Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Casas de Oya

Coord.:42°14′N8°43′O / 42.24,-8.72
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casas de Oya
VigoEditar o valor en Wikidata
Casas de Oya, hoxe convertido en hotel
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Arquitecto/a
Datas e cronoloxía
 Fundación
1904Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 21558
Wikidata

Casas de Oya é un edificio de1904 obra do arquitecto galoMichel Pacewicz, que se atopa na avenida García Barbón (número 15, 17 e 19), no centro da cidade deVigo. Hoxe en día é oHotel NH Palacio de Vigo****.

Historia

[editar |editar a fonte]

A obra encargárallaXosé García Barbón ao arquitecto francés Michel Pacewicz, que daquela moraba en Vigo. Dimas Vallcorba asinou a obra no mes de febreiro de 1904 e Manuel Pérez Conde encargouse da obra.

Rehabilitárono en 1998 os arquitectos Alberto Iglesias Álvarez e María José Maldonado Tornero, respectando a arquitectura exterior e ampliando cun discreto andar adicional a xeito defaiado fechado, de forma que segue a salientar o coroamento e as bufardas do cume. Hoxe en día no edificio hai instalado un hotel, de catro estrelas, con 108 cuartos, oNH Palacio de Vigo.

Descrición e estilo

[editar |editar a fonte]

Feito totalmente encantaría degranito galego, o estilo do inmóbel de cinco andares éecléctico con andares pouco individualizados e pouco perceptíbeis e representa un cambio na arquitectura de Pacewicz na cidade até a data. A diferenza doutras casa podentes da época, este edificio posúe simpleza ornamental, limpeza e uniformidade no seu estilo. Ten corte francés e baseneobarroca de forte simetría. A fachada ten pouca ornamentación, agás o tratamento doscanzorros dos balcóns individualizados e miradoiros. O baixo é decantaría con almofadado nas pilastras que soportan osarcos de medio punto. Os miradoiros do segundo andar teñen enfeitesneoclásicos e pilastras conchapiteisxónicos que aturan unfriso a xeito de entaboamento. Abalconada corrida do primeiro e o último andar reforzan a horizontalidade do edificio. Salientan as catro grandes fiestras saíntes do segundo andar. O cumieiro da casa combina petrís e varandas de pedra de gra nas que se sitúan unhasbufardas rematadas en frontóns curvos e partidos enfeitados convolutas nos laterais inferiores.

A fachada principal e máis longa dá aGarcía Barbón, a lateral, cara a rúa da República Arxentina é pequena, semellante á principal, mais cunhagalería no primeiro andar de ferro cinsento, noutrora de madeira.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enVigo
Inmobles
Edificios civís
Edificios relixiosos
Hospitais
Arqueoloxía
Fortificacións
Monumentos e esculturas
Arte e cultura
Museos
Artes escénicas
Deporte e instalacións
Natureza
Transportes
Barrios urbanos e rúas urbanas
Eventos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casas_de_Oya&oldid=6987295»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp