Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña
 Instancia de
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

OCatálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña (encatalán:Catàleg d'autoritats de noms i títols de Catalunya), máis coñecido polo acrónimoCàntic, é un catálogo de autoridades deCataluña, cooperativo e en liña.[1] O seu obxectivo é normalizar os puntos de acceso aos catálogos bibliográficos, mellorar a comunicación entre os diferentes catálogos e favorecer a busca e recuperación da información. Por estandarizar os nomes, nomes-títulos e títulos (chamados "puntos de acceso") dá consistencia aos catálogos do sistema bibliotecario. Facilita un intercambio máis áxil e eficaz entre rexistros bibliográficos e, en definitiva, fai posible que os usuarios realicen buscas asistidas, precisas e exhaustivas. Os datos están integrados no catálogo virtual internacional de autoridadesVirtual International Authority File (VIAF).[2]

É un servizo que aBiblioteca de Catalunya coordina no marco do Catálogo Colectivo das Universidades de Cataluña (CCUC)[3] que dá un trato especial ás autoridades de nome e título vinculados á cultura catalá que reciben un traballo de autoridade completo. Proporcionan, en moitos casos, acceso á información daGran Enciclopèdia Catalana.

Contribuirá á creación dun futuro Catálogo Único de Cataluña (CUC), concibido en2004 no marco do Acordo de Goberno para a mellora e modernización do sistema bibliotecario deCataluña.[4]

Historia e evolución

[editar |editar a fonte]
Biblioteca de Catalunya

En2002, a Comisión Asesora de Catalogación, órgano consultivo daBiblioteca de Catalunya en materia de catalogación, tratou o tema da necesidade de crear unha lista de autoridades deCataluña. Decidiu crear unha subcomisión técnica que estudara a viabilidade do proxecto e que elaborara os requirimentos e as funcionalidades da lista de autoridades de nomes e títulos, tendo en conta as necesidades reais e viables do sistema bibliotecario catalán.

De marzo a outubro de2003, a subcomisión elaborou un informe no que redacta a definición e os obxectivos da lista. Constatouse que a situación do control de autoridades do sistema bibliotecario catalán aínda non satisfacía as necsidades nin evitaba a duplicación de tarefas, esforzos e custos. Seguindo o modelo doutras experiencias internacionais, considerouse que un catálogo de autoridades único en Cataluña sería un proxecto viable que favorecería o intercambio de rexistros bibliográficos e o acceso e a recuperación da información. O informe redactou as bases para a creación do catálogo de autoridades así como o modelo cooperativo e os requirimentos e as funcionalidades do programario de xestión.

O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña creouse ao amparo da Lei 4/1993 do Sistema Bibliotecario de Cataluña. «A Biblioteca de Catalunya supervisa, valida e unifica nunha única lista o catálogo de autoridades.»[5] Comezou a funcionar en2007 e en setembro de2003 tiña xa uns 30.000 rexistros. En outubro de2014 acadáronse os 147.500 rexistros.

Institucións participantes

[editar |editar a fonte]

En2015 participan no catálogo:

Mantemento e actualización

[editar |editar a fonte]

Os rexistros de autoridades do catálogo créanse seguindo asregras de catalogación angloamericanas, a normativa catalográfica internacional e as concrecións daBiblioteca de Catalunya aprobadas polos membros do CCUC.[6] Para codificar os rexistros utilízase o Format Marc 21, un dosformatos MARC usados na actualidade.[7] Existe tamén un Manual Càntic co procedemento de elaboración dos rexistros de autoridade para as entidades que participan.[8]

O Servizo de Normalización Bibliográfica daBiblioteca de Catalunya é o encargado de ofrecer formación e soporte a todos os participantes e ademais vela pola calidade dos rexistros de autoridade. A base de datos actualízase cada mes e pode consultarse no sitio web daBiblioteca de Catalunya.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Actes de les 10es Jornades Catalanes d'Informació i Documentació (ed.)."CÀNTIC: o catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña". Arquivado dendeo orixinal o 17 de setembro de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  2. Biblioteca de Catalunya (ed.)."A Biblioteca de Catalunya participa no proxecto VIAF (Virtual International Authority File)". 
  3. Biblioteca de Catalunya (ed.)."Viquipèdia, Wikidata e CÀNTIC enlazados!". Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  4. "Acordo para a mellora e modernización do Sistema Bibliotecario de Cataluña no período 2004-2007, aprobado polo Goberno da Generalitat de Cataluña o 20 de xullo de 2004."(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 12 de abril de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  5. Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya, ed. (29 de marzo de 1993)."Lei 4/1993, de 18 de marzo, do sistema bibliotecario de Cataluña"(PDF). Barcelona. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 10 de abril de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  6. Concrecions a les AACR2 Part II (Encapçalaments, títols uniformes, referències), Ed. 2008. Barcelona : Biblioteca de Catalunya, 2008
  7. Format Marc 21 per a dades d’autoritat, Edició anglesa, Edició concisa catalana
  8. Manual CànticArquivado 03 de marzo de 2016 enWayback Machine., Barcelona, Biblioteca de Catalunya, actualización de agosto de 2013, 50 páxinas

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikidata ten a propiedade:  CANTIC(P1273)
(Ver os seususos)

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Catálogo_de_autoridades_de_nomes_e_títulos_de_Cataluña&oldid=6919331»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp