O concello esténdese entre a abrupta costa setentrional, onde se abre aría de Lires e a regardadaría de Corcubión á que se asoma polas enseadas deSardiñeiro e Cee.
As maiores altitudes localízanse no límite oriental conDumbría (Alto de Montemaior 405 m, Monte de San Pedro 370 m) e no sector central, alto de Toba 305 m, desde onde o relevo descende bruscamente cara á plataforma litoral, estreita e sinuosa, onde se localiza a poboación.
A rede hidrográfica está organizada en dúas concas, a meridional fórmana os ríos Cee e Brens que desembocan na ría de Corcubión e a setentrional, os ríosCastro e Lires, que verten na ría de Lires.
O municipio ao asomarse ao mar por tres fragmentos de costa separados ofrece unha paisaxe variada: a ría de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrán e a beira oriental da ría de Corcubión, desde a vila de Cee ata a enseada de Ézaro. Pese a atoparse dentro da chamadaCosta da Morte estes tres tramos ofrecen características diferenciadas, de acordo coa súa posición nunha zona de transición entre asRías Altas e asBaixas, onde hai praias de augas tranquilas, moi frecuentadas no verán.
O topónimo Cee viría dun hidrónomo prerromanocéltico-galaico cunha raíz indoeuropea*kei‑ co significado de ‘augas en movemento’ segundo documentaEdelmiro Bascuas e viría dun medievalCea ouCeia como se atopa nun documento de 1178 comovillas de Ceia in Nemancis. Outra hipótese menos probábel baséanse noseseo do topónimo, polo que See derivaría dunha forma latinasinus ‘seo’ (palabra que aínda se utiliza na actualidade polos mariñeiros para designar unha enseada)[1].
Hai abondosa documentación sobre Cee noséculo XVI, momento en que tiña moita importancia apesca, especialmente a decetáceos. Foi entón cando se construíu a igrexa parroquial, de estilo gótico tardío. O templo foi reconstruído logo da desfeita provocada polos franceses naGuerra da Independencia Española, conservando algunhas partes da edificación primitiva.