Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Castrelo do Val

Coord.:41°59′26″N7°25′27″O / 41.990555555556,-7.4241666666667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Castrelo do Val.
Modelo:Xeografía políticaCastrelo do Val
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 41°59′26″N7°25′27″O / 41.990555555556,-7.4241666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de OurenseEditar o valor en Wikidata
CapitalCastrelo do ValEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación951(2024)Editar o valor en Wikidata (7,8hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie122 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude419 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataVicente Gómez García(2019–)Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Castrelo do ValEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32625Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32021Editar o valor en Wikidata

Sitio webcastrelodoval.galEditar o valor en Wikidata

Castrelo do Val é un concello daprovincia de Ourense, pertencente ácomarca de Verín. Segundo oIGE en 2015 tiña 1079 habitantes(1263 en2003). Oxentilicio écastrelexo.[1]

Localización

[editar |editar a fonte]

O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entreCabeza de Manzaneda e aserra de Queixa polo nordeste e o val doTámega (ou deVerín ou deMonterrei) no suroeste. As alturas máximas son as deCabeza de Valdefeira (1288 m),Peña Nofre (1291 m) eCabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. Orío Camba está represado noencoro das Portas.

A temperatura media anual é de 9 °C, conoscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)

O camiño de ferro deOurense aZamora atravesa o concello.

Historia

[editar |editar a fonte]

Até1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo deCastrelo de Miño. Foi galeguizado a finais doséculo XX.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]
Estela do Guerreiro de Castrelo do Val

No lugar de Pedra Alta atopouse unhaestela daIdade de Bronce, ata agora único en Galiza.[2] Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.

Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais deServoi eCampobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o dePepín) e a fonte e o casco antigo deNocedo.

Entre o patrimonio natural destaca oParque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para aDenominación de Orixe Monterrei.

Poboación

[editar |editar a fonte]
Censo total1079(2015)
Menores de 15 anos77 (7,13 %)
Entre 15 e 64 anos545 (50,51 %)
Maiores de 65 anos457 (42,35 %)


Evolución da poboación de Castrelo do Val  Fontes:INE eIGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
29752913322724551239124111771169113811091079106710281001984958979969
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Castrelo do Val.

Parroquias

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Ourense | Parroquias deCastrelo do Val

Campobecerros (Santiago) |Castrelo do Val (Santa María) |Gondulfes (Santa Cruz) |Nocedo do Val (San Salvador) |Parada da Serra (San Lucas) |Pepín (San Vicente) |Piornedo (Santa Eufemia) |Portocamba (San Miguel) |Servoi (Santa María)

Lugares de Castrelo do Val

[editar |editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa:Lugares de Castrelo do Val.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016).Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega(PDF). Vigo:Universidade de Vigo. p. 45.ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Lamas, Jorge (2011-05-07)."Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro".La Voz de Galicia(encastelán). Consultado o2023-09-19. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Castrelo do ValModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Comarca de Verín
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreconcellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castrelo_do_Val&oldid=6765497»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp