Aviso médico.Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Cefalalxia,cefalea (dolatíncephalaea, e este dogregoκεφαλαία, deκεφαλή, cabeza) oudor de cabeza fai referencia ás dores e molestias localizadas en calquera parte da cabeza, nos diferentes tecidos dacavidade cranial, nas estruturas que o unen á base do cranio, os músculos e vasos sanguíneos que rodean ocoiro cabeludo,face epescozo. Na linguaxe coloquial cefalalxia é sinónimo de dor de cabeza.[1].
As dores de cabeza frecuentes poden afectar as relacións persoais e o emprego.[2] Dáse tamén un gran risco de depresión en persoas con dores de cabeza severas.[2] É un dossíntomas máis comúns na medicina, e unha das razóns máis frecuentes das consultas a especialistas clínicos,pediatras eneurólogos, fisioterapeutas especializados enosteopatía eacupuntura. A cefalea é un síntoma universal noser humano. Estímase que entre o 90 e o 100% das persoas terán algún tipo de dor de cabeza ao longo da vida.[3]
As cefaleas máis comúns do ser humano son axaqueca e acefalalxia tensional. A meirande parte das cefaleas non teñen unha causa subxacente grave e só unha de cada 1.000 das que chegan a necesitar de asistencia médica se deben a untumor.
Desde a antigüidade coñécese a demanda de asistencial debido a cefalalxias: o trastorno xa é citado nalgúns documentossumerios eexipcios.Hipócrates refírese, con gran coñecemento, ás cefaleas e individualiza con gran precisión axaqueca con aura. Posteriormente a estes primeiros achegamento á temática houbo outros tratados cara ao tema ao longo da historia e en especial a partir da segunda metade doséculo XIX. Con todo non foi ata o ano1948 cando se sistematizan por primeira vez hipóteses rigorosas (actualmente en parte superadas) sobre a patoxenia das diferentes cefaleas, grazas á publicación de Headache and other head pain Harold Wolff.[4]
Hai máis de 200 tipos de dores de cabeza. Algúns son inofensivos e algúns son potencialmente mortais. A descrición da dor de cabeza e os achados no exame neurolóxico, determinan se se necesitan probas adicionais e que tratamento é o mellor.[5]
As dores de cabeza teñen unha gran variedade de causas, dende forzar demasiado a vista ata a inflamación das cavidades sinusoidais ou, outras condicións perigosas comoencefalite,[6]cancro de cerebro,[7]meninxite[6] ou unaneurisma cerebral. Cando a dor de cabeza aparece xunto cunhaferida na cabeza, a causa é normalmente bastante evidente; aínda que moitas causas das dores de cabeza son de máis difícil diagnóstico. O tipo de dor de cabeza máis común é ador de cabeza tensional. Moita xente ten dores de cabeza cando teñen fame ou estándeshidratados (a deshidratación severa é unha das causas da dor de cabeza despois da borracheira, xa que oalcohol é undiurético).
As dores de cabeza clasifícanse en termos xerais como "primarias" ou "secundarias":[8] Defínense comocefaleas primarias aquelas nas que non existe unha causa estrutural ou metabólica que explique a sintomatoloxía, mentres que nassecundarias a dor de cabeza non é máis que o síntoma dunha outra patoloxía subxacente.[9] Na gran maioría de casos a cefalea é primaria, con todo a cefalea pode ser síntoma doutra enfermidade. Debido ao carácter esencialmente subxectivo da dor de cabeza, o feito de que se dean escasos indicadores clínicos e a falta de marcadores biolóxicos e anatómicos, para facer un diagnóstico da cefalea e a súa diferenciación faise necesario efectuar unha extensa e minuciosa valoración da historia do paciente. Nas cefaleas secundarias é onde a práctica de diversas técnicas médicas (exploración física, exame neurolóxico, neuroimaxe etc.) adquiren maior relevo.[10]
As cefaleas tensionais son debidas á contracción e tensión dos músculos dos ombros, o colo, o coiro cabeludo e a mandíbula, xa que a miúdo están relacionados co estrés, a depresión ou a ansiedade. O feito de traballar demasiadonon durmir o suficiente, omitir comidas e consumir alcohol ou alucinóxenos pode facer que as persoas sexan máis susceptibles ás dores de cabeza. Igualmente, as dores de cabeza poden ser desencadeadas polochocolate, oqueixo ou oglutamato monosódico (GMS). As persoas que consomen cafeína poden presentar dores de cabeza cando non obteñen a cantidade diaria usual.
Outras causas comúns poden ser:
Realizar unha actividade que obrigue a persoa a manter a cabeza na mesma posición durante moito tempo, como utilizar unha computadora, un microscopio ou unha máquina de escribir
Durmir nunha posición anormal
Esforzarse demasiado
Estreitar a mandíbula ou chiar os dentes
As cefaleas tensionais tenden a darse en ambos os dous lados da cabeza e a miúdo comezan na parte posterior deste e propáganse cara a diante. A dor pode ser xorda ou opresiva, mesmo como unha banda axustada ou unha prensa arredor da cabeza. É posible que se senta dor e rixidez nos ombros, o colo e a mandíbula.
Asxaquecas son dores de cabeza fortes e recorrentes que xeralmente están acompañadas doutros síntomas, como trastornos visuais ou náuseas, e tenden a comezar nun lado da cabeza, aínda que a dor se pode diseminar dun lado o outro. É posible que a persoa experimente unha "aura" (síntomas de advertencia que se inician antes da dor de cabeza) e xeralmente sente unha dor intensamente pulsátil e palpitante.
Hai moitos. No Dicionario Enciclopédico de Medicina, aparecen 26 definicións de cefalalxias, entre as que se poden destacar:
Cefalalxia asociada co uso ou coa supresión defármacos, que é producida por diferentes tipos de substancias como nitritos, dipiridamol, betahistina, reserpina,monóxido de carbono,alcohol etc.
Cefalalxia tensional, e a cefalalxia crónica diaria, unha forma crónica da cefalalxia. É moi común entre os nenos.[11]
Cefalalxia esencial, que non ten unha causa coñecida.
Cefalalxia migrañosa, que é o síntoma principal do acceso demigraña, en crises recorrentes separadas entre elas por intervalos libres de síntomas.
Cefalalxia en acios, oucefalea de agrupamento, que evoluciona con accesos intensos, de curta duración (15-30 minutos) e recorrentes, de dor unilateral localizado nas zonas periorbitaria e frontal, con elevación da temperatura local, inxecciónconxuntival, lagrimeo, e rinorrea. Pode considerarse como unha variante da migraña.
Cefalalxia neurótica oucefalalxia psicoxénica, que é consecuencia dun conflito psíquico. Pode ser unha cefalea tensional ou unha cefalea orgánica por hipertensión arterial.
Cefalalxia oftálmica, ocasionada por patoloxías no ollo comoglaucoma, queratite, uveíte ou neurite óptica.
Cefalalxia otorrinolaringolóxica, ocasionada porotite,sinusite etc.
Cefalalxia orgánica oucefalalxia sintomática. É a que é consecutiva a algún proceso subxacente: afeccións oculares, afeccións otorinosinusals, alteracións das estruturas craneocervical (cervicoartrose,tumors cerebrais, hipertensión endocranial etc.), repercusións metabólicas (intoxicacións, estados febriles,anemia, vasodilatación farmacolóxica etc.), estados postraumáticos e neuralxias craniais.
ONational Institutes of Health (NIH), unha institución do goberno dos Estados Unidos dedicada á investigación médica, clasifica as dores de cabeza nun número relativamente limitado de categorías.[12] Destacando cinco tipos de dor de cabeza fundamentais segundo sexan principalmente de tipo vascular, mioxénico (tensión muscular), de orixe cervical, de tracción, e como resposta inflamatoria.
Vascular. O tipo máis común de dor de cabeza vascular é amigraña. Logo da migraña, o tipo máis común de dor de cabeza vascular é a dor de cabeza producido polafebre. Outro tipo de dor de cabeza vascular inclúe acefalea en acios, que son dores de cabeza moi graves, recorrentes e de curta duración, a miúdo situados a través ou ao redor dos ollos e, a miúdo, sófrese no mesmo momento todas as noites.
Mioxénico ou muscular. Parecen implicar o endurecemento ou a tensión dos músculos faciais e do pescozo, e poden irradiar na cara. Acefalea tensional é a forma máis común desta categoría de dor de cabeza.
Cervicoxénica. Dores de cabeza de orixecervical que proceden dos trastornos do pescozo, incluídas as estruturas anatómicas innervadas polas raíces cervicais C1-C3.
De tracción ouinflamación. Son síntomas inflamatorios doutros trastornos, que van desde os accidentes cerebrovasculares en infeccións dosseos paranasais. Inclúense varios tipos de dores de cabeza xa mencionados como acefalalxia tensional, amigraña, e moitos outros.
A cefalalxia en realidade é unsíntoma que pode estar orixinado por unha interminable lista de causas. A Sociedade Internacional de Cefaleas (International Headache SocietyIHS) publica unha clasificación actualizada periodicamente, na cal explícanse de forma detallada as distintas orixes de está afección.[9]
Axaqueca ouhemicrania é un tipo de cefalalxia moi intensa, que pode acompañarse de certos avisos previos, denominadosaura. Esta aura antecede ao episodio migrañento e pode ser de varios tipos. Un dos máis comúns é a aura oftálmica, na que o paciente ve unha serie de lampos ou alteracións na súavisión.
Xeralmente a xaqueca causa unha dor incapacitante, e é motivo de baixa laboral. A dor é pulsátil, é dicir, vai e ven en cuestión de segundos. Normalmente comeza nunha parte localizada docranio para logo espallarse por todo el. A frecuencia de xaqueca é moi variable entre persoas, polo que existen enfermos con episodios ao ano, episodios ao mes, ásemana e nalgúns casos cada poucos días.
Durante o proceso, que pode durar ata 3días, o enfermo padece dor ante sons fortes (fonofobia) e molestias ante aluz (fotofobia). O repouso en cama e o sono axudan á conclusión do episodio. Noutras ocasións é preciso percorrer á medicación. Os antiinflamatorios non esteroides, coma oparacetamol ou oibuprofeno adoitan ser pouco ou nada efectivos. Acarbamacepina e aergotamina son bos medicamentos. No caso de que unha persoa sufrise de moitos episodios, pode administrarse un tratamento preventivo.
Nuns poucos casos, a xaqueca perpetúase no tempo, enlazando unha xaqueca con outra. É o denominadostatus migrañento e é unha doenza que require hospitalización e tratamento endovenoso. O mantemento deste estado pode dar lugar a complicacións graves, por exemplo vasculares.
Xunto coas xaquecas, é o outro meirande tipo de cefalalxia. A causa é a contracción dosmúsculos dacabeza ou dopescozo. En moitas ocasións hai causantes coma o estrés ou substancias coma a cafeína. Trátase dunha dor opresiva, como se existise un casco que oprime a testa. Por norma xeral non é unha dor grave nin incapacitante, polo que habitualmente a persoa mantén as súas actividades normais. O exercicio adoita mellorar a dor. O tratamento pode requirir medicación preventiva constante se os ataques son moi frecuentes, ademais do tratamento da dor aguda cando este é moi intenso.[13] Se é preciso pódense empregar medicamentos, preferentementeantiinflamatorios non-esteroides,paracetamol oumetamizol.
É outro tipo de cefalalxia primaria, con dor en salvas, xeralmente localizados por encima doollo, noarco supraciliar ou en zonas próximas. As salvas poden ser máis ou menos frecuentes, con posible espallamento por todo ocranio.
Cefalalxia hemicrania paroxística crónica ou hemicrania continua
7.Cefalea ou dor facial atribuído a trastorno do cranio, pescozo, ollos, oídos, nariz, seos, dentes, boca ou outras estruturas faciais ou craniais. Inclúense as cefalea causada por alteracións do oído, como aotite, dosseos paranasales entre elas asinusite e do ollo, por exemplo oglaucoma agudo.
14.Outros tipos de cefalalxia, neuralxia cranial e dor facial central ou primario. Inclúe todas aquelas cefalalxias que non poden encadrarse en ningún dos apartados anteriores.
A exploración orienta ao profesional sanitaria sobre o tipo de cefalea que presenta o paciente. Dependendo dos síntomas acompañantes, o tipo de dor, a idade e os antecedentes poden ser necesarias diferentes tipos de exploracións, cítanse algunhas das que se empregan máis habitualmente:
O médico pode recomendar a realización de diferentes probas complementarias en casos seleccionados, en moitas ocasións os datos principais proveñen do interrogatorio e das características localización e intensidade da dor. É usual a solicitude de estudos analíticos, entre eles ohemograma, aVSG e aPCR.
Os seguintes signos ou síntomas poden ser indicativos de procesos agudos ou de maior gravidade, polo que obrigan a un estudo máis exhaustivo e específico:[17]
Inicio brusco con dor de grande intensidade, ou ben durante o exercicio, especialmente se a cefalea é de nova aparición e moi intensa. Podería ser suxestivo dunhahemorraxia subaracnoide.
Curso progresivo, é dicir aumento gradual no transcurso de días ou semanas. Pode indicar o crecemento dunha lesión ocupante de espazo, como un tumor cerebral.
Inicio na idade media da vida, sobre todo se é de carácter progresivo.
Cefalea acompañada por alteracións do nivel de conciencia, signos menínxeos,convulsións ou outros signos neurolóxicos que fagan sospeitar a existencia dun proceso grave.
As dores de cabeza débense controlar diariamente para axudar a identificar a fonte ou o causante dos síntomas. Despois, débese modificar o ambiente ou os hábitos para evitar futuras dores de cabeza. Cando se presenta unha dor de cabeza, anotarase a data e a hora á que comezou, o que a persoa comeu nas últimas 24 horas, a cantidade de tempo que a persoa durmiu a noite anterior, o que a persoa estaba facendo e no que estaba pensando xusto antes de que comezase a dor de cabeza, calquera situación de estrés, a duración da dor de cabeza e o que a persoa fixo para detelo. Logo de certo tempo, a persoa pode comezar a observar un patrón.
Unha dor de cabeza pódese aliviar descansando cos ollos pechados e a cabeza apoiada ou utilizando técnicas de relaxación. Para aliviar as cefaleas tensionais pode ser efectivo un masaxe ou calor aplicada na parte posterior superior do pescozo.
O tratamento varía amplamente segundo a causa e o tipo de cefalea. As mellores opcións para tratar as cefaleas máis comúns son os analxésicos como oparacetamol e os axentesantiinflamatorios non-esteroides (AINEs) como aaspirina, oibuprofeno e onaproxeno. Con todo é preciso ter en conta que estes fármacos non están exentos de efectos secundarios que en ocasións son graves, por exemplo, o ácido acetilsalicílico non se debe usar con nenos debido ao risco de desenvolvemento dasíndrome de Reye. Ademais o abuso dos mesmos pode en determinadas circunstancias agravar o problema. Poden utilizarse en casos de dor de cabeza leve ou moderado que ocorra ocasionalmente. En caso de cefalea intensa, frecuente ou con algún dos síntomas de alarma, debe consultarse sempre co médico e evitar a automedicación.[18]
O primeiro sistema de clasificación do que se ten constancia foi publicado porAreteo de Capadocia, un médico erudito daantigüidadegrecorromana. Fixo unha distinción entre tres tipos diferentes de dor de cabeza: i) cefalalxia, coa que indica unha dor de cabeza temporal de aparición repentina; ii) cefalea, referíndose a un tipo crónico de dor de cabeza; e iii) heterocrania, unha dor de cabeza paroxística nun lado da cabeza.Outro sistema de clasificación que se asemella aos modernos foi publicado porThomas Willis, enDe Cephalalgia en 1672. En 1787Christian Baur dividiu de forma xeral as cefaleas enidiopáticas (cefaleas primarias) esintomáticas (secundarias), e definiu 84 categorías.[19]
↑Patricia Belmonte Herrera, Sandra Bernal Durán (2007). Revista Paceña de Medicina Familiar, ed."Cefaleas"(PDF)(en castelán). p. 5. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27/04/2014. Consultado o 27/01/2014.