Ceca deLugdunum | |
---|---|
![]() | |
AVGVSTVS DIVI • F; cabeza laureada cara á dereita. | LEG IIII FL,Apolo Citaredo conlira; ACT noexergo. |
Áureo. Ceca deLugdunum.Cuñado en10 a. de C. 7,83g.[1] |
Aceca deLugdunum, coñecida tamén comosegunda ceca imperial, foi unobradoiro monetario do Imperio Romano creado o15a. de C. na cidade deLugdunum (a actualLión), capital daGalia, a partir dareorganización do sistema monetario imperial por parte de Augusto.[2] Co tempo converteuse nunha das cecas máis salientables da antiga Roma e cuñou unha grande variedade de tipos demoeda romana.[3][4]
Ceca deLugdunum | |
---|---|
![]() | |
CAESAR AVGVSTVS DIVI F PATER PATRIAE; cabeza laureada cara á dereita. | AVGVSTI F COS DESIG PRINC IVVENT,Princeps iuventius en pé, con escudo e lanza, esimpulus elituus encima. C L CAESARES no exergo. |
Denario. Ceca deLugdunum.Cuñado en14 a. de C. 3,85g.[5] |
EnLugdunum comezou a funcionar un obradoiro monetario en43a. de C., o mesmo ano de fundación da cidade. As súas primeiras emisións producíronse baixo Lucio Munacios Planco (87 a. de C.15d. de C.) como gobernador daGalia. Cando en novembro de 43 a. de C.,Marco Antoino toma o poder como gobernador daGallia Comata (aGaliacéltica transalpina), ordenou dúas emisións dequinarios deprata, a primeira en decembro dese mesmo ano e a segunda en xaneiro de42 a. de C.[6] As sucesivas emisións entre os anos 40 e 36 corresponderon xa ao mandato deAgripa. En36 a. de C. cuñáronse moedas debronce cos bustos acaroados deXulio César e deOctavio cunhaproa de galera noanverso.[7] A partir do ano 40 coñécense tamén algunhas emisións a nome de Octavio.Este primeiro obradoiro foi promovido á categoría dececa imperial por Octavio Augusto en15 a. de C., e converteuse de camiño nunha das cecas máis importantes do Imperio. Viuse na obriga de ampliar as súas dimensións, co fin de poder pagar aos soldados estacionados na Galia e nas rexións doRin, evitando así que se tivesen que transportar desde Roma grandes cantidades de diñeiro en moedas cuñadas nesa cidade.[8]
Entre15 a. de C. e64 d. de C., baixo os mandatos deTiberio,Calígula,Claudio eNerón, a ceca deLugdunum foi a única de todo o Imperio Romano que cuñou moeda deouro e deprata.[2] Con todo, non resulta doado atopar mostras de cuñaxes pertencentes a determinados períodos, como é o caso dos mandatos de Claudio ou de Nerón. O principal argumento a favor da existencia de cuñaxes deLugdunum nestes períodos radica na perfecta continuidade do estilo entre as cuñaxes de ouro e de prata de Calígula e de Claudio. Ademais, moitas das moedas foron cuñadas no Santuario das tres Galias (Ara trium Galliarum), o que supón unha marca contundente da orixe destas cuñaxes.[9] Así e todo, algúns investigadores subliñan que a rareza dos exemplares coñecidos debilita tal argumento.[10]
É máis difícil confirmar a produción de moeda lionesa baixo Nerón, aínda que existe un consenso científico en atribuír a esta ceca todas as moedas divisionarias debronce dotadas dun pequeno globo baixo a efixie do anverso.[11] E despois de Nerón, as certezas son cada vez menores, mais a maioría dos especialistas estiman que a produción de moeda baixo Nerón continuou no período deGalba.[12] Pola contra, non parece que houbese cuñaxe ningunha baixoOtón, que tería cuñado unicamente naceca de Roma.[13]
Logo dun período sen actividade, oobradoiro monetario foi reaberto porVitelio, para a cuñaxe de moedas de ouro e de prata.[14] Nese momento aparece un estilo moi definido, non só nesas moedas senón tamén nas de bronce. A certeza desta reapertura apóiase na cantidade dedupondios e deases no territorio da antiga Galia, xa que semella pouco probable que outra cidade á parte deLugdunun acollese a ceca nesta rexión.[13]
A ceca pechou en78[2] e non reabriu máis que dun xeito efémero en197, para cuñar unha serie monetaria a nome de Clodio Albino, procedente deBretaña, que parou enLugdunm para preparar o seu asalto contraRoma. A ceca tivo que reactivarse en pouco tempo para este mester e funcionou só durante uns meses.[16] A partir de aí, non foi ata oséculo III d. de C., baixoAureliano (probablemente en274), cando o obradoiro retomou o seu labor dun xeito regular, por mor da renovada actividade daslexións, ás que cumpría pagar en momentos tan convulsos. Nesa época, a ceca deLugdunum retomou o seu papel capital na produción demoeda imperial. Porén, a partir de294, o poder imperial decidiu establecer un novo obradoiro monetario enAugusta Treverorum (Tréveris), o que levou a ceca lionesa ao rango de obradoiro monetario complementario. A súa produción mantívose durante oséculo IV e ata o comezo doséculo V, cara a413.
Estas son as denominacións das moedas cuñadas na ceca deLugdunum en diversos momentos da súa historia:
A reforma levada a cabo por Diocleciano xeneralizou o uso dasmarcas de ceca para informar da procedencia das moedas, xeralmente presentes noexergo dosreversos. Estas son as máis frecuentes das utilizadas pola ceca deLugdunum para as moedas deouro, deprata e debronce, en función da época:[4][24]
Período | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
256-294 | Sen marca | Sen marca | L, LVG, SML |
300-310 | LC | ||
313-350 | LG | ||
336-392 | LVG | ||
340-351 | LG | ||
340-375 | LVG | ||
348-363 | FOLG, GPLG, LPLG, PPLG, MPLG, RPLG | ||
351-353 | NLVG | SPRLG | |
353-367 | SMLVG | LG | |
360-363 | LVGD | LVGDOFF | |
360-418 | LVG, LVGV | ||
367-375 | SMLAP | LVGA, LVGP,LVGPR, LVGS | |
378-395 | LVGPS | ||
388-411 | COM | ||
417-418 | COMB | LDPS, LDPV, SMLD |
O establecemento monetario non deixou rastroarqueolóxico ningún. Podería estar situado nas proximidades do lugar onde se estableceu a gornición romana. De feito, a inscriciónepigráfica datumba dunlexionario revelou que este fora asignado ácohors XVII lugdunensis ad monetam, e tal expresión suxire o papel particular desacohorte, como garantía da seguridade do obradoiro monetario.[25]
Malia a ausencia de datos arqueolóxicos concluíntes, é plausible relacionar as instalacións da ceca co outeiro de Fourvière, no actual distrito lionés de Saint-Just. A coñecida como Grotte Bérelle (unha gran cisterna soterrada de orixe galo-romana, cuns 440 m3 de capacidade) podería ter sido a reserva de auga para a cohorte urbana asignada á seguridade da ceca.[26]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceca de Lugdunum![]() |