Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cen Mil Fillos de San Luís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla nos montes deSanta Margarida, extra muros da cidade daCoruña, acontecida o15 de xullo de1823.

O7 de abril de1823,Francia interveu militarmente enEspaña, a solicitude do reiFernando VII para apoialo fronte aos liberais e restablecer oabsolutismo, en virtude dos acordos daSanta Alianza. O exército francés, denominado co nome dosCen Mil Fillos de San Luís, foi encabezado poloduque de Angulema, fillo do futuroCarlos X de Francia.

O obxectivo fundamental da intervención francesa era rematar cos liberais no goberno desde tres anos antes. As forzas españolas leais enfrontáronse cos franceses enCataluña ao mando deFrancisco Espoz y Mina, pero non houbo apenas reacción popular de apoio e deberon retirarse. O exército francés ocupouMadrid sen resistencia e seguiron cara aAndalucía en persecución dos liberais que se refuxiaran enCádiz con Fernando VII como refén.

Cádiz foi cercada e bombardeada. A resistencia foi moi forte e os franceses non puideron tomar a cidade. A situación dos asediados era desesperada pois non chegaban reforzos de parte algunha. Ao final realizouse un pacto: Fernando VII sairía e prometería defender a liberdade alcanzada polos españois coaConstitución de 1812, e a cambio renderíase a praza.

Acordado cos franceses, Fernando VII saíu da cidade, pero de forma inmediata uniuse ao invasor, e o mesmo1 de outubro decretou a abolición de cantas normas xurídicas foran aprobadas durante os tres anos anteriores dando fin oTrienio liberal.

Notas

[editar |editar a fonte]
  • Horitzó Història. Segundo de Bachillerato. Editorial Vicens Vives. Quinta reimpresión. (2008)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrehistoria é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cen_Mil_Fillos_de_San_Luís&oldid=6596213»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp