Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Talo.
O talo dunha planta.
Otalo[1] oucaule[2] é, entre as plantas conflores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga araíz e no que se penduran asxemas e asfollas. Ramifícase xeralmente en diversaspólas.
Diferénciase da raíz pola presenza de entrenós nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia decofia terminal e pola súa estrutura anatómica. A transición entre raíz e talo faise no "pescozo". Poden existir talos subterráneos como existen raíces aéreas.
Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.
Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo dotalo dasplantas inferiores outalófitas, é o cultismocaule.[3]
O talo é a parte da planta que medra no sentido contrario da raíz. Del saen as pólas ou talos secundarios, as follas, as flores e os froitos.
Os talos pódense observar nomicroscopio electrónico grazas a uns cortes transversais finos de talo ou depedúnculos florais. Estes cortes poden ser coloreados para permitir diferenciar ascélulas e os seus constituíntes grazas á dobre coloración: carmín-verde (colorante de Miranda).
A codia está constituída por un tecido de revestimento de orixe primaria: aepiderme (7). Este último componse dunha soa capa de células aliñadas unha á beira doutra; pódense ver osestomas de cando en cando para permitir os intercambios gaseosos entre o medio exterior e o talo.
Baixo a epiderme atópase oparénquima cortical, un tecido composto de células máis grosas e menos organizadas. É o lugar onde se realiza afotosíntese e pode servir de reserva á planta. A miúdo atópase debaixo un parénquima lignificado (aparece verde no corte) que serve de sostén á planta, é o esclerénquima (5).
O cilindro central
O límite entre a codia e o cilindro central está delimitado polos feixes condutores. Estes últimos atópanse noutro parénquima chamado parénquima medular. Os feixes están formados por dous tipos devasos: oxilema (2, 3) e ofloema (4). O xilema conduce ozume bruta composta de auga e sales minerais desde as raíces cara aos órganos fotosintéticos onde o zume cárgase deazucre. Transfórmase entón en zume elaborado que é conducida polo floema cara aos órganos que pidenenerxía, tales como as xemas, as raíces, os tubérculos , as flores e os froitos.
No centro do talo atópase amedula (1) ou zona medular que contén parénquimas de reserva. Entre as Poáceas (gramíneas), esta zona está substituída por un baleiro central. Isto explica por que o talo detrigo está oco cando se curta.
Nas plantasvasculares a ramificación ten lugar a partir dun talo principal, do cal orixínanse os talos laterais. No caso dasconíferas en xeral, o talo principal medra indefinidamente pola acción dunha única xemaapical que medra ano tras ano. As pólas laterais medran menos co talo principal (abeto).
Outras plantas ramifícanse dun xeito diferente. A xema apical medra tan só durante un ano, e son as xemas máis próximas á apical as encargadas de prolongar o talo (tilo)
Herbáceos. Teñen consistencia deherba, como o trigo (Triticum vulgare).
Leñosos. Teñen consistencia de leña. Neste grupo atópanse asmatas, que non superan ometro de altura, como otomiño (Thymus vulgaris ), osarbustos, que teñen entre un e cinco metros de altura, como obuxo (Buxus sempervirens) e asárbores que teñen máis de cinco metros de altura, como ospiñeiros.
Subterráneos:
Os rizomas. Talos de lonxitude e grosor variables, que medran horizontalmente a profundidades diversas segundo as especies. Os nós levan follas pequenas, e cada ano producen raíces que penetran no chan e talos aéreos de vida curta, acana (Arundo donax).
Os tubérculos. Máis grosos cós rizomas, diferéncianse en que teñen crecemento limitado, non presentan habitualmente raíces e adoitan durar un só período vexetativo. Moitos tubérculos utilízanse na alimentación humana, como apataca (Solanum tuberosum).
Os bulbos. Na súa formación intervén un talo moi curto e diversas follas carnosas que o recobren, como nascebolas (Allium).
Aéreos. Desenvólvense ao aire. Entre os talos aéreos destacamos osrectos ouascendentes, que medran de formavertical. Osrastreiros que medran de xeitohorizontal sobre a terra; algúns producen raíces en diversos puntos chamadosestolóns, coma oamorodo (Fragaria vesca).
As madeiras proceden dostroncos e das ramas das árbores. Constitúen a materia prima de varias industrias:mobles,papel,construción... As árbores de crecemento lento dan madeiras duras, de mellor calidade, que se empregan xeralmente na industria do moble. As árbores de crecemento rápido dan madeiras brandas que se usan principalmente para a fabricación de papel. Entre as árbores máis finas de madeira dura podemos atopar acaoba, oébano, ateca, e opau rosa empregados para facer mobles de gran calidade, e entre a branda, asconíferas son moi comúns, como olárice,piñeiro,abeto; e outros como olamigueiro,faia,bidueiro e ocarballo, de aplicación na industria da construción e outras.