Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Celanova

Coord.:42°09′03″N7°57′24″O / 42.150833333333,-7.9566666666667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Celanova.
Modelo:Xeografía políticaCelanova
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 42°09′03″N7°57′24″O / 42.150833333333,-7.9566666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de OurenseEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCelanovaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.727(2024)Editar o valor en Wikidata (85,1hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie67,3 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude530 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataAntonio Puga Rodríguez(2019–)Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en CelanovaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32800Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32024Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcelanova.galEditar o valor en Wikidata
BNE: XX453133

Celanova (dolatíncella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción'[1]) é un concello daprovincia de Ourense, pertencente ácomarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en2018 era de 5.533 persoas(6.020 en2009). O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «celanovés».

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situación

[editar |editar a fonte]

Oconcello de Celanova está situado no oeste daprovincia de Ourense, ao sur dacapital da provincia. Limita ó norte cos concellos deCartelle eA Merca, ó sur conVerea, ó leste coaBola, e ó oeste conRamirás eQuintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.

Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova[2], está comunicado coa capital ourensá polaN-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira dePortugal. Ademais tamén se comunica conXinzo de Limia polaOU-531 atravesando oMonte do Furriolo.

Orografía

[editar |editar a fonte]

No que se refire á cunca natural propia domunicipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión nacapital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coaCasa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríosSorga eArnoia, dá lugar a un valagrario moi produtivo[3].

Hidrografía

[editar |editar a fonte]

Osríos máis importantes que regan o concello son o ríoTuño polo suroeste e os ríosSorga eArnoia polo nordeste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes eregatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome deregato da serra o cal baña as antigas terras doMosteiro de San Salvador.

Clima

[editar |editar a fonte]

Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de xaneiro e os 21 °C de xullo.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. Noséculo XX a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da década de 1910 o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes[4]. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.

Censo total5.533(2018)
Menores de 15 anos542 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos3.058 (55.27 %)
Maiores de 65 anos1.933 (34.93 %)
Evolución da poboación de Celanova  Fontes:INE eIGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
4.8957.3147.8458.0536.0795.94959065809563856155536550854555533564956445652
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)

Historia

[editar |editar a fonte]

Antes do mosteiro o lugar xa estaba poboado e chamábaseVillare pertencendo a un nobre chamado Vitiza[5] que se rebelou contraAfonso III, quen o venceu e lle entregou estas terras ó avó de San Rosendo, Hermenegildo e logo pasaron a seu irmán.En936San Rosendo fundou oMosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. Noséculo XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse polaAlta Limia,Monterrei eO Ribeiro.

Osirmandiños destruíron as fortalezas deMilmanda eVilanova dos Infantes. Desde oséculo XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polosReis Católicos. A partir de1506, coa adhesión aosmosteirosbeneditinos deSan Benito El Real deValladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.

Celanova sufriu as consecuencias das disputas entrePortugal eEspaña debido á súa proximidade á fronteira. Noséculo XIX, durante oTrienio liberal, o mosteiro foiexclaustrado e, finalmente en1837,desamortizado.

En1927 incorporouse ao concelloVilanova dos Infantes e en1967Acevedo do Río.

Economía

[editar |editar a fonte]

Celanova constitúese en centro comarcal deservizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción. Cultívansehortalizas, flores,kiwis e legumes. O gando é, sobre todo,porcos e, logo,ovellas,cabras evacas.

Cada xoves (mércores se o xoves é festivo) celébrase unha feira tradicional na Praza Maior da vila, onde se desenvolve tamén a actividade de elaboración e degustación depolbo á feira.

Patrimonio histórico e artístico

[editar |editar a fonte]

A parte antiga da vila de Celanova está declaradaConxunto Histórico Munumental. Omosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial doséculo XVI, obra deMelchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. Acapela de San Miguel émozárabe.

Moi preto estáVilanova dos Infantes, onde está atorre de Vilanova dos Infantes,torre da homenaxe vestixio do castelo doséculo XIV derrubado polosirmandiños. Nun outeiro próximo está ocastro de Castromao.

EnMilmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos datorre de Milmanda,castelo doséculo X.

EnRabal hai unha ermida renacentista. Sobre orío Arnoia, aponte romana de Freixo conduce ao concello deCartelle.

Celanova na literatura popular

[editar |editar a fonte]
  • As mozas de Vilanova/ eu ben sei quen elas son:/ sonche de aquelas lavadas/ que venderon o xabón.[6]
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás.[7]
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova.[8]
  • Vente conmigo, meniña,/ camiño de Celanova,/ i eu che direi, queridiña,/ que o teu aire me namora.[9]
  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña.[10]

Irmandada

[editar |editar a fonte]

Celanova está irmandada coas cidades de[11]:

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Celanova.
  • Fachada do mosteiro
    Fachada do mosteiro
  • Fachada leste
    Fachada leste
  • Capela de San Miguel
    Capela de San Miguel
  • Praza Maior
    Praza Maior

Parroquias

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Ourense | Parroquias deCelanova

Acevedo do Río (San Xurxo) |Alcázar de Milmanda (Santa María) |Amoroce (Santiago) |Ansemil (Santa María) |Barxa (San Tomé) |Bobadela (Santa María) |Cañón (San Lourenzo) |Casardeita (Santiago) |Castromao (Santa María) |Celanova (San Rosendo) |Fechas (Santa María) |Freixo (Santa Cristina) |Milmanda (Santa Eufemia) |Mourillós (San Pedro) |Orga (San Miguel) |Rabal (San Salvador) |A Veiga (San Paio) |Vilanova dos Infantes (San Salvador) |Viveiro (San Xoán)

Lugares de Celanova

[editar |editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa:Lugares de Celanova.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Esta voz ten un paralelo en Cillanueva no concello leonés de Ardón. Tanto na Cillanueva leonesa como na Celanova ourensá existen importantes asentamentos monacais que testemuñan a presenza de "mosteiros novos" na súa época e mesmo primitivas CELLAE de anacoretas (persoas que viven en soidade facendo penitencia)Cabeza Quiles, F:Toponimia de Galicia.Vigo.Editorial Galaxia. pp. 182-183 2008, 703 páxs.ISBN 978-84-9865-892-1
  2. Está en construción, segundo o proxecto estará rematada en Maio de 2012[1]
  3. "Datos tomados de Celanova Virtual". Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  4. "Datos publicados no INE". Arquivado dendeo orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  5. Estrategias territoriales de un poder monástico en la Galicia medieval: Celanova (siglos X-XII), J C Sanchez Pardo.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49. No orixinal:quén.San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56.Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello deLobios;Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández:Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.
  11. Laura Fernández (5 de agosto de 2010)."Arte entre hermanos".La Región(encastelán). 
  12. "Una delegación de Celanova acudió a Guadix para el hermanamiento de las localidades"(encastelán). 14 de maio de 2006. 
Vídeos externos
Unha viaxe para contar. CelanovaTVG

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Celanova
Terra de Celanova
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreconcellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Celanova&oldid=7001303»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp