Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Actinistios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celacanto»)

Esta páxina trata da subclase dos actinistios ou celacantomorfos (os peixes con forma de celacanto); para ocelacanto propiamente dito,[1][2] véxaseLatimeria chalumnae.

Actinistios / Celacantimorfos
Actinistia /Coelacanthimorpha
Celacantos

Rango fósil:Devoniano -actualidade[3]

Latimeria chalumnae
Estado de conservación
Crítico
Crítico[4]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Sarcopterygii
Subclase:Actinistia
Cope, 1870
Ordes
Sinonimia
  • Coelacanthimorpha[7]

A dosactinistios (Actinistia),[8] tamén chamadoscelacantimorfos (Coelacanthimorpha),[7] é unhasubclase devertebrados daclase dossarcopterixios, que sonpeixes, coñecidos comocelacantos,[1][2][9][10] caracterizados, entre outras cousas, por presentarenaletas lobuladascarnosas, e que se críanextintos desde o períodocretáceo ata que, en1938, un exemplar vivo foi capturado na costa oriental deSuráfrica. Outra especie localizouse en augas das illasCélebes (Indonesia) en1998.[3][11][12]

Estes peixes evolucionaron morfoloxicamente moi pouco desde hai 350 millóns de anos, e se asemellan aos antepasados acuáticos dosvertebrados terrestres. Teñen unhavexiga natatoria non funcional, coas paredes grosas e chea de graxa, que é realmente un vextixio dunpulmón ancestral, utilizado cando vivían non nas profundidades, senón na superficie, tanto en augas mariñas como nas doces. A esta característica, así como a forma e o movemento das súas aletas, valéronlle o nome defósiles viventes como moitas veces se cualifican (erroneamente, por certo, desde o punto de vista científico).[3][11]

Xunto cospeixes pulmonados son os seres vivos máis próximos aos vertebrados terrestres. Apareceron no períododevoniano (hai 400 millóns de anos), aínda que a maior cantidade de restosfosilizados pertencen ao períodocarbonífero (hai 350 millóns de anos).[3]

Etimoloxías

[editar |editar a fonte]

Actinistios

[editar |editar a fonte]

Actinistios é a adaptación ao galego do termo dolatín científicoActinistia, formado polos elementosactin-, tirado do correspondente dogrego antigo ἀκτι-akti-, de ἀκτίςaktís, "raio", e-istia, forma plural derivada do grego ἱστίονhistíon, "velame", de ἱστόςistós, "tecido", "tea", audindo á primeiraaleta dorsal os celacantos, despregada a xeito de abano.[13]

Celacantiformes, celacatimorfos, celacanto

[editar |editar a fonte]

A palabracelacanto é a adaptación do latín científicoCoelacanthus ("de espiñas ocas"), tirada dogrego antigo κοῖλοςkoîlos, "oco" e ἄκανθαákantha,"espiña"), en referencia aos raios ocos daaleta caudal do primeiro espécimefósil,[14] descrito e nomeado porLouis Agassiz en1839.[15] É o nome dunxéneroextinto da liña máis antiga dossarcopterixios,[16]

Os termosCoelacanthiformes eCoelacantimorpha están formados, respectivamente, sobre a raíz do xéneroCoelacanthus e as desinencias dolatín científico-iformes, "en forma de", e-morpha, con igual significado.

Latimeriidae

[editar |editar a fonte]

O nome da familia está formado, como é usual, sobre a base do nome do seuxénero tipo, neste casoLatimeria. engadíndolle a desinencia-idae, propia dos nomes das familias de animais.

Latimeria

[editar |editar a fonte]

O nome do xéneroLatimeria commemora aMarjorie Courtenay-Latimer, directora doEast London Museum, deEast London, provicia doCabo Oriental,Suráfrica que, no verán de1938, recibiu unha chamada telefónica de Hendrik Goosen, patrón dun pesqueiro, na que lle comunicou que, cerca da desembocadura dorío Chalumna, preto de East London, capturara un estraño peixe azul nunca antes visto, polo que se considera a descubridora destre peixe.[17][18]

Descrición xeral

[editar |editar a fonte]
Reconstrución docelacanto das Comores (Latimeria chalumnae).
Modelo de celacanto doDevoniano.
Museo de Ciencias Naturais deHouston.

Os actinistios forman parte doclado (ouclase) dossarcopterixios, ou peixes de aletas carnosas (ou lobuladas). Externamente, varias características distínguenos doutros peixes de aletas carnosas. Teñen unhaaleta caudal trilobulada, na que unha cola secundaria esténdése máis alá da cola principal, separando as metades superior e inferior da aleta caudal. As grosasescamas cosmoides actúan como unha armadura para protexer o exterior do peixe. Así mesmo, diversas características internas tamén distinguen aos celacantos doutros peixes de aletas carnosas. Na parte posterior docranio, os celacantos posúen unha bisagra ou gonzo, unhaarticulación intracraniana que lles permite a estes peixes abrir a súa boca moi amplamente. Os celacantos tamén conservan unhanotocorda oca, chea de aceite a presión, tubo que foi substituído polacolumna vertebral moi cedo nodesenvolvemento embrionario na maioría dosvertebrados.[19] Ocorazón dos actinistios é de forma diferente ao dos peixes máis modernos, coas súas cámaras dispostas nun tubo recto. Oneurocranio dos celacantos está nun 98,5 % cheo de graxa, e só o 1,5 % do seu espazo conténtecido nervioso. As meixelas dos celacantiformes son únicas porque o ósoopercular é moi pequeno e ten unha aleta opercular grande de tecidos brandos. Unha cámara espiracular está presente, pero oespiráculo está pechado e non se abre durante o desenvolvemento.[20] Os celacantos así mesmo posúen unórgano rostral único dentro do espazo darexión etmoidea.[14][15] Outra característica exclusiva dos celacantos acualmente existentes é a presenza dun "pulmón graxo" ou duns lóbulos cheos de graxa dun pulmónvestixial,homólogo ávexiga natatoria doutros peixes. O desenvolvemento paralelo dun órgano graxo para o control daflotabilidade suxire unha especialización única parahábitats de augas profundas. Tamén se descubriron placas pequenas, duras pero flexíbeis, ao redor do pulmón vestixial en espécimes adultos, aínda que non todo o órgano é adiposo. Estas placas teñen probabelmente unha función de regulación do volume do pulmón.[21] Debido ao tamaño do órgano graxo, asúmese que é o responsábel da recolocación infrecuente doril. Os dous riles, que están fundidos nun só,[22] encóntranse situados ventralmente nacavidade abdominal, posteriormente ácloaca.[23]

Descrición especial das especies viventes

[editar |editar a fonte]
Latimeria chalumnae capturado o 21 de xaneiro de 1965 cerca de Mutsamudu.
Anjouan, (Illas Comores).
Aleta pectoral duncelacanto das Comores (Latimeria chalumnae).

Latimeria chalumnae, o celacanto propiamente dito, ou celacanto das Comores, eL. menadoensis, o celacanto indonesio ou celacanto de Manado son as dúas únicasespecies actualmente viventes de celacantos.[15][24] Os celacantos son peixes grandes, repoludos, con aletas carnosas lobuladas que poden chegar a medir até máis de 2 m e a pesar até cae os 100 kg. Estímase que poden vivir até os 60 anos ou máis.[25] Están considerados hoxe en día como os peixes fósiles máis grandes.[26]

Sondepredadoresnocturnos que cazan ao axexopeixes ecefalópodos.[27] O seucorpo está cuberto deescamas cosmoides que actúan como unha armadura. Teñen oitoaletas: dúasdorsais, dúaspectorais, dúaspelvianas, unhaanal e unhacaudal. A cola está formada por dous lobos case iguais e está dividida por un penacho terminal de raios que conforman o seu lóbulo caudal. Osollos son moi grandes, e están adaptados para veren en condicións de iluminación escasa mediantebastonetes que absorben principalmente as lonxitudes de onda máis curtas. A visión dos celacantos evolucionou para captar especialmente a luz azul.[28] A boca é pequena (aínda que se pode abrir amplamente pola articulación dos ósos cranias, como quedou dito). Ósos pseudomaxilars rodean a boca e substitúen aos maxilares, unha estrutura ausente nos celacantos. Dous orificios nasais, xunto con outras catro aberturas externas, aparecen entre o premaxilar e os ósos rostrais laterais. As fosas nasais asemállanse ás de moitos outros peixees e conteñen un orificio nasal interno. Un órgano rostral contido dentro da rexión etmoidal do neurocranio, ten tres aberturas sen protección ao medio ambiente e utilízase como parte do sistema de laterosensorial.[15] A recepción auditiva dos celacantos é mediada polo seu oído interno, que é moi similar ao dos tetrápodos porque ten tamén unhamembrana basilar.[29]

Alocomoción dos celacantos é única. Para moverse aproveitan as corrntes e a deriva. As súasaletas pares estabilizan o seu movemento na auga. Porén, no fondo oceánico, non utilizan as aletas pares para calquera tipo de movemento. Empuxan coa aleta caudal para arranques rápidos. Debido ao gran número de aletas, teñes alta manobrabilidade e poden orientar o seu corpo en case calquera dirección na auga. Téñense visto facendo complicados movementos, como natadando co ventre cara a arriba. Pénsase que o órgano rostral axuda a electropercecón dests peixes, que axuda nos movementos ao redor de obstáculos.[27]

Clasificación

[editar |editar a fonte]

A subclase foi descrita en1870 polopaleontólogo eanatomista comparativoestadounidenseEdward Drinker Cope. Esta subclase só comprende unhaorde, a doscelacantiformes (Coelacanthiformes), que definiu en1937 oxeógrafo ebiólogosoviéticoLev Semiónovich Berg, e que reúne varias familias, case todasfósiles e cunha soa, a doslatimeríidos (Latimeriidae), da que se coñecen na actualidade só as dúasespecies anteriormente citadas.

Fósiles deWhiteia.
Whiteia woodwardi.
Latimeria menadoensis.

SubclaseActinistiaCope, 1870

Filoxenia

[editar |editar a fonte]
A.Miguashaia bureaui,Shultze, 1973, Devoniano superior, Migausha, Canadá;
B.Diplocercides heiligostockiensis,Jessen (1966), Devoniano superior, Bergisch-Gladbach, Alemaña;
C.Serenicthys kowiensisgen. et sp. nov.,[31] Devoniano superior, Grahamstown, Suráfrica;
D.Allenypterus montanusMelton 1969, carbonífero inferior, Montana, USA;
E.Rhabdodema elegans,(Newberry, 1856), crbonífero superior, Linton, Ohio, USA;
F.Latimeria chalumnaeSmith, 1939, recente, costas do sueste de África.

Os seguintescladogramas están baseados en múltiples fontes.[32][33][34][35][36]

Rhipidistia

Actinistia
Miguashaiidae

Gavinia

Miguashaia

Diplocercidae

Dictyonosteus

Diplocercides

Hadronectoridae

Hadronector

Allenypterus

Holopterygius

Lochmocercus

Polyosteorhynchus

Rhabdodermatidae

Rhabdoderma

Caridosuctor

Synaptolus

Sassenia

Coelacanthidae

Axelia

Coelacanthus

Wimania

Ticinepomis

Laugiidae

Coccoderma

Laugia

Trachymetopon

Spermatodus

Coelacanthiformes

NoDevoniano superior aespeciación dosvertebrados descendentes depeixes de aletas lobuladaspeláxicos (comoEusthenopteron) mostra a seguinte secuencia de adaptacións:
*Panderichthys, coloniza baixos lamacentos.
*Tiktaalik, con aletas semellantes a patas que podían arrastralo atá a terra.
Primeiros tetrápodos, en zonas pantanosas colmatadas por vexetación:
*Acanthostega, con patas de oito dedos.
*Ichthyostega con patas.
Entre os descendentes cóntanse tamén formas peláxicas como oscelacantos.
Coelacanthiformes
Whiteiidae

Piveteauia

Whiteia

Rebellatricidae

Rebellatrix

Latimerioidei

Garnbergia

Mawsoniidae

Chinlea

Parnaibaia

Mawsonia

Axelrodichthys

Diplurus

Libys

Latimeriidae

Holophagus

Undina

Macropoma

Swenzia

Latimeria

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Dicionario de galegoIr Indo, (2004):celacantos m ANIMAL/ICT Peixe do xéneroLatimeria, da subclase dos sarcopterixios que presenta ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve para moverse na escuridade e para capturar presas.
  2. 2,02,1Gran dicionarioXerais da lingua, (2009):celacanto.s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.
  3. 3,03,13,23,3Johanson, Z.; Long, J. A.; Talent, J. A.; Janvier, P.; Warren, J. W. (2006)."Oldest coelacanth, from the Early Devonian of Australia".Biology Letters2 (3): 443–6.PMC 1686207.PMID 17148426.doi:10.1098/rsbl.2006.0470. 
  4. Especies do xéneroLatimeria naLista vermella de especies ameazadas daUICN.
  5. Coelacanthiformes noWoRMS.
  6. Eschmeyer, William N., ed. (1998):Catalog of Fishes: Genera, Species, References. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, num. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences.ISBN 978-0-940228-47-5.
  7. 7,07,1CoelacanthimorphaArquivado 04 de marzo de 2016 enWayback Machine. enFossilworks.
  8. Actinistia naEncyclopaedia Britannica
  9. celacantoArquivado 05 de xuño de 2016 enWayback Machine. en Galnet - WordNet 3.0 do Galego, sli.uvigo.gal
  10. CelacantoArquivado 09 de xuño de 2016 enWayback Machine. en dbpedia.org, sli.uvigo.gal
  11. 11,011,1Forey, Peter L (1998).History of the Coelacanth Fishes. London: Chapman & Hall.ISBN 978-0-412-78480-4. [cómpre nº de páxina]
  12. Lavett Smith, C.; Rand, Charles S.; Schaeffer, Bobb; Atz, James W. (1975). "Latimeria, the Living Coelacanth, is Ovoviviparous".Science190 (4219): 1105–6.Bibcode:1975Sci...190.1105L.doi:10.1126/science.190.4219.1105. 
  13. Actinistia no Merriam-Webster Unabridged Dictionary en liña.
  14. 14,014,1"The Coelacanth – a Morphological Mixed Bag". ReefQuest Centre for Shark Research. 
  15. 15,015,115,215,3Forey, Peter L (1998):History of the Coelacanth Fishes. London: Chapman & Hall.ISBN 978-0-412-78480-4.
  16. "The Coelancanth | Actforlibraries.org".www.actforlibraries.org. Consultado o 13-02-2016. 
  17. Milestones - Coelacanth,Latimeria chalumnae Smith, 1939.
  18. "Smithsonian Institution - The Coelacanth: More Living than Fossil".vertebrates.si.edu. Consultado o 13-02-2016. 
  19. What do we know about the coelacanths - Science in AfricaArquivado 21 de setembro de 2013 enWayback Machine..
  20. Gaining Ground, Second Edition: The Origin and Evolution of Tetrapods
  21. Brito, Paulo M.; Meunier, François J.; Clément, Gael; Geffard-Kuriyama, Didier (2010). "The histological structure of the calcified lung of the fossil coelacanthAxelrodichthys araripensis (Actinistia: Mawsoniidae)".Palaeontology53 (6): 1281–90.doi:10.1111/j.1475-4983.2010.01015.x. 
  22. From fish to philosopher
  23. History of the Coelacanth Fishes.
  24. Nelson, Joseph S. (2006).Fishes of the World. Hoboken, New Jersey: John Wiley.ISBN 978-0-471-75644-6. [cómpre nº de páxina]
  25. "Coelacanths, Coelacanth Pictures, Coelacanth Facts - National Geographic".National Geographic. Consultado o 15-02-2016. 
  26. "Coelacanth - body, used, Earth, form, animals, part, Anextinctdiscovery".www.scienceclarified.com. Consultado o 15-02-2016. 
  27. 27,027,1Fricke, Hans; Reinicke, Olaf; Hofer, Heribert; Nachtigall, Werner (1987). "Locomotion of the coelacanth Latimeria chalumnae in its natural environment".Nature329 (6137): 331–3.Bibcode:1987Natur.329..331F.doi:10.1038/329331a0. 
  28. Yokoyama, Shozo; Zhang, Huan; Radlwimmer, F. Bernhard; Blow, Nathan S. (1999)."Adaptive Evolution of Color Vision of the Comoran Coelacanth (Latimeria chalumnae)".Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America96 (11): 6279–84.Bibcode:1999pnas...96.6279y.JSTOR 47861.PMC 26872.PMID 10339578.doi:10.1073/pnas.96.11.6279. 
  29. Fritzsch, B. (1987). "Inner ear of the coelacanth fish Latimeria has tetrapod affinities".Nature327 (6118): 153–4.Bibcode:1987Natur.327..153F.PMID 22567677.doi:10.1038/327153a0. 
  30. Latimeriidae noWoRMS.
  31. Xénero e especie novos.
  32. Wendruff, A. J.; Wilson, M. V. H. (2012). "A fork-tailed coelacanth,Rebellatrix divaricerca, gen. et sp. nov. (Actinistia, Rebellatricidae, fam. nov.), from the Lower Triassic of Western Canada".Journal of Vertebrate Paleontology32 (3): 499–511.doi:10.1080/02724634.2012.657317. 
  33. Gallo, V., M.S.S. de Carvalho, & H.R.S. Santos (2010). "New occurrence of †Mawsoniidae (Sarcopterygii, Actinistia) in the Morro do Chaves Formation, Lower Cretaceous of the Sergipe-Alagoas Basin, Northeastern Brazil".Boletim do Museu Paraense Emílio Goeldi5 (2): 195–205. 
  34. Long, J. A. (1995).The rise of fishes: 500 million years of evolution. Baltimore: Johns Hopkins University Press. 
  35. Cloutier, R. & Ahlberg, P. E. (1996).Morphology, characters, and the interrelationships of basal sarcopterygians. pp. 445–479. 
  36. Clement, G. (2005). "A new coelacanth (Actinistia, Sarcopterygii) from the Jurassic of France, and the question of the closest relative fossil toLatimeria".Journal of Vertebrate Paleontology25 (3): 481–491.doi:10.1671/0272-4634(2005)025[0481:ancasf]2.0.co;2. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Actinistios
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Actinistios

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Actinistios&oldid=6814011»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp