Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Catarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2013.)
Castelo de Montségur, fortaleza-santuario do catarismo.

Ocatarismo é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc (Occitania) durante a BaixaIdade Media. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, ásexualidade e afastándose da sociedade xerárquica eclesiástica co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos daIgrexa Católica e do rei deFrancia, que se disputaban o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade deAlbi nese país, hoxe parte da Francia actual.

Doutrina

[editar |editar a fonte]

Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso,Xesús de Nazaret non se encarnara, nin morrera realmente na cruz, e sendo os sacramentos referentes a obxectos materiais, estes eran falsos e perniciosos agás a confesión. Vivían nunha rigorosa austeridade, rexeitaban a sexualidade e toleraban o matrimonio para aqueles que non tivesen aínda a condición de perfectos. A sexualidade bendicida mediante o sacramento do matrimonio era para eles unha aberración e un sacrilexio.

Orixes

[editar |editar a fonte]

Semella ser unha corrente de pensamento e espiritualidade dualistas procedente da actualBulgaria identificada cos bogomilos e proscrita polaIgrexa Ortodoxa dominante noImperio Bizantino. Arraigaría no mediodía galo por mor das rutas comerciais e o tráfego de mercadorías.

Relacións cos predicadores

[editar |editar a fonte]

Os monxes cistercienses tentaron a conversión das masas populares fascinadas pola autenticidade dos seguidores do catarismo. Mais o afastamento propio da vida monacal era unha dificultade para a reevanxelización. Ospapas organizaron misións que escandalizaron aDomingos de Guzmán pola súa pompa e luxo e consecuente ineficacia fronte ao exemplar rigorismo moral cátaro. Isto animou a Domingos de Guzmán a emprender unha predicación dende a pobreza e a austeridade que tivo resultados discretos e insuficientes, pero que está na orixe da orde dominica.

Cruzada albixense e xenocidio

[editar |editar a fonte]

Os resultados escasos da predicación pacífica impulsada por Domingos de Guzmán, levou o Papa a ordenar a organización dunha cruzada co gallo do asasinato do seu legadoPierre de Castelnau en xaneiro de1208, supostamente por orde deRaimundo VI, conde de Tolosa e defensor dos cátaros. Esta cruzada dexenerou no exterminio de decenas de miles de persoas, a implantación daInquisición, o sometemento de Occitania ao rei de Francia e a desarticulación definitiva do movemento cátaro. A promesa de facerse coas posesións e terras dos cátaros propiciou o esmagamento do movemento e a implantación dun novo poder político fiel ao rei de Francia.

O derradeiro prefecto cátaro coñecido,Guillermo Belibaste, foi executado en1321.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Catarismo&oldid=6955850»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp