O catabolismo, proceso complementario óanabolismo[1], é semellante para todos os seres vivos, tantoautótrofos comoheterótrofos e consiste en transformacións químicas mediante o uso de enzimas a modo decatalizadores. A maioría das reaccións sonredox (oxidación - redución), nas que uns compostos se oxidan a partir doutros que se reducen. Nestas reaccións interveñen enzimas do grupodeshidroxenasas que usanconezimas como oNAD (nicotinamida-adenín-dinucleótido) e oFAD (flavín-adenindinucleótido). As oxidacións levadas a cabo adoitan ser mediante a perda de electróns asociados á perda de protóns.
Conxunto de reaccións metabólicas, levadas a cabo no interiormitocondrial, por medio das cales as células obteñen enerxía dos nutrientes por medio da súa oxidación. O dador de electróns é un composto orgánico e o aceptor final unha molécula inorgánica. En función desta última, podemos á súa vez diferenciar dous tipos de respiración, aerobia se o aceptor final é o O2, ou anaerobia se o aceptor final é o aniónnitrito ou osulfato.
Arespiración aerobia é un proceso metabólico baseado na oxidación de nutrientes (glícidos,proteínas elípidos) mediante o uso deosíxeno, obtendo auga e dióxido de carbono, produtos finais da respiración. Os electróns que perden estas biomoléculas son transferidos ata acadea de transporte de electróns, dándo lugar así áfosforilación oxidativa e á súa vez á síntese do ATP.
Na respiración aerobia deben entrar compostos de dous carbonos en forma deAcetilCoA óCiclo de Krebs. Unha das fontes deste coenzima é a degradación de glícidos naglicólise, obtendo nun primeiro lugarpiruvato que logo dá lugar ó AcetilCoA. Outra fonte sería tamén abeta-oxidación dos ácidos graxos, cuxo proceso produce grandes cantidades deste composto. Por último, e menos frecuente, podería obterse a partir dos aminoácidos.
Balance enerxético da respiración aerobia dunha molécula de glicosa.
Ten lugar nocitosol de todos os organismos vivos. Consta de varias reaccións na que intervén a glicosa como produto de partida (molécula de 6 carbonos) e se obteñen dous piruvatos (molécula de 3 carbonos), polo que non hai perda en forma de CO2. Durante este proceso lévanse a cabo dúas fosforilacións dando lugar a dúas moléculas de ATP, as únicas orixinadas de forma directa polos glícidos.
Proceso catabólico no cal os ácidos graxos perden grupos de dous carbonos nun proceso cíclico en forma de moléculas de AcetilCoA, e na que se producencoenzimas reducidos (NADH,FADH2). Deste modo os ácidos graxos aportan gran parte da enerxía que a célula precisa. Nos animais a β-oxidación lévase a cabo no interior mitocondrial e nos vexetais nosglioxisomas.
Baséase na degradación de proteínas en unidades máis simples (dipéptidos, aminoácidos) mediante a acción deenzimas proteolíticas. Os aminoácidos só son catabolizados cando se excede a cantidade necesaria polo organismo para a biosíntese, orixinandoamoníaco, o cal é eliminado do organismo.[2]
Arespiración anaerobia é un proceso de oxidación-redución de nutrientes para a obtención de enerxía na que o aceptor final é unha molécula inorgánica distinta do osíxeno, coma onitrato,sulfato,dióxido de carbono etc.
Non se debe confundir coafermentación, dado que o único en común é a ausencia de osíxeno do medio de reacción. Nas fermentacións non funciona ningún tipo de cadea de transporte electrónico e o ATP sintetízase a nivel substratro xa que non existe ningunha enzimaATP sintetase.
Un dos aceptores finais máis comúns é o anión nitrato, o cal se reduce a nitrito cando capta un electrón, chegando a dar óxidos de nitróxeno e nitróxeno gas. Este proceso chámasedesnitrificación e é prexudicial para a agricultura dado que o ión nitrato é un fertilizante.
Afermentación é un proceso metabólico anaeróbico de oxidación-redución mediante o cal se consegue enerxía pola catabolización de carbohidratos, xeralmente, mais poden participar ocasionalmenteaminoácidos,ácidos orgánicos,alcois ebases nitroxenadas.
De fermentación podemos diferenciar sete tipos en función do sustrato afectado:
Homoláctica: Tipo máis simple. O piruvato orixina o lactato como produto final mediante unha soa reacción.
[[fermentación heteroláctica|Heteroláctica: Das dúas moléculas de piruvato orixinadas da glucosa só unha dá lugar ó lactato; a outra conduce a etanol e dióxido de carbono.
Alcólica: Os produtos finais son etanol e dióxido de carbono.
Ácida-mixta: Produce unha mestura de ácidos e outras substancias.
Butanodiólica: Ademais dos produtos da ácida-mixta, orixina o 2,3-butanodiol.
Butírica: Os produtos finais son os ácidosacético ebutírico.
Propiónica: Os produtos finais son os ácidospropiónico, acético e dióxido de carbono.
↑Murray, Robert K.; Bender, David A.; Botham, Kathleen M.; Kennelly, Peter J.; Rodwell, Victor W.; Weil, P. Anthony (2010).Herper. Bioquímica ilustrada (28ª ed.). McGRAW-HILL.ISBN978-0-07-162591-3.
↑Torres Camacho, Vanesa; Alí Paz, Griselda Ivonné (2014)."Metabolismo de proteínas"(PDF).Revista de Actualización Clínica41: 2137. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017.