Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ceca de Soho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceca de Soho
Soho Mint
Soho Manufactory

Edificio deSoho Manufactory en1773, onde se estableceu aSoho Mint.

TipoCasa de moeda
Fundación1788
MatrizSoho Manufactory.
LocalizaciónBirmingham
InglaterraInglaterra
FundadorMatthew Boulton.
Persoas claveJames Watt.
ProdutosMoedas públicas e privadas emedallas.
editar datos en Wikidata ]

Aceca de Soho (eninglés:Soho Mint) foi unhafábrica dedicada ácuñaxe demoeda instituída poloindustrialbritánicoMatthew Boulton en1788, nos albores daRevolución Industrial, no seo da súa empresaSoho Manufactory, na contorna deBirmingham, enInglaterra.[1][2][3][4][5]

Aceca, instalada nas mesmas instalacións da factoría de Boulton, contaba con oitomáquinas de deseño propio, movidas por unmotor de vapor, capaces de cuñar entre 70 e 84 moedas por minuto.[1][4][6]

Historia

[editar |editar a fonte]
Retrato deMatthew Boulton (ca.1775), propietario daceca de Soho.

Matthew Boulton introduciu en 1788 na cuñaxe de moeda as novas técnicas industriais e a maquinaria movida por vapor desenvolvidas en virtude da súa asociación coenxeñeiroescocésJames Watt.[1][2][3]

En1786, dous terzos das moedas en circulación en Gran Bretaña eran falsificacións, e aRoyal Mint respondeu a esta crise cesando as súas emisións, o que agravou aínda máis a situación.[4][7] Ante esta situación, Boulton focalizou o seu interese na moeda miúda a mediados dadécada de 1780, como extensión dos pequenos produtos metálicos que xa estaba a fabricar na súa factoría de Soho. Isto levouno á instalación da súa ceca privada en 1788, dentro da súa planta industrial. Inventou entón unha prensa de torno impulsada por vapor, que funcionaba pola presión aplicada a un pistón.[1][3][4][8]

Outra das importantes innovacións tecnolóxicas foi a introducida porJean Pierre Droz, unfranco-suízo vinculado á fábrica de Boulton que ideou un colar para a cuñaxe de inscricións nos cantos das moedas e asegurar así tamén a súa forma circular que, malia non ser axeitado para un gran número de moedas, se mantivo en uso nos anos posteriores naSoho Mint.[2][9][8][10]

Marca de ceca (SOHO abaixo e á dereita doescudo) nunha moeda de dous peniques

A empresa tivo un escaso éxito inmediato, aínda que conseguiu asinar un contrato coaRoyal Mint o3 de marzo de1797 para a cuñaxe de moeda oficial británica. Ao pouco tempo conseguiu ampliar o contrato ás moedas daCompañía Británica das Indias Orientais, deSerra Leoa e mesmo deRusia, e tamén comezou a producir discos en branco de moi alta calidade destinados a seren cuñados noutras casas de moeda.[11] A Soho Mint enviou máis de 20 millóns destes discos aFiladelfia para seren cuñados con valores dun centavo e demedio centavo de dólar na casa de moeda dos EEUU (United States Mint), cuxo director,Elias Boudinot, os consideraba "perfecta e fermosamente puídos".[2][4][12]

A produción masiva de moedas con máquinas impulsadas con vapor supuxo o logro dunhas dimensións estandarizadas e dun peso e unha redondez uniformes, algo que os falsificadores poderían conseguir moi dificilmente.[4]

Logo do cesamento de actividade da ceca de Soho a súa maquinaria foi vendida en poxa pública en1850, e parte dela foi adquirida polo industrial Ralph Heaton II para a súa nova cecaBirmingham Mint, a maior ceca privada do mundo do século XIX.[4][13]

Produción

[editar |editar a fonte]

Cuñaxes privadas (tokens)

[editar |editar a fonte]
Anverso dunhamoeda privada (token) de1793 co busto deJohn Wilkinson,cuñada naSoho Mint.

As primeiras moedas cuñadas na ceca de Soho, antes das emisións regulares británicas, eran cuñaxes privadas, coñecidas no mundonumismático comotokens, normalmente con valores dun e de medio penique. Porén, a factoría de Boulton non foi a primeira en levar a cabo estas cuñaxes, nin tampouco a máis prolífica. Durante a idade de ouro das cuñaxes detokens británicos, a ceca de Soho encargouse das cuñaxes destas moedas privadas para setenta empresas, particulares e institucións dasIllas británicas, para o que se utilizaron arredor de 70toneladas de cobre, cantidade que se pode comparar coas 300 toneladas cuñadas por Thomas Williams nostokens dacompañía mineira deAnglesey. Pero, á marxe da súa cantidade, estas primeiras cuñaxes da Soho Mint foron as máis significativas, xa que desencadearon o desenvolvemento das novas técnicas de cuñaxe industrial.[2][14][15]

As primeiras destas moedas privadas cuñadas na factoría de Boulton foron unha modesta cantidade de pezas dun penique para Charles Mordaunt, propietario dunmuíño, establecido nunha pequena vila deLancashire, segundo consta en documentos datados en1783, data previa ao establecemento da ceca, o que fai pensar que Boulton comezou as súas cuñaxes noutros lugares. A estas primeiras emisións seguíronas outras moitas, entre as que cabe salientar as cuñadas para o industrial do aceiro John Wilkinson, para aParys Mine Company, de Anglesey, para aCornish Metal Company ou para a compañía Gilbert Shearer & Company, deGlasgow, entre outras moitas.[14][15]

Monneron de1791, cuñado naceca de Soho.

Na ceca de Soho cuñáronse tamén en1791 e1792 asmoedas de necesidade privadasfrancesas coñecidas comomonneron, emitidas pola compañíaMonneron Frères Negociants, propiedade dos irmáns Monneron. Estas moedas tiñan valores de dous e de cincosoldos (sols). O deseño das de cinco soldos e o gravado dos seus cuños correu a cargo deAugustin Dupré, e o das de dous soldos a cargo de Ponton, en tanto que do proceso decuñaxe se ocupouJean Pierre Droz, vinculado a outras cuñaxes da ceca de Boulton.[15][16][17][18][19]

Moeda de cobre oficial británica

[editar |editar a fonte]

Desde1754, ARoyal Mint non realizara máis cuñaxes das moedas decobre máis comúns, con valor enpeniques, que as emisións de cuartos e medios peniques de1770-1775.[6]

Moeda de dous peniques da ceca de Soho a nome deXurxo III.

Nese contexto de escaseza de circulante, eran moi comúns asfalsificacións; por iso, cando se lle encargaron á Soho Mint novas emisións de moedas de cobre, estas fixéronse cunvalor facial tan próximo ao valor intrínseco do cobre puro que contiñan (unhaonza depeso as dun penique) que a falsificación cesou por resultar antieconómica.[20][6] A ceca de Soho cuñou pezas de 2 e 1 penique, de medio penique e duncuarto de penique (farthing).[21][22][23][24][25]

Canto ao seu diámetro, estableceuse que as de dous peniques medisen exactamente unhapolgada e media, en tanto que 16 peniques aliñados debían medir douspés.[4]

Con deseños deHeinrich Küchler, as primeiras moedas con valores dun penique e de dous peniques saíron da ceca de Soho en1797, en tanto que as denominacións máis baixas non se cuñaron ata anos máis tarde.[26] Tratábase de moedas dun gran tamaño e cunlistel moi elevado. En dous anos cuñáronse arredor de 45 millóns de pezas.[3][4][27]

Anverso damedalla de Seringapatam, cuñada naSoho Mint

Medallas

[editar |editar a fonte]

Ademais de moedas de cobre para uso interior en Inglaterra, nesta ceca labráronse tamén algunhasmedallas.[28][2] Entre as máis senlleiras fabricadas en Soho cómpre salientar a coñecida como "medalla Seringapatam" feita para a Compañía Británica das Indias Orientais en1801 e1802 para premiar os participantes na batalla de Seringapatam (5 de abril a4 de maio de1799) naIndia.[29][30]

Tamén é moi significativa unha medalla sobre aBatalla de Trafalgar, iniciativa do propio Matthew Boulton e sufragada por el mesmo para lles entregar a todos os participantes na batalla de1805.[31][32]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Estas son algunhas das moedas e medallas producidas na ceca de Soho.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3Tungate, S. (2010). "Matthew Boulton and Coining". Páxinas 18-35.
  2. 2,02,12,22,32,42,5McKivor, W. (2010).
  3. 3,03,13,23,3"Matthew BoultonArquivado 28 de agosto de 2019 enWayback Machine.". EnBirmingham Jewellery Quarter.
  4. 4,04,14,24,34,44,54,64,74,8Rodgers, K. (2009).
  5. "Matthew Boulton the Man. TimelineArquivado 13 de marzo de 2012 enWayback Machine.". EnSohoMint.info.
  6. 6,06,16,2Dickinson, H. W. (1937).
  7. Lobel, R. (1999). Páxina 575.
  8. 8,08,1Tungate, S. (2010). "The Technology of Coining". Páxinas 99-184.
  9. Tungate, S. (2010). Figura 3.17. Páxina 157.
  10. Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in MintingArquivado 07 de setembro de 2019 enWayback Machine.".Soho Mint.
  11. Tungate, S. (2010). "Catalogue of Foreign Coins and Medals". Páxinas 347-405.
  12. Symons, D. (2009). Páxina 94.
  13. Sweeny, J. O. (1981).
  14. 14,014,1Tungate, S. (2010). "Catalogue of tokens". Páxinas 312-346.
  15. 15,015,115,2"Matthew Boulton's Steam Mint. The Token Story - IArquivado 20 de setembro de 2019 enWayback Machine.". EnSohoMint.info.
  16. Tungate, S. (2010). "Europe: Monneron Frères". Páxina 382.
  17. "Monneron". EnInfonumis. Le site de la numismatique française moderne 1789-2001.
  18. Torres, J. (2012). "Auge y caída de la acuñación a volante. Jean-Pierre Droz y Philippe Gengembre". EnRevue Numismatique. Nº 168. Páxinas 326-333.
  19. "Monnerons Issued!Arquivado 07 de setembro de 2019 enWayback Machine.". EnSohoMint.info.
  20. Tungate, S. (2010). "Sice of coins". Páxina 136.
  21. Tungate, S. (2010). "British Regal coinage and Bank tokens". Páxinas 263-311.
  22. "George III farthing 1771-1807Arquivado 01 de outubro de 2019 enWayback Machine.". EnCOINSGB. Your guide to British coins.
  23. "George III halfpenny 1770-1807Arquivado 27 de xullo de 2018 enWayback Machine.". EnCOINSGB. Your guide to British coins.
  24. "George III penny 1797-1808Arquivado 01 de outubro de 2019 enWayback Machine.". EnCOINSGB. Your guide to British coins.
  25. "George III twopence 1797Arquivado 03 de outubro de 2022 enWayback Machine.". EnCOINSGB. Your guide to British coins.
  26. Pollard, J. G. (1970). "Matthew Boulton and Conrad Heinrich Küchler". EnThe Numismatic Chronicle. Serie 7ª. Vol. 10. Páxinas 259-318.
  27. Skipp, V. (1980).
  28. Tungate, S. (2010). "Catalogue of Medals". Páxinas 406-449.
  29. "The Seringapatam Medal".The Victoria and Albert Museum.
  30. "Seringapatam Medal (Gold)Arquivado 04 de marzo de 2016 enWayback Machine.".The Fitzwilliam Museum.
  31. "Trafalgar MedalArquivado 07 de setembro de 2019 enWayback Machine.". EnSohoMint.info.
  32. Joslin; Litherland; Simpkin. (1988).British Battles and Medals. Spink. Londres. 1988. Páxinas 24 e 27.ISBN 0907605257
  33. "18th Century Commemorative Medal. Victory of the Nile, 1798Arquivado 23 de marzo de 2019 enWayback Machine.".Birmingham Museums and Art Gallery.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ceca de SohoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazón externa

[editar |editar a fonte]
  • "Coinage". EnArchives of Soho. Birmingham City Council.
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ceca_de_Soho&oldid=6971677»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp