Ocastelo de Windsor é unha residencia real enWindsor, no condado inglés deBerkshire. Está fortemente asociado á familia real inglesa e á súa sucesorabritánica e encarna case mil anos dahistoria da arquitectura.
O castelo orixinal foi construído no século XI despois dainvasión normanda de Inglaterra porGuillerme o Conquistador. Dende a época deHenrique I, foi empregado polo monarca reinante e é o palacio europeo ocupado durante máis tempo continuado. Os luxosos apartamentos estatais do comezo do século XIX do castelo foron descritos polo historiador de arte de principios do século XXHugh Roberts como "unha magnífica e inigualable secuencia de cuartos considerada como a mellor e máis completa expresión do gusto xeorxiano posterior".[1] Dentro das murallas do castelo atópase a capela de San Xurxo do século XV, definida polo historiadorJohn Martin Robinson como "un dos logros supremos do deseño dogótico perpendicular inglés".[2]
Orixinalmente deseñado para protexer o dominio normando arredor das aforas deLondres e supervisar unha parte estratexicamente importante dorío Támese, foi construído como uncastelo de mota, con tres salas que arrodeaban un montículo central. Substituído gradualmente por fortificacións de pedra, o castelo resistiu un prolongado asedio durante aPrimeira Guerra dos Baróns a principios do século XIII.Henrique III construíu un luxoso palacio real dentro do castelo durante mediados do século, eEduardo III foi máis alá, reconstruíndo o palacio para facer un conxunto aínda máis grande de edificios no que se convertería "no proxecto de construción secular máis caro de toda a Idade Media en Inglaterra".[3] O deseño central de Eduardo durou durante operíodo Tudor, durante o calHenrique VIII eIsabel I fixeron un uso crecente do castelo como corte real e centro de entretemento diplomático.
O castelo de Windsor sobreviviu ao tumultuoso período daguerra civil inglesa, cando foi usado como sede militar polas forzas parlamentarias e prisión paraCarlos I. NaRestauración da monarquía en 1660,Carlos II reconstruíu gran parte do castelo de Windsor coa axuda do arquitectoHugh May, creando un conxunto de interioresbarrocos extravagantes. Despois dun período de abandono durante o século XVIII,Xurxo III eXurxo IV renovaron e reconstruíron o palacio de Carlos II cun gasto colosal, producindo o deseño actual dos apartamentos do estado, cheos de mobiliariorococó, gótico e barroco. A raíñaVitoria fixo algúns pequenos cambios no castelo, que se converteu no centro de entretemento real durante gran parte do seu reinado. O castelo de Windsor foi utilizado como refuxio pola familia real durante as campañas de bombardeo daLuftwaffe durante asegunda guerra mundial e sobreviviu a un incendio en 1992. É unha popular atracción turística, un lugar para acoller visitas estatais e o fogar preferido da fin de semana da raíñaIsabel II.
A: Torre Redonda B: Ala superior C: Apartamentos de Estado D: Apartamentos privados E: Ala sur F: Ala inferior G: Capela de San Xurxo H: Claustro da Ferradura K: Porta de Henrique VIII L: Paseo longo M: Porta normanda N: Terraza norte O: Torre de Eduardo III T: Torre de Recoller
O castelo de Windsor ocupa un terreo de cinco hectáreas[4] e combina os elementos dunha fortificación, un palacio e unha pequena cidade.[5] O castelo actual foi creado por unha sucesión de edificacións por fases que culminaron no traballo de reconstrución tralo incendio de 1992.[6] En esencia é un deseñoxeorxiano evitoriano baseado nunha estrutura medieval, con elementosgóticos reinventados en estilo moderno. Dende o século XIV, a arquitectura do castelo intentou producir unha reinterpretación contemporánea das antigas modas e tradicións, imitando repetidamente estilos anticuados ou pasados de moda.[7] Como resultado, o arquitectoWilliam Whitfield apuntou a arquitectura do castelo como cunha "cerat calidade ficticia", cos deseñospintorescos e góticos xerando "unha sensación de que se está a realizar unha representación teatral", a pesar dos esforzos do século XX de expoñer máis as estruturas máis antigas para incrementar a sensación de autenticidade.[8] A pesar das críticas, a arquitectura e a historia do castelo proporciónalle un "lugar entre os grandes palacios europeos".[9]