fixeron un masacre na illa e o bispo foi colgado.

En1821, o bispo local, Nikothimos Roussos, chamou á rebelión e o sacerdote Athanasios Homatianos dirixiuna. A chegada de dúas mil refuxiados salvados das matanzas deQuíos, levou unha epidemia e San Haralambos, supostamente salvou a illa desta praga en1823 e foi feito patrón. En1830 foi recoñecida parte de Grecia.

En1835, fundouse Kea, no lugar da antiga Iulis. En1837, a illa tiña uns 3.000 habitantes. O seu produto principal noséculo XIX era a gla chamada de Valonia (Quercus Aegilops), que era exportada en grandes cantidades. En1927 Ioannis Gleoudis construíu a primeira industria en Corisia. Nosanos 70 algúns artistas descubriron a illa, que atraía o turismo dos atenienses. Hoxe día a súa riqueza principal é o turismo, aínda pouco desenvolvido

Poboación histórica

[editar |editar a fonte]
AnoPoboación comunalCambioPoboación da illaCambioDensidade
1991--1,797-13.93/km²

O censo de 2001 reflectía unha poboación de 2.417 habitantes.

Comunidades

[editar |editar a fonte]

O nome non está transcrito ao galego segundo as normas habituais de transcrición, senón transliterado do grego moderno.

Galería

[editar |editar a fonte]
  • O famoso león de Ceos en 1826.
    O famoso león de Ceos en 1826.
  • O león de Ceos, desde outro ángulo (1826).
    O león de Ceos, desde outro ángulo (1826).
  • Vista desde o satélite
    Vista desde o satélite
  • Vista de Ioulis
    Vista de Ioulis

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CeosModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ceos&oldid=6848820»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp